sábado, 24 de mayo de 2014

Herdeiros de Sísifo

CHANCHONADA 255º

Herdeiros de Sísifo.


A antiga mitoloxía grega relata o mito de Sísifo (fundador i Rei do antigo Corinto), que foi castigado polos deuses; o seu castigo era subir unha gran pedra de forma esférica pola ladeira dunha montaña, ata acada-la cima da mesma; só que ó chegar á cima, a pedra comenzaba a rodar ladeira abaixo ata chegar ó val. Có cal o cástigo divino voltaba a re-iniciarse, e así comenzaba un bucle temporal infinito.

Pois algo así semella que vivimos os cidadáns de a pé de España; cada vez máis impostos, máis subas nos mesmos, servicios máis caros, maiores subidas dos mesmos,... e con salarios minguantes. Semella que somos os herdeiros de Sísifo, cargamos unha gran pedra, que son os impostos, pola empinada ladeira dos servicios máis caros (gas, gasolina, electricidade,... ). Pero como toda esta realidade é allea ó que viven a diarios os nosos gobernantes, eles non entenden as nosas queixas; claro é normal que non perceban isto dende o confortable interior dos seus coches oficiais.

En 2.004 ten lugar a privatización de Endesa; dende entón o precio da electricidade ten subido un 80%; no ano 2.011 o precio da electricidade en España era un 31% máis cara que a media de Europa. Así, non resulta extraño que o Sr. José María Aznar cobre 200.000€/ano por ser asesor de Endesa; non sexades mal pensados, isto é mera coincidencia.

Hoxe, imos a expoñer como leva evolucionado o precio da nosa querida “bombona de Butano”, esa fermosa bombona de cor laranxa de 12,5Kgr, tan usada en moitos fogares:

1 Xullo do 2.009 .... 10,48€
1 Outubro do 2.009 .... 10,69€
1 Xaneiro do 2.010 .... 11,06€
1 Abril do 2.010 .... 11,68€
1 Xullo do 2.010 .... 12,45€
1 Outubro do 2.010 .... 12,79€
1 Xaneiro do 2.011 .... 13,20€
1 Abril do 2.011 .... 14,00€
1 Xullo do 2.011 .... 14,80€
1 Outubro do 2.011 .... 15,09€
1 Xaneiro do 2.012 .... 15,09€
1 Abril do 2.012 .... 15,53€
1 Xullo do 2.012 .... 16,55€
1 Outubro do 2.012 .... 16,10€
1 Xaneiro do 2.013 .... 16,33€
1 Marzo do 2.013 .... 17,13€
1 Maio do 2.013 .... 17,50€
1 Xaneiro do 2.014 .. 17,50€

Dende o 1 de Xullo do ano 2.009 ata hoxe, o precio da bombona de butano leva crecido un 66,98%; todo isto en plena crisis, con salarios minguantes, con moitos millóns de persoas que só viven dunha escasa prestación ou axuda social. Debemos de lembrar, que esta forma de combustible, ou elemento enerxético é maioritario nos fogares de +20 anos, en zonas rurais ou urbanas con poboacións menores de 30.000 habitantes.

No cadro anterior, só hai un momento de estabilidade do precio, e logo outro dunha cativa baixada, para facer logo unha forte subida. Pero estamos chegando a intres, onde para certas familias, acceder a comprar unha bombona de butano xa é un gasto que consume os escasos ou nulos ingresos; e sen ese elemento non hai forma de cociñar ou quentarse.

O outro día certo Alcalde do Baixo Miño, nunha reunión informal con veciños, recoñecía que habería de ir pensando en artellar medidas administrativas, pois xa hai familias que non poden pagar un recibo do suministro da agua, da recollida do lixo, que apenas poden pagar un recibo de electricidade,... e tamén que non poden mercar unha bombona de butano. Este Alcalde ten toda a razón, pero por desgracia moitos compañeiros seus (alcaldes) están máis preocupados en montar festas, festexos, comidas, comilonas e tontadas similares para sair na foto da prensa.

E Sísifo ollou para españois, gregos e portugueses e dixose así mesmo: ¡¡Que grande entereza para aturar tanto castigo!!


Mirador do Monte Ancos, a 24 de Maio do 2.014.

Inacio Antonio da Santísima Trinidade do Amaral. Director de Logistica da empresa de transporte Freitas&Paulino Lmtda; Sede Central na cidade de Vila Matilde (Estado de Sao Paulo; Brasil)



No hay comentarios:

Publicar un comentario