miércoles, 14 de mayo de 2014

Contando cós dedos

CHANCHONADA 251º

Contando cós dedos.



Hoxe, o Sr. José Ricardo Pravio Calvo, como secretario da Asociación San Xerome Emilini, convocanos como socio que somos para a Asamblea anual ordinaria que vai ter lugar o vindeiro sábado 31 de Maio, as 17 horas.

Imos a desglosar algúns apartados das contas que adxuntan nunha folla informativa:

Total gastos: 1.386.754,68€
Total ingresos: 1.349.691,74€
Resultado do exercicio 2.013 = -37.062,94€

Total de ingresos: 1.349.691,74€
Ingresos por cuotas de usuarios: 715.772,38€ (53% do total)
Ingresos por subvencións, donacións,..: 566.733,73€ (42% do total)

Cuotas dos socios e afiliados: 21.205,62€ (1,57%)

Como vemos, a economía do centro educativo depende moito das cuotas dos usuarios, e das subvencións da Administración; pois ambos conceptos xeran o 95% dos ingresos. Vale que os socios xa facemos un gran esforzo por manternos en activo, paga-la cuota anual,... pero sabemos que a nosa aportación é escasa; pero cós tempos que corren, moitos facemos sacrificios para mantela.

No apartado dos ingresos, ou faltan datos, ou están camuflados; imos a expoñe-la nosa dúbida. A empresa de xardineria do centro presta os seus servicios profesionais ós concellos da Guarda e do Rosal,... ¿os ingresos que xenerán van todos para a empresa, e nada para o colexio?, pois algúns dos gastos administrativos da empresa, si que están soportados polo colexio. De tódolos xeitos, non estaría de máis incluir tamén unha memoria económica da xestión desta empresa; pois nos últimos meses o persoal está moi descontento, ¿qué acontece?.

Total gastos: 1.386.754,68€
Gasto de persoal: 1.026.855,86€ (74% do total)
Traballos realizados por outras empresas: 148.790,19€ (10,7% do total)
Intereses de débedas: 5.515,13€
Outros servicios (asesorías e similares): 30.265,31€ (2,18% do total)

Ollamos o excesivo valor do gasto de persoal; este é un gasto moi ríxido, que é dificil de aminorar e sempre ten unha tendencia a medrar. Normalmente nas empresas, e incluso na administración pública é un gasto que está por debaixo do 40%. Dado que este centro educativo é moi especial, pois poderíamos aceptar unha relevancia do gasto de persoal; pero na nosa opinión é moi excesiva. Nos datos que aportan, nos pensamos que tamén sería importante ter un cadro de persoal e as retribucións de cada persoa que cobra una nomina deste centro educativo.

Dado que durante o ano 2.013, o centro educativo estivo implicado en diferentes procesos xurídicos, non ollamos os custes de avogados, custes dos procesos xudiciais, custes das indemnizacións,...

Está moi ben saber que cantidade monetaria adicamos anualmente a pagar intereses bancarios; pero faltan dous datos moi importantes: deudas bancarias a curto prazo e as deudas bancarias a longo prazo. Ou sexa por decilo de outro modo, coñecer cal é a deuda bancaria do San Xerome Emiliani, e como é a estructura desa débeda. Tamén faltan datos, saber se hai débedas coa Seguridade Social, Facenda,... débedas con persoas físicas (ex-traballadores),... non ollamos nada diso contabilizado.

Finalmente falta un informe explicativo das contas, da situación de tesourería (como están os saldos das contas bancarias), que repercusión económica van traer os despidos, como vai ser o plan de pago dos dereitos económicos recoñecidos xudicialmente,... Lembran vostedes aquelas campañas de Nadal e da Festa do Monte que organizaban o colectivo de mariñeiros, pois a recadación supoñia unha cantidade similar ás perdas rexistradas no ano pasado; ¿porqué deixaron de facerse esas campañas?

Gracias polo intento de transparencia, pero hai moitos puntos escuros, dos que teremos que falar o vindeiro 31 de Maio. Pero por momentos paracen un conto de contas, só faltaba a sinatura mancomunado de Alí Babá e compañía.



Mirador do Monte Ancos, a 14 de Maio do 2.014.
Aparicio Reina del Vicio. Directora de los Servicios Sociales del Ayuntamiento de Las Virtudes (Ciudad Real, Castilla – La Mancha; España)


1 comentario:

  1. Sun seguidor do mirador dos ancos , e tamen socio dende fai anos do Centro San Xerome Emiliani. Extrañoume este ano recibir a convocatoria para a asamblea anual de socios,(xa que non recordo os anos que van que non me convocan) e me gustou o cambio que se fixo xa que a ultima que recibin poña soamente o orden do dia , e nesta ven muita mais información , sobre proxectos , as contas do ano explicadas…etc pero o que mais me extrañou foi que , según creo recordar , un dos puntos do orden do dia era a renovación da xunta directiva ,e nesta ocasión non se contempla.
    Coma decia unha amiga dos tempos mozos;¿Por qué seraaaa?
    Non sei se a dia de hoxe os membros da xunta directiva son todos pais , pero si eu fora un deles me daria vergoña o que esta ocurrindo e deixaria que outros intentaran mellorar a imaxen do NOSO CENTRO SAN XEROME : ,polos atendidos, polos pais , polos familiares,polos traballadores,e sobre todo por aqueles pais e persoas que nos primeiros tempos loitaron por atopar un lugar onde educar e atender os seus fillos


    ResponderEliminar