domingo, 22 de diciembre de 2013

Amigos para sempre



CHANCHONADA  181º

Amigos para sempre.






O primeiro de todo, é felicitar ós agraciados có “Gordo do Nadal”, os nosos parabéns a eses veciños miñotos que teñen un décimo do número 62.246, vendido na Administración de Lotería do Rosal,... polo menos 4 millóns de € do premio Gordo chegaron ás nosas terras miñotas.

A Loteria Nacional de España nace baixo o reinado de Carlo III; o cal era un instrumento para aumenta-los ingresos da Facenda; o primeiro que se instaurou foi un xogo igual ó que hoxe chámamos “Lotería Primitiva”. O primer sorteo aconteu un 10 de Decembro de 1.763; polo cal a Lotería Española ten unha existencia de 250 anos.

Os sorteos de lotería como o de Nadal, o do Neno,... ou sexa o típico con billetes, décimos,... datan da Instrucción do 25 de Novembro de 1.811; facendo o primer sorteo por este sistema o 4 Marzo de 1.812 en Cádiz, o primer sorteo extraordinario de Nadal foi en Cádiz un 18 de Decembro de 1.812; polo tanto xa fai 201 anos. Polo tanto non é de extrañar que os españois teñamos tan metido nas nosas neuronas, hormonas e base xenética os xogos de loterías,... incluso durante a Guerra Civil cada bando seguíu con esta tradición,... e en certas zonas de frente, os soldados intercambiaban participacións de lotería do outro bando.

Ó pouco de nacer esta institución en España, rápidamente pasa ó outro lado do Atlántico, onde tamén colle moita raigamen,... Así en México, o primer sorteo de lotería acontece o 13 de Maio de 1771 (Lotería General de Nueva España),... e ata hoxe xa van 242 anos,... donde son famosos os: “niños gritones de la lotería” (dende fai 20 anos tamén xa hai nenas).


Como estamos nestas datas de Nadal, imos a ir axiña,... ha de facer varios meses que decíamos que o PP de Tomiño vai desnortado pola vida,... pois, o pasado Venres día 20 de Decembro, no debate do Orzamento Municipal de Tomiño para o 2.014,... o PSOE vota a favor do mesmo e a concelleira do PP tamén,....

A estas alturas a nós xa non nos soprende nada; podemos entender que un grupo político apoie os orzamentos do grupo de goberno,... sempre e cando haxa un acordo de goberno ou de cooperación entre esas forzas políticas,... en caso contrario, o que están a facer o PSOE de Tomiño i esta concelleira do PP é seguidismo. Coñencendo ó Sr. Uxío Benítez (concelleiro de Facenda e “comisario político” do BNG local), non creo que cederá nada de poder executivo a estes “novos entusiastas da oposición”, nin que lles prometera cooperación, nin facilidades de control da xestión e das contas,... Como moito, poido prometerlles suaviza-los insultos que lles fai no Pleno.

De fai un tempo, un par de anos para acá, estamos vendo este fenómeno do seguisdismo, de escurri-lo bulto para non facer oposición,... Non só acontece en Tomiño,... tamén na Guarda. No día do debate dos orzamentos do 2.012, xa resultou “sorpresivo” a ausencia de varios concelleiros do PP (entre eles a cabeza de lista, a Sra.Fátima Iglesias), o goberno municipal do PSOE estaba encantado con estas ausencias,...

Logo o tempo demostrou que aquel orzamento estaba mal, e así quedou refrexado na “Conta Xeral Municipal do 2.012”. Esa “Conta Xeral do 2.012” demostraba que as deudas do Concello medraron ate os 1.800.000€,... Nun primer momento os membros do PP votan en contra ó igual que BNG e Converxencia Galega,... para gran disgusto do Sr. Freitas. A sorpresa, a contece a finaís de Novembro, voltan a levar a “Conta Xeral do 2.012” a Pleno, e o PP en sinal de amizade ó PSOE facilita a aprobación da mesma.

Un orzamento é a intención de facer e xestionar un diñeiro público no ano vindeiro, ou presente,... pero a realidade é moi tozuda, e poida ser que a intención fique desfigurada,... i o documento que sinala a verdadeira realidade económica do Concello é a “Conta Xeral”, un documento ó cal os políticos prestan moi pouca atención,... pois é onde se descreben os seus erros administrativos e de xestión.


Conclusións:

1º) Sres do PSOE de Tomiño e Sra. Concelleira do PP. Votar a favor do orzamento do grupo de goberno, sen ter amarradas outras formas de cooperación, acordos de inversións, acordos de control e fiscalización,... O seu voto só é humillarse ante o poder, e claudicar no seu deber de facer oposición.

2º) Votar en contra dunha “Conta Xeral” que demostra o empeoramento da situación económica municipal da Guarda, e logo un mes despois ceder para que sexa aprobada. O mensaxe que transmite o PP da Guarda son dous:
A)        Sabemos que o goberno municipal do PSOE o fai mal, pero nós o PP, os apoiamos nestas nefastas xestións.
B)         O PP da Guarda, rompendo có que decía o seu programa electoral; agora é o máis fiel e sinceiro aliado do PSOE.

Como vemos, os nosos políticos do PSOE e do PP cando están na oposición, teñen un gran desexo de ser amigos do grupo de goberno: Amigos para sempre, Amigos para siempre, Friends forever, друзья навсегда (druzia nabsegda), Amis pour toujours,…


 Mirador do Monte Ancos, a 22  de Decembro do 2.013.

Valentín  Paz  y Amor. Párroco y Gestor de un Banco de Alimentos en La Abundancia (Veracruz; México)



No hay comentarios:

Publicar un comentario