domingo, 18 de mayo de 2014

Paro Abril 2.014

CHANCHONADA 252º

Paro Abril 2.014.



No pasado mes de Abril, o paro baixou na comarca do Baixo Miño en 177 persoas; tódolos concellos rexistran descensos, pero con matices; a zona costeira segue a ser máis dinámica na creación de emprego, no lado oposto está Tui, que vai con moito retraso na creación de emprego.


A Guarda en Abril de 2.014 = 980 parados (Homes 488 e Mulleres 492)
Menores de 25 = 63 (Homes 29 e Mulleres 34)
Entre 25 e 44 = 495 (Homes 236 e Mulleres 259) (50,51% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 422 (Homes 223 e Mulleres 199)

Agricultura = 144
Industria = 126
Construcción = 109
Servicios = 542 (55,3% do total de desempregados)
Sin emprego = 59

Na Guarda o paro baixa en 34 persoas, hai creación de emprego en ambos sexos e tódolos grupos de idades, a maioria dos novos empregos son na poboación feminina; só atopamos que non hai trocos nos homes maiores de 44 anos. Agricultura i pesca hai 5 novos parados, na industria hai 3 novos parados; a construcción xenera 5 empregos, no grupo sen emprego anterior hai 4 novos empregos e o sector servicios xenera 33 empregos. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun 3,35%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un 8,15%, baixa en 87 parados.


O Rosal en Abril de 2.014 = 749 parados (Homes 371 e Mulleres 378)
Menores de 25 = 56 (Homes 32 e Mulleres 24)
Entre 25 e 44 = 355 (Homes 182 e Mulleres 173) (47,39% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 338 (Homes 157 e Mulleres 181)

Agricultura = 103
Industria = 124
Construcción = 130
Servicios = 349 (46,59% do total de desempregados)
Sin emprego = 43

No Rosal o paro baixa en 20 persoas, tódolos empregos son na poboación feminina. A agricultura e pesca xenera 1 emprego, a industria xenera 1 novo parado, a construcción xenera 1 parado, no grupo de sen emprego anterior xenera 1 emprego e o sector servicios xenera 20 empregos. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -2,6%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -8,32%, con -68 parados.


Oia en Abril de 2.014 = 332 parados (Homes 176 e Mulleres 156)
Menores de 25 = 25 (Homes 14 e Mulleres 11)
Entre 25 e 44 = 179 (Homes 90 e Mulleres 89) (53,91% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 128 (Homes 72 e Mulleres 56)

Agricultura = 39
Industria = 35
Construcción = 59
Servicios = 168 (50,6% do total de desempregados)
Sin emprego = 31

En Oia o paro baixa en 25 persoas, baixa o paro na poboación masculina e feminina, ningun sector poboacional rexistra incremento do paro. Agricultura e pesca xenera 10 empregos, sen trocos na industria , os servicios xenerán 14 novos empregos, no grupo de sen ocupación anterior hai 4 novos empregos e a construcción ten 3 novos parados. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -7%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -15,73%, con -62 parados. Hai que recoñecer que Oia é onde está a ser maís intensa a creación de emprego; ¿ou comenza a existir efectos emigratorios?.


Tomiño en Abril de 2.014 = 1.755 parados (Homes 860 e Mulleres 895)
Menores de 25 = 133 (Homes 63 e Mulleres 70)
Entre 25 e 44 = 833 (Homes 400 e Mulleres 433) (47,46% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 789 (Homes 397 e Mulleres 392)

Agricultura = 212
Industria = 263
Construcción = 298
Servicios = 844 (48,09% do total de desempregados)
Sin emprego = 138

En Tomiño o paro baixa en 64 persoas, baixa o paro en tódolos sectores da poboación. A agricultura xenera 1 novo parado, na industria hai 8 novos empregos, a construcción xenera 8 empregos, o sector servicios xenera 51 novos empregos, 2 novos parados no grupo de sen ocupación anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -3,51%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -150 parados, un -7,87%.

Tui en Abril de 2.014 = 2. 262 parados (Homes 991 e Mulleres 1.271)
Menores de 25 = 169 (Homes 96 e Mulleres 73)
Entre 25 e 44 = 1.177 (Homes 479 e Mulleres 698) (52,03% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 916 (Homes 416 e Mulleres 500)

Agricultura = 101
Industria = 377
Construcción = 302
Servicios = 1.217 (53,8% do total de desempregados)
Sin emprego = 265

En Tui o paro baixa en 34 persoas. A agricultura xenera 1 emprego, a industria xenera 2 empregos, non hai trocos na construcción, hai 24 empregos nos servicios; o grupo de sen emprego anterior ten 7 novos empregados. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -1,48%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en 113 parados, un -4,75%. Hai prestar atención á poboación feminina, a situación de desemprego é demasíado alta, especialmente na poboación de 25 a 44 anos.


1º) A creación de emprego concentrase na zona costeira da comarca; a zona interior vai a un ritmo máis lento, especialmente no caso de Tui.
2º) O problema do paro feminino é moi grave en Tomiño i sobre todo en Tui.
3º) A maioría dos empregos creados son no sector servicios, evidentemente polo efecto vacacional da Semana Santa; así na Guarda o sector servicios creou o o 97% do novo emprego, no Rosal o 100%,... pois ambos son as zonas máis turísticas e vacacionais. Nos meses vindeiros veremos creación de emprego ata Setembro, pois a inmensa maioría destes empregos son estacionais.


Mirador do Monte Ancos, a 18 de Maio do 2.014.

Vicente Nario Nuevo. Profesor de Estadística, de la Universidad de Villarrubia de los Ojos (Ciudad Real, Castilla-La Mancha; España)








No hay comentarios:

Publicar un comentario