CHANCHONADA 172º
Populismo farmacolóxico.
Antes de entrar dentro do tema en cuestión, é o
nosos deber ter que resalta-la mala educación de certos empregados públicos do
concello da Guarda; na súa xornada de traballo deben ser profesionais e actuar
con educación, e esas gracias chaboleiras propias de clientes de taberna sobre
algún concelleiro da oposición están de máis.
O Sr.
Xan Lois Lomba, porlle o apelativo de XL e facer chistes sobre iso é de mal
gosto; é un atentado directo contra a honorabilidade dun representante electo
dos veciños da Guarda; as faltas de respeto a esta persoa, tamén son unha
falta de respeto ós votantes que representa. ¿Qué podemos esperar de este tipo
de persoal público que non ten respeto polos nosos representantes electos?;
tamén da noxo ver como outros compañeiros de Corporación rien estas bromas de
mal gosto; ambos dan un mal exemplo ós veciños que acudimos a facer xestións
administrativas á Casa do Concello. ¿Esqueceron que son servidores públicos?
O Sr. Xan Lois Lomba non é un concelleiro có que
compartamos ideas, nin praxis; dende logo temos moitas discrepancias con él;
pero ante todo con respeto i educación. Debemos de lembrarlles a este
empregados públicos que son faltas graves a sancionar:
A)
Falla de consideración cós administrados (mala educación).
B)
A graves desconsideración cós superiores, compañeiros e subordinados.
A nivel xerárquico, o Sr. Xan Lois Lomba é un
superior destes empregados, pero tamén é un cidadán que se merece un respeto.
Nestes días en moitos concellos galegos tense
discutido sobre o “copago dos fármacos
hospitalarios”. Estes son fármacos especiáis, que non se
suministran nas fármacias pois están baixo un control especial das Autoridades
Sanitarias. Están dirixidos a doentes con enfermidades graves crónicas,
transplantados, doenzas do corazón, insuficiencia renal,... Polo tanto a
inmensa maioría dos doentes son persoas xubiladas ou en situación de minusvalía
permanente; son persoas que viven dunha pensión pública, e por desgracia
sabemos que en Galicia estas son das máis pequenas de España.
O Goberno Central por iniciativa da Sra. Ana Matón
propón cobrar 4,20€ máximo ó mes pola dispensación de estes medicamentos. Todo
isto en contra dos verdadeiros perxúdicados, ós cales a Sra. Ana Mato non quere
escoitar, como son a “Federación Nacional de Enfermos y Transplantados
Hepáticos”, “Federación española de Padres de niños con cáncer”.
Entre os fármacos temos: Afinitor e Tyverb (cancro de mama), Votrient (cancro de ril),
Temodal (cancro cerebral),.... por desgracia o doente necesita dos
mesmos, no pode acudir a outro tratamento, polo tanto estase a por en risco as
vidas destas persoas. O copago de medicamentos ten dous fíns: recaudar máis
diñeiro e acadar un efecto disuasorio no seu consumo,... pero nestas situacións
non se vai acadar isto, o que se pode acadar é un aumento da mortalidade destes
doentes.
Nas diferentes propostas políticas que había nos
nosos concellos, hai as que piden retirar esta medida, e outras máis osadas que
piden que os concellos axuden a estes veciños. Dende logo, doentes crónicos por
sorte son poucos, na Guarda non haberá nin 100, o custe mensual e anual e ben
cativo, con 4.000 ou 5.000€ ó ano estaría o problema resolto. Ademáis como
publica no último boletín municipal o Sr. Freitas, as contas do concello van
ben,... polo tanto é unha medida asumible; só teríamos que priorizar certos
gastos e dispendios en comidas, viños, cenas,... que neste ano 2.013 leva feito
o Concello da Guarda.
Comida para 4 persoas no concerto do Centro
Cultural.........121€
Viño español, inauguración exposición Xoan
Piñeiro........ 1.210€
Coffe-break, Seminario o Miño que nos
une..........................341€
Pinchos do
Santisimo..............................................................300€
Pinchos 70
persoas..................................................................340€
Almorzo 56 persoas campeonato fútbol
feminino.............. 1.016€
Total = 3.328€
Carece de todo sentido da equidade, da lóxica, da
ética, da moralidade,... falar deste tema, obrigar a estes doentes crónicos a
pagar parte da súa medicación; mentras moitos dos que toman estas decisións
seguen malgastano diñeiro en pequenos luxos en beneficio propio. Hai que ser coherentes e ter moi nitidas cales deben ser
as prioridades; por desgracia ainda temos políticos que as súas prioridades
seguen sendo o bó comer é o mellor beber, a conta do erario público.
¡¡Señores políticos coa saúde non se xoga!!
Mirador do Monte Ancos, a 02 de Decembro do 2.013.
Aparicio Reina del
Vicio. Directora de los Servicios Sociales del
Ayuntamiento de Las Virtudes (Ciudad Real, Castilla – La Mancha; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario