CHANCHONADA 183º
Contando polos dedos.
En febreiro do 2.012 tiña lugar o debate dos
orzamentos do Concello da Guarda; o Sr. Xan Lois Lomba chegaba ó pleno con todo
o armamento e munición para disparar contra a súa compañeira de Converxencia
Galega, porque presupoñía que xa tiña asinado un convenio de apoio ó goberno do
PSOE, do cal os orzamentos eran o primer paso. Querido Sr. Xan Lois Lomba,...
se houberás prestado atención ós zumbidos dos “mosquitos”,... xa estes sabían
que de acordos, ou convenios,... “tararí que te ví”, ou sexa nada de nada.
Nese Pleno houbo dúas sorpresas,... a primeira que
despois de varios contactos non había acordo entre o PSOE e a concelleira que
lles apoiou nos seus salarios,... a outra
sopresa foi a ausencia de dúas concelleiras do PP, unha delas a líderesa (Sra.
Fátima Iglesias); con estas ausencias facilitouse o camiño a aprobación
do orzamento,... Sospeitosamente
estas ausencias de membros do PP levan reiterandose nestes 20 meses; uns
dín que son casualidades; i outros que non somos dados a contos de nenos,
pensamos que esas ausencias son por causalidades,... i esas causas que dan
orixen ás causalidades teñen lugar entre os cortinaméns do poder, neses escuros
lugares onde non chegan as olladas do público, e se fan acordos onde non ahi
nin luz, nin taquigrafos.
Aquel orzamento do 2.012, foi prorrogado no 2.013,
e seguramente será prorrogado no 2.014,... pois dende o goberno do PSOE hai
unha incapacidades para presentar un orzamento que poida ser apoiado pola
oposición.
Vamos a estudiar, como ficou no seu resultado
final este orzamento do 2.012; non imos a facer grandes contas, nin estudios de
partidas contables,... imos a facer tres contas moi simples que todos imos a
entender. Imos facer unha comparación entre certas cantidades do orzamento e
como quedarón na liquidación final do mesmo. Ou sexa ver se o presupostado é o
mesmo que o gastado, o invertido, o recaudado,... polo tanto, imos ver se a idea orixinal, cadra coa realidade.
1º)
Ingresos do Concello da Guarda no 2.012.
Previsión de ingresos do orzamento do 2.012 = 7.096.682,05€
Recaudación municipal real do 2.012 =
6.135.637,51€
Diferencial =
-961.044,54€
O
diferencial de -961.044,54€ demostra que a previsión de ingresos era
excesivamente optimista, en termos políticos a isto chámanlle inflar
ingresos,... Esta desviación de un -13,54% de ingresos menos, para nós é
complicado de entender, pois o grupo que presentou este orzamento xa leva +6
anos gobernando, polo tanto deberían ser ben coñecedores de como vai a
recaudación de impostos, o nivel de ingresos do Concello,... ¡¡non poden alegar
ignorancia neste tema!!. Se non hai
ignorancia, entón o que hai é unha intención de maquilla-los ingresos á alza.
2º) Deuda
total Concello da Guarda no 2.012.
Deuda total Concello da Guarda no 2.011= 1.276.827,09€
Deuda total Concello da Guarda no 2.012= 1.831.010,68€
Diferencial =
+554.183,59€
Se facemos unha previsión de ingresos que non é
real, que está manipulada á alza, non hai control sobre os gastos,... só hai un
resultado matemático posible: aumento da deuda municipal. A deuda total
municipal medrou en +554.183,59€, a xestión do goberno municipal do PSOE
fixo medra-la deuda municipal durante o ano 2.012 nun +43%. Que a deuda medre, dende logo non é unha sinal de boa
xestión municipal, máis ben de todo o contrario.
Debemos de facerlle saber ós nosos amigos
lectores, que a deuda de hoxe serán
impostos no futuro.
3º)
Tesourería municipal Concello da Guarda no 2.012.
Tesourería municipal Concello da Guarda no
2.011= 1.343.290,38€
Tesourería municipal Concello da Guarda no
2.012= 1.018.195,31€
Diferencial =
-325.095,07€
A tesourería municipal son os saldos bancarios das
diferentes contas que o Concello ten nas entidades bancarias, caixas,... sendo
os saldos a 31 de Decembro do ano en cuestión. Polo tanto vemos que o saldo das contas bancarias disminuíu en 325.095,07€;
ou sexa o saldo das contas durante o ano 2.012 aminorouse nun 24%; dende logo
isto é unha caida moi forte.
Polo tanto vemos que durante o ano 2.012 as contas
do Concello da Guarda empiraron moito, isto son un exemplo de mala xestión
económica; pero como o rozamento estaba prorrogado durante este 2.013,
posiblemente sexa prórrogado no 2.014,... Moito
tememos, que a Corporación que entre en Xuño do 2.015 teña que afronta-las
consecuencias dunha administración nefasta. Isto son matemáticas, i por
desgracia os resultados que temos non sinalan nada bó.
Mirador do Monte Ancos, a 27 de Decembro do 2.013.
Johannes Freitag
Feierabend (“Juan Viernes Tiempo libre”).
Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla
(Baja Austria; Austria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario