lunes, 26 de mayo de 2014

Alarmas vermellas

CHANCHONADA 256º

Alarmas vermellas.


Hoxe, imos a expoñe-los datos dos resultados das eleccións ó Parlamento Europeo do 2.014; referidas ós nosos concellos, facendo pequenas comparacións cós resultados que obtiveron no ano 2.009, e algúns cálculos númericos simples, pero necesarios.

A Guarda:    2.009        2.014        Direncial Porcent
PP ...........      2.261        1.340       -921 votos -40,73%
PSOE ......      1.316          681       -635 votos -48,25%
BNG .......         428           487        +59 votos +13,78%
Abstención: 50,02%      56,07%
Alternativos:
Podemos .......... 364 votos
AGE ................. 237 votos
UpyD .............. 141 votos
Total de alternativos: 742 votos.


Oia:           2.009        2.014        Direncial Porcent
PP ........... 788          434          -354 votos -44,92%
PSOE ...... 422         217          -205 votos -48,58%
BNG ....... 92             96           +4 votos +4,3%
Abstención: 49,57%    56,39%
Alternativos:
Podemos .......... 87 votos
AGE ................. 72 votos
UpyD .............. 32 votos
Total de alternativos: 191 votos.


O Rosal:        2.009       2.014       Direncial Porcent
PP ...........      1.495        869       -626 votos -41,87%
PSOE ......        956         528        -428 votos -44,77%
BNG .......        212          311      +99 votos +46,7%
Abstención: 48,21%    54,15%
Alternativos:
Podemos .......... 194 votos
AGE ................. 196 votos
UpyD .............. 60 votos
Total de alternativos: 450 votos.


Tomiño:      2.009        2.014       Direncial Porcent
PP ........... 2.899        1.635       -1.264 votos -43,6%
PSOE ...... 1.507        934         -573 votos -38,02%
BNG ....... 612           752           +140 votos +22,87%
Abstención: 50,89%    56,92%
Alternativos:
Podemos .......... 303 votos
AGE ................. 385 votos
UpyD .............. 117 votos
Total de alternativos: 805 votos.


Tui:          2.009       2.014       Direncial    Porcent
PP ........... 4.428     2.372         -2.056 votos -46,4%
PSOE ...... 1.880       874           -1.006 votos -53,51%
BNG ....... 645         463          -182 votos -28,2%
Abstención: 46,56%    53,45%
Alternativos:
Podemos .......... 545 votos
AGE ................. 477 votos
UpyD .............. 203 votos
Total de alternativos: 1.225 votos.

Imos a ter que facer moitas contas e reflexións sobre estes datos; pois hai moito xugo que quitarlles; pero certas conclusións están claras e son moi visibles ante estes números:

1º) PP e PSOE son os grandes perdedores; o PP perde númericamente moitos votantes (-5.221 votos no Baixo Miño), pero o PSOE presenta os porcentaxes máis altos de perda de votos, especialmente na Guarda, Oia e Tui.

2º) O BNG esperaba recepciona-lo voto descontento, especialmente polo traballo da “Plataforma das Preferentes”; pois có que se perde en Tui, e o que se gaña no resto,... o saldo final son 120 votos; dende logo é un rendimento electoral moi escaso.

3º) O voto descontento foi a parar a opcións alternativas, algunhas novas, outras sen implantación na comarca e outras están recien asentadas. Todas elas en conxunto superan o voto do BNG, nalguns lugares o dobran ou triplican. Estes 3.413 votantes fixeron que o tradicional esquema de votación fose roto, abrindose a novas opcións máis ala das típicas dos tri-partidismo galego.

4º) Nas direccións locais do PP e PSOE no Baixo Miño están prendidas tódalas luces das alarmas; pero o manual de instruccións non recolle solucións a este problema. ¿Qué facer?

Ainda imos ter que pensar, peneirar datos, facer cálculos,... pero as cousas non pintan nada ben para algúns, para outros xa se verá,... ¿Quén sabe?, así entendemos a cara de “zombie matutino” que tiña hoxe a representante do PP na Entidade Local Menor de Camposancos,... estaba asustada polo acontecido electoralmente onte.


Mirador do Monte Ancos, a 26 de Maio do 2.014.
Oscar Roñero Buitre. Director y maestro cervecero (Vergas; Otter Tail; Minnesota; USA)



No hay comentarios:

Publicar un comentario