Eficiencia
Laboral Xaneiro 2.014.
En Agosto do 2.013
facíamos o cálculo da productividade dos concelleiros e grupos
políticos do Concello da Guarda; hoxe imos a facer unha
actualización dos datos en referencia ó Pleno do 31 de Xaneiro do
2.014. Para que lembremos, usamos os seguintes ratios e ecuacións
matemáticas:
Rendimiento productivo do grupo
municipal = [ x (M)
+ y (N) + w
(P) ] – Z
Eficacia temporal do grupo
municipal = { [ x (M)
+ y (N) + w
(P) ] – Z } / nº de meses
Ratio de eficiencia por edil = {
Eficacia temporal do grupo } / nº de concelleiros.
(mide o traballo que aporta cada edil ó
grupo, ó longo de todo o período temporal)
Nós traballamos coa siguiente
puntuación:
M
= mocións que versan sobre A Guarda; valor +10 puntos.
N
= mocións que non versan sobre A Guarda; valor +1 punto.
P =
mocións que son aprobadas; valor +2 puntos.
Z =
ausencia do Pleno de un edil, total valor de -1 punto
Ata Xaneiro do
2.014: 9 mocións
PSOE (8
concelleiros) : 1
moción da Guarda e 8
mocións fóraneas. (11,1%
do traballo é sobre A Guarda)
Ata Xaneiro do
2.014: 8 mocións; (sen variacións respecto ó mes anterior)
PP
(6 concelleiros) : 8
mocións da Guarda . (100%
do traballo é sobre A Guarda)
Ata
Xaneiro do 2.014: 58 mocións
BNG
(2 concelleiros) : 9
mocións da Guarda e 49
mocións fóraneas. (15,5%
do traballo é sobre A Guarda)
Ata Xaneiro do
2.014: 56 mocións
CG (1
concelleira) : 43
mocións
da Guarda e 13
mocións fóraneas. (76,78% do
traballo é sobre A Guarda)
Rendimento
productivo do grupo =
PSOE = 38 ptos.
PP = 89 ptos. BNG = 225 ptos. CG = 492 pts.
Eficacia
temporal do grupo (32 meses, ata Xaneiro 2.014)
=
PSOE = 1,18 ptos.
PP = 2,78 ptos. BNG = 7,03 ptos. CG = 15,37 pts.
Ratio
de eficencia por edil =
PSOE = 0,147 ptos.
PP = 0,46 ptos. BNG = 3,515 ptos. CG = 15,37 pts.
Relación de mocións
do Pleno Ordinario do 31 de Xaneiro do 2.014:
RE
6.695 Protocolos
ós nenos con deficits de atención (Converxencia Galega; aprobada).
RE
6.696 Autobuses
de plataforma baixa para minusválidos (Converxencia Galega; non
prospera).
RE
144 Carencias
da Rotonda Pintán – A Gándara (Converxencia; aprobada).
RE
147 80º
Aniversario da Praia de Area Grande (Converxencia Galega; non
prospera).
RE
272 Moción
de ACIGU, protección comercial da rosca de xema (Converxencia
Galega; non prospera).
RE
300 Protección
ó cruceiro da Cal (Converxencia Galega; non prospera).
RE
331 Opoñerse
ó anteproxecto de nova Lei sobre o aborto (PSOE; aprobada).
RE
354 Contra
a suba da tributación dos autonomos e pequenas empresas (BNG;
aprobada).
RE
355 Declarar
A Guarda, zona libre de circos con animais (BNG; non aprobada).
RE
356 Demandar
titularidade pública o patrimonio artístico das caixas de aforro
(BNG; aprobada).
Urxencia
Apoio ós
xubilados que cobran pensións do extranxeiro (BNG; aprobada).
Urxencia
Declara-lo
día 28 de Febreiro, “Día de Rosalía de Castro” (BNG; non
prospera).
Vemos como: o
PP local segue instalado na súa posición ou postura de non traer
iniciativas, prospostas,... a pesar
de ser o grupo maioritario da oposición é que ofrece menos traballo
realizado,.... A nós isto non nos extraña, despois de todo no seu
programa electoral non había nada de nada.
Temos que destacar tres
cousas:
1º) Moción 144 de
Converxencia Galega sobre as carencias que ten a rotonda de Pitán –
A Gándara, no víal novo entre Tui e A Guarda; contou có apoio do
PP e BNG; ata aquí todo o normal; o que sorprende é que agora
certos elementos do PSOE, que controlan a asociación veciñal “O
Percamino” (radicada na Gándara), sumanse ó carro destas
reclamacións; postura que é lóxica, pero deberían recordarlles ós
veciños que o PSOE votou en contra da mesma. ¿A
qué xoga o PSOE da Guarda, pois dí unha cousa en público, pero
logo no Concello fai o contrario?.
2º) Moción, nº
272 de ACIGU, para a protección comercial da Rosca de xema; dende
logo éste é un producto típico moi asociado A Guarda. Non
entendemos porque non se apoia esta iniciativa, dende logo non van
vir os concellos veciños a promocionar os nosos prodcutos, o noso
comercio, a nosa industria,... Iso si, o
Sr. José Manuel Domínguez Freitas, Alcalde da Guarda, si que esta
disposto a prestar apoio e promocións ós reposteiros e pasteleiros
de Caminha. ¿Esqueceu
que é o Alcalde da Guarda; ou ten pensado ser Alcalde de Caminha?
Mirador do Monte Ancos, a
13 de Maio do 2.014.
Amador
Felicidade Eterna.
Director de Comunicación de la revista de eventos sociales y
religiosos, “La Santa Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa;
Portugal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario