domingo, 15 de diciembre de 2013

Facendo trampas



CHANCHONADA  178º

Facendo trampas.





Hai unha afirmación moi española que dí: “Feita a Lei, feita a trampa”. Claro que normalmente, es Leis son feitas polos políticos, e as normas que poñen dentro da Lei para favorecer a determinadas persoas, non é casual que sexan case que sempre eles. Sabemos que non son moi listos, pero tontos támpouco.

Hoxe imos a explicar algunha destas “trampas” que ten a novo anteproxecto de Lei de financiación dos partidos políticos; que introduce dúas novidades:
A)     Prohibición de perceber doacións de persoas xurídicas (empresas).
B)      Imposibilidade de condoa-las débedas pendentes con entidades de crédito (perdón das deudas por parte dos Bancos).

Isto fica moi ben, nun papel oficial,... pero non arranxa nada; pois o verdadeiro problema que xenera a corrupción dos nosos partidos políticos está nas doacións anonimas; das cales neste proxecto de Lei, non se toca nada de nada. Polo tanto lle prohibo a empresa XX que faga unha doación ó partido ZZ; pero a empresa XX pode facer de xeito anonimo esa donación ó partido ZZ; así só eles saben quen fixo a doación, por canto importe, cando,... evidentemente todos estas doacións de hoxe, son para perceber futuros beneficios vía concesión de obras, contratos de xestión,... e indirectamente isto da pé a que exista unha posible contabilidade “B” en cada partido. ¡¡Pero ningún partido saíu a criticar isto!!.

Claro, que tamén pode acontecer, que o Sr. YYY, alto directivo da empresa XX, faga doacións persoais, perfectamente detalladas ós partidos ZZ, KK,... Ainda que a doación a fai o Sr. YYY; realmente é unha doación da empresa XX, usando ó seu directivo como intermediario. Ou como diría a Sra. Cospedal: “unha doación en diferido”.

Polo tanto que a nova Lei cando sexa publicada no BOE; pode prohibi-las doacións das persoas xurídicas (empresas); pero deixan outros camiños abertos para seguir facendo esta práctica. Lamentablemente, támpouco as contas dos partidos pasan polas inspeccións dos funcionarios de Facenda. Tamén o da imposibilidade da prohibición de perdoa-los creditos por parte dos Bancos, isto tamén é outro brindis ó sol,... Pois moitos dos directivos dos Bancos veñen dos altos cargos dos partidos políticos, e estes teñen no seu poder o BOE, o Banco de España, o Mº de Facenda,... os cales controlan as actividades bancarias,... e así entendemos porque nestes anos estas autoridades públicas foron e son tan condescendentes cós bancos,... “os lobos non se comen entre eles”.

Pero o normal, ético i de transparencia e que non existan ás doacións ós partidos políticos, nin fundacións afíns ós mesmos. Que vivan dos seus propios recursos, das cuotas dos seus afiliados,...

En 1.990 os partidos políticos percibían das diferentes Administracións Públicas un total de +75 millóns de €; no 2.011 polos mesmos conceptos percibian un total +245 millóns de €; está última cantidade é igual a do ano 2.008, e 2.010,... ou sexa coa crisis, os recortes de gastos das Administracións Públicas non lle afectaron ás contas dos partidos políticos, das subvencións e outros ingresos que perceben.

Prácticamente PP, PSOE, IU, CiU, PNV e  PSC (partido socialista catalán) perceben entre eles o 86% do total. No informe do Tribunal de Contas do ano 2.011 temos estes datos, referidos ós últimos 22 anos:

PP:  1.193 millóns de €.   PSOE:  1.108 millóns de €.   IU:  194 millóns de €.  PSC:  193 millóns de €.
CiU:  163 millóns de €.    PNV:  106 millóns de €.  ERC:  58 millóns de €.   UpyD:  4,6 millóns de €


Moitos destes partidos, presumen de ser independentistas, face gala do seu odio a España,... pero o cheque millonario que cobran dos diñeiros dos españolitos non lle fan asco, e van rápido a cobralo.

Nós, a única conclusión matemática que acertamos a quitar é a seguinte: a financiación pública dos partidos políticos non lle afecta a crisis.

Polo tanto, isto é como xogar nunha partida, onde as cartas están marcadas, hai un xogador ventaxista, un empregado do casino tramposo, as regras do xogo trocanse sempre para favorecer a estes dous,... e perxudica-lo incauto xogador que entre no casino. Os recortes sempre son para os dereitos dos cidadáns, os aumentos de impostos sempre deben ser pagados polos cidadáns,...  Non sería extraño que dentro duns días vexamos na tele ó Sr. Montoro decindo:

“Se sae cara, gañamos nós: os políticos e poderosos.
Pero se sae cruz, entón perdedes vós: o pobo.”

Mirador do Monte Ancos, a 15  de Decembro do 2.013.

Alberto Mate Maduro. Inspector en prácticas del Consello Galego de Contas, Delegación comarcal de Vilapene (Lugo; España)





No hay comentarios:

Publicar un comentario