miércoles, 25 de diciembre de 2013

Lombardía



CHANCHONADA  182º

Lombardía.





¿Qué é iso?; ¿un páxaro, un avión?,... ¡¡O tellado do galpón!! Nestes días estamos sofrindo os efectos dunha forte galerna (agora chámanlle cicloxénese explosiva), manda carallo có fermosa que é a palabra galerna. Nestes días case que todos estivemos prácticando o deporte de esquivar contenedores de lixo que vagaban sen rumbo por rúas, camiños i estradas;... incluso nalgúns sitios semellaba que os contenedores estaban a facer unha carreira entre eles. A cambio temos as fermosas vistas do mar batendo forte contra os balueiros do porto da Guarda, unhas imaxes que sempre son moi fermosas.

Nestas datas todos estivemos moi ocupados: compras familiares, ceas de empresa, ceas con amigos, copeteos con outros amigos, máis compras familiares, facer encargos ó Pai Natal, Papa Noel, Reis Magos,...

Hoxe imos a falar un pouco do termo Lombardía; así é como “cariñosamente” en moitas empresas da área de Vigo-Porriño definen ós concellos do Baixo Miño (especialmente A Guarda e Rosal), pola presencia moi notoria do apelido Lomba;... claro que nós orgullosos sempre respostamos: “Lombardía Nación, ¡¡Autodeterminación!!”,.... Todos os compañeiros de traballo entenden esta broma que temos, menos certas persoas moi adoctrinadas no nacionalismo, que non gostan de ver como se usan en plan caralleiro os seus “sacrosantos lemas nacionalistas”,... Como poñen malas caras, máis motivos dan ó resto para facer máis uso dos mesmos para picalos.

O outro día tivemos a cea de empresa,... ben, da parte da empresa que traballa de Vigo para o sur,... No intre dos cafés, chupitos e outros lícores,... Manolo Troncoso lanzounos ó reto ós lombardos de facer unha parodía da campaña electoral municipal do 2.015,... Manolo Troncoso é un xefe moi serio por ter sangue do Condado, pero cando xa está ben acompañado de lícor café saelle a relucir parte dos seus orixes lombardos, i é unha persoa moi caralleira. Estas son algunhas das bromas que nós montamos:

1º)  Como escenario, o atrio do patio do Mosteiro de Oia, fachada do mesmo; cantande o Sr. Alejando Rodríguez; interpreta a canción “Sevilla” de Miguel Bosé.
                “El corazón que a Loureza va; nunca volverá.
                Con que pasión te enamorará, y te embrujara.
                ¡¡Loureza!!....
                Como a una reina te trataré,... ¡¡Loureza!!”

2º)  Como escenario, a balconada da casa do concello do Rosal; cantante o Sr. Jesús María Fernández; intepreta a canción “Resistiré” do Dúo Dinámico.
                “Resistire para seguir viviendo de Alcalde;
                Soportaré los golpes y jamas me rendire.
                Aunque las preferentes soplen fuerte,... ¡¡Resistire!!”

3º)  Como escenario, o castelo de Goián, onde hai unha gran cartel publicitario dunha empresa de xestión de augas municipais, con nome en pseudo latín; canta a Sra. Sandra González, interpreta a canción “Hoy quiero confesarme” de Isabel Pantoja.
                “Hoy quiero confesar que estoy enamorada,
                Para matar los rumores de aquella esquina.
                Que estoy cansada de llevar esta estrella,
                que pesa tanto.”


4º)  Como escenario, diversas rúas de Tui, Tomiño i A Guarda; cantan en grupo varios concelleiros do BNG do Baixo Miño, interpretan a canción “Asereje” de Las Ketchup.
                “Mira la que se avecina, a la vuelta de la esquina;
                Vienen los de la ZIJA rumbeando,
                con las pancartas del contrabando,
                poseidos por el ritmo ragatanga.
Y lo baila, y lo goza, y lo canta,...
AsedelBENEJE ja, de je,...”

Neste punto, Manolo Troncoso xa estaba roto pola risa; moitos compañeiros estaban que se tronchaban e xa se apuntaban a face-las súas improvisacións,... Os camareiros, choraban da risa, e incluso discretamente tamén facían grabacións cós teléfonos,... Caseque todos disfrutaban das bromas e parodías músicais, menos certos delegados da ZIJA, tiñan unha cara que era un poema dramático, mordían a lingua,...

Miren queridos señores políticos, vostedes viven dos nosos impostos; as decisións que toman repercuten nas nosas vidas, se vostedes erran (e levan anos errando), a consecuencia dos seus erros as sofrimos nós,... Sabemos que lles moslestan certas bromas,... pero estas forman parte da vida democrática, da libertade de expresión. Agora ben, a estas persoas públicas que non lles gustan estas chanzas, que collan a maleta e se vaian. A Lombardía é un país moi especial dentro de Galicia, por desgracia, tocounos unha tandada de tontos que nos gobernaron, pero non hai ningunha Lei que prohiba rirse deles.

Mirador do Monte Ancos, a 25  de Decembro do 2.013.

Valentín  Paz  y Amor. Párroco y Gestor de un Banco de Alimentos en La Abundancia (Veracruz; México)



No hay comentarios:

Publicar un comentario