miércoles, 7 de mayo de 2014

Mentirosos e idiotas

CHANCHONADA 247º

Mentirosos e idiotas.


Non gostamos dos tontos; pero temos que soportalos; pero non gostamos nada dos mentirosos e idiotas, eses que como loros adicanse a repetir o que cita no telexornal o político de turno, sempre que sexa da súa querencia política. As veces din unha verdade, pero na maioría das veces din moitas mentiras, e dun xeito intencionado,... Nesta vida hai que ser crítico, analiza-las cousas, estudialas,... e logo quitar conclusións; pero antes de falar, pensar; pensar ben o que se vai dicir e finalmente falar.

Por desgracia, ainda hai individuos que este proceso intelectivo, nin o comprenden, nin o exercitan.

Hoxe imoslles expoñer os nosos lectores, datos que están referidos a Xaneiro do 2.014; os datos son os seguintes:
A) Poboación entre os 16 e 64 anos; está é a poboación activa, o grupo de poboación que está en idade laboral.
B) Poboación que está rexistrada como traballadora áctiva na Seguridade Social; son as persoas que legalmente están traballando, pagando cotizacións, impostos,... O porcentaxe destas persoas en relación có grupo de poboación activa, sinala a taxa de actividade real.
C) Número de persoas en situación de desemprego. A suma dos desempregados e dos que están activos legalmente (grupo B), ambos forman a taxa de actividade total. Son o número total de persoas que están dispostas para exercer unha actividade laboral.
D) Taxa de desemprego; e a relación porcentual entre o número de desempregados e o número total que forman os parados e os ocupados que están activos legalmente.
E) Non activos; son aquelas persoas que están en idade laboral, pero non traballan, nin son demandantes dun emprego; pode ser por varias causas: ser estudiante, estar incapacitado por minusvalia,... etc.
F) Salario medio; este dato o tomamos da Administración de Facenda, en función das declaracións de renda do Imposto do IRPF.

A Guarda:
Poboación áctiva: 7.022 persoas.
Activos na Seg. Scl: 3.020 persoas.
Taxa actividade real: 43%
Nº de desempregados: 1.081 persoas.
Taxa de actividade total: 58,4%
Taxa de desemprego: 26,36%
Non activos laboralmente: 2.921 persoas.
Salario medio anual: 12.858€

Oia:
Poboación áctiva: 2.013 persoas.
Activos na Seg. Scl: 943 persoas.
Taxa actividade real: 46%
Nº de desempregados: 368 persoas.
Taxa de actividade total: 65,13%
Taxa de desemprego: 28%
Non activos laboralmente: 702 persoas.
Salario medio anual: 11.833€

O Rosal:
Poboación áctiva: 4.272 persoas.
Activos na Seg. Scl: 1.953 persoas.
Taxa actividade real: 45%
Nº de desempregados: 784 persoas.
Taxa de actividade total: 64,6%
Taxa de desemprego: 28,64%
Non activos laboralmente: 1.535 persoas.
Salario medio anual: 11.745€

Tomiño:
Poboación áctiva: 9.112 persoas.
Activos na Seg. Scl: 4.148 persoas.
Taxa actividade real: 45%
Nº de desempregados: 1.846 persoas.
Taxa de actividade total: 65,78%
Taxa de desemprego: 30,8%
Non activos laboralmente: 3.118 persoas.
Salario medio anual: 11.495€

Tui:
Poboación áctiva: 11.029 persoas.
Activos na Seg. Scl: 5.225 persoas.
Taxa actividade real: 47%
Nº de desempregados: 2.323 persoas.
Taxa de actividade total: 68,4%
Taxa de desemprego: 30,77%
Non activos laboralmente: 3.481 persoas.
Salario medio anual: 13.167€

Estas son as nosas conclusións:
1º) Destacan a forte taxa de desemprego de Tui e Tomiño. Ambos rexistran o maior salario e tamén o menor; polo tanto non hai unha relación directa entre salario e emprego; polo tanto salarios máis baixos non significan máis empregos.
2º) Canto maior é a presencia de industria na zona, maior é o nivel dos salarios. Ollamos como Tomiño, cunha forte relevancia do sector agrario e gandeiro, o seu nivel salarial é o menor da comarca.
3º) Chama moito a nosa atención a baixa taxa de actividade da Guarda, tanto a real como a total. Neste dato é onde nos decimos que na Guarda xa se nota a ausencia de veciños polo efecto da emigración, pois xa non están presentes como persoas rexistradas no paro, nin evidentemente están traballando aquí,... Isto pode acarrear malas consecuencias no futuro; pero xa falaremos disto.


Mirador do Monte Ancos, a 7 de Maio do 2.014.
Aquiles Cuatro Verdades. Profesor de Derecho Fiscal Internacional en la Universidad de Joder (Condado de Sioux, Nebraska; USA).








No hay comentarios:

Publicar un comentario