CHANCHONADA
244º
Oportunidades
perdidas.
A
suma de números negativos é sempre outro número negativo; por
deci-lo de outro xeito: a
suma erros sempre é un erro maior, pero nunca un acerto.
En certo xeito boa parte da historia social da Guarda e do Baixo Miño
nos últimos 70 anos está chea de erros; cando as cousas apuntaban
nunha dirección determinada, por razóns descoñecidas tomaronse
decisións erroneas, as consecuencias deses erros foi a perda de
oportunidades, a consecuencia foi ir pasando de ser un lugar punteiro
na industrialización e comercio de Galicia,... a ir perdendo
posicións.
1ª
Oportunidade perdida.
Nos
primeiros anos do século XX; A Guarda tiña unha importante
industria centrada na transformación da madeira,
que logo exportaba a outros lugares da península Ibérica; esta
industria estaba radicada no porto do Pasaxe,... neses intres era un
dos principais portos de Galicia, o principal porto fluvial de
Galicia,... Coa chegada da Guerra Civil, esa oportunidade
desapareceu; desapareceu a industria, desapareceu a capacidade
portuaria,.... Hoxe poderíamos ser base dunha potente industria de
transformación forestal, ser un pequeno e activo porto industrial;
pero non hai nada diso.
2ª
Oportunidade perdida.
Durante
os anos 60, na Guarda comenza a crearse unha industria adicada a
fabricar material de construcción;...
foi un espellismo que vinte anos despois xa estaba prácticamente
finiquitado. Entre a falla de solo industrial, a falla de
preparacións dos xestores e adaptación a novas tecnoloxías,...
rematou por ser outra oportunidades pérdida. Hoxe queda a coñecida
popularmente como “As Cachadas” como unha sombra moribunda do que
foi,... ¿por canto tempo?
3ª
Oportunidade perdida.
Dende
o anos 60 ata fai uns 10 anos (ou sexa durante 50 anos), a frota
pesqueira guardesa tivo unha gran expansión, tanto no número de
barcos, tonelaxe dos mesmos, preparación do seu persoal, adaptacións
técnicas,... A nosa frota pesqueira
tivo momentos moi puxantes, como na época da pesquería da langosta,
a pesquería da merluza no caladoiro marroquí, e a época do peixe
espada, onde chegou a ser un gran
referente mundial,... 3 grandes momentos para crear unha industra
transformadora deses productos na nosa bisbarra miñota, xerar aquí
unha industria local auxiliar asociada a ese forte dinamismo da
frota pesqueira. Pero hoxe xa é outra oportunidade pérdida; dos
máis de 1.300 empregos que chegou a xenera-la pesca, hoxe apenas
fican un 1/5 dos mesmos.
3
grandes oportunidades que hoxe xa están pérdidas, sen remedio, son
tempos pasados que non van a voltar.
Hoxé temos a mellor xeración de guardeses, rosaleiros, oienses,
tomiñeses,... preparados, pero ó non ter unha industria baseada,
radicada e centrada aquí, son recursos humanos que veremos marchar,
pero dificilmente van a voltar. As veces semella que aquí sobran os
postos de traballo e temos que regalarllos a outros,... pero non é
así.
Durante
este máis de 100 anos, cando agromaban esas oportunidades fallou
unha visión estrátéxica sobre como aproveita-la situación.
Tivemos grandes empresas armadoras, que estaban máis preocupadas en
mercar mercedes, bmw,.. comprar chalets e apartamentos,... investiron
en aparentar; pero se houbesen investido en crear unha industria
local auxiliar á frota pesqueira, unha industria transformadora dos
seus productos,... Moi posiblemente hoxe as cousas serían dun xeito
diferente.
Por
experiencia profesional, sei que boa parte dos tiburóns que pescan
os nosos barcos, que descargan e mal venden en Vigo; son cargados en
camións frigoríficos que os levan a outros países da UE, para
transformalo en “palitos de cangrejo”, “surimi”, “delicias
de marisco”,... que logo atopamos en tódolos mercados. Ou sexa,
boa parte do fruto dos nosos mariñeiros é tranformado noutro sitio,
gran parte do valor engadido económico fica alí,... eles quedan cós
bos postos de traballo, e aquí quedamos cós postos de traballos
menos remunerados e os máis duros.
A
culpa é de todos, de todos como sociedade; dos nosos empresarios,
comerciantes e tamén dos nosos goberantes;
pois descoñecen o que é ter visión estratéxica, ou sexa visión
para investir no futuro a 30 ou 40 anos. Por desgracia, moitos dos
nosos gobernantes son incapaces de ollar máis aló dun período
electoral. Levamos moitos anos camiñando polo camiño do erro, xa
está máis que demostrado que imos mal; ¿porqué
tanto empeño en seguir no camiño do erro?, equivocarse é de
humáns, rectifica-los erros é de sabios,... conclusión: os
gobernantes miñotos ou son tontos ou o disimulan moi ben.
Señores
gobernantes da Guarda e Rosal; levan
vostedes dende 1.999 falando do Polígono Industrial A Guarda- Rosal.
En 15 anos non levan vostedes feito nada; ¿para
qué necesitamos a tanto inutil?, ¿non será isto outra oportunidade
perdida?; ou cambiamos, ou imos a ser unha vila de vellos.
Mirador do Monte Ancos, a
1 de Maio do 2.014.
Cecilia
Fontana Caldas del Rey.
Directora de la Embotelladora de Whisky sin alcohol “Watersky”,
perteneciente al grupo internacional de bebidas “El Garrafonazo”;
ciudad de Sweetwater (Illinois, USA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario