viernes, 13 de diciembre de 2013

Paro Novembro 2.013



CHANCHONADA  177º

Paro  Novembro  2.013.





Datos do desemprego de Novembro do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Setembro cun saldo -17 desempregados, o paro baixa en Tomiño e tui, sube na Guarda, Oia e Rosal.  

 A Guarda  en Novembro de 2.013  = 1.004 parados  (Homes 475 e Mulleres 529)
                Menores de 25 = 64 (Homes 33 e Mulleres 31)
                Entre 25 e 44 = 535 (Homes 243 e Mulleres 292) (53,28% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  405 (Homes 199 e Mulleres 206)

                Agricultura = 157
                Industria = 118
                Construcción = 106
                Servicios = 553  (55,07% do total de desempregados)
                Sin emprego =  70               

Na Guarda o paro sube en 6 persoas, baixa o paro no sector masculino con 4 empregos, o saldo no sector feminino é +10 desempregadas. Sube o paro en + desempregados na poboación menor de 24 anos, sube o paro en 5 desempregados no sector de 25 a 44 anos, hai 5 novos empregos na poboación de +45 anos. Hai +5 novos empregos na industria, 7 empregos na construcción; sube o paro na agricultura e pesca con 12 desempregados, 5 parados nos servicios e 1 parado no sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +0,6%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -4,29%, con +45  empregos no interanual. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 51 persoas; realmente o crecemento xa está moi ralentizado.

O  Rosal  en Novembro de 2.013  = 751 parados  (Homes 363 e Mulleres 388)
                Menores de 25 = 56 (Homes 28 e Mulleres 28)
                Entre 25 e 44 = 350 (Homes 171 e Mulleres 179)  (46,6% do total de desempregados) 
                Maiores de 45 =  345 (Homes 164 e Mulleres 181) 

                Agricultura = 106
                Industria = 115
                Construcción = 123
                Servicios = 365 (48,6% do total de desempregados)
                Sin emprego =  42

No Rosal o paro sube en 14 persoas, tódolos novos parados son no sector masculino, non hai trocos na poboación feminina; sube en tódolos sectores de idade, excepto na poboación feminina +45 anos, que rexistra +6 empregos. Na industria hai +3 empregos, +2 empregos na industria; sube o paro na agricultura +1 parado, nos servicios con +15 parados e no grupo de sen emprego anterior con +3 parados. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +1,89%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -8,3%, con -68 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 61 persoas; é o concello onde máis sube o paro, pero tamén o incremento xa está ralentizado.

  
Oia    en Novembro de 2.013  = 328 parados  (Homes 168 e Mulleres 160)
                Menores de 25 = 18 (Homes 9 e Mulleres 9)
                Entre 25 e 44 = 181 (Homes 89 e Mulleres 92)  (55,18% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  129 (Homes 70 e Mulleres 59)

                Agricultura = 45
                Industria = 33
                Construcción = 47
                Servicios = 169  (51,52% do total de desempregados)
                Sin emprego =  34

En Oia o paro sube en 9 persoas, sube no sector masculino con 10 novos desempregados e baixa no sector feminino con +1 novo emprego. Sube en tódolos sectores de idade o desemprgo, sendo a excepción a poboación feminina de +45 anos, con +5 novos empregos. Hai creación de emprego na construcción con +8 empregos e no sector de sen emprego anterior con +3 empregos; sube o paro na agricultura con +8 parados, e nos servicios con +12 parados; non hai trocos na industria. Respecto ó mes anterior o paro sube un +2,82%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -7,86%, con -28 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 49 persoas.

Tomiño    en Novembro de 2.013  = 1.727 parados  (Homes 828 e Mulleres 899)
                Menores de 25 = 148 (Homes 74 e Mulleres 74)
                Entre 25 e 44 = 804 (Homes 363 e Mulleres 441)  (46,55% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  775 (Homes 391 e Mulleres 384)

                Agricultura = 198
                Industria = 262
                Construcción = 294
                Servicios = 839  (48,58% do total de desempregados)
                Sin emprego =  134
           
En Tomiño o paro baixa en 23 persoas, hai creación de emprego en tódolos grupos de idade e sexos; excepto na poboación masculina menor de 25 anos con +7 parados e na poboación feminina +45 anos, con +3 paradas. Creánse +14 empregos na industria e igual cantidade nos servicios; non hai trocos na construcción; pero hai +4 parados na agricultura e +1 no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -1,33%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego bauxa en -44 parados, un -2,48%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 132 persoas. Dende logo isto é unha boa sinal
  
Tui    en Novembro de 2.013  = 2. 222 parados  (Homes 986 e Mulleres 1.236)
                Menores de 25 = 175 (Homes 93 e Mulleres 82)
                Entre 25 e 44 = 1.134 (Homes 487 e Mulleres 647)  (51,03% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  913 (Homes 406  e Mulleres 507)

                Agricultura = 94
                Industria = 374
                Construcción = 322
                Servicios = 1.176 (52,92% do total de desempregados)
                Sin emprego =  256
           
En Tui o paro baixa en 23 persoas. Hai creación de emprego en ambos grupos de poboación; baixa o paro en tódolos sectores de idades, excepto o de mulleres menores de 25 anos, onde hai 8 paradas máis e tamén neste grupo de poboación masculina con +6 parados. A maior creación de emprego e nos servicios con +35 empregos, +3 empregos no grupo de sen emprego anterior e +3 empregos na industria; aumenta o paro na agricultura con +5 parados e +13 parados na construcción. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -1,03%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -43 parados, un -1,90%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 94 persoas. Isto tamén é unha boa sinal.


                Queremos felicitar ós 17 veciños que teñen un emprego. Pero hai desaxustes que indican que as cousas non marchan ainda ben. Temos que destacar, que a pesar de baixa-lo número de desempregados, non hai un aumento na mesma cuantía na cantidade de afiliados a Seguridade Social; de feito baixa o paro, pero tamén baixa o número de afiliados, e isto é un desaxuste importante.

Comparativa có mesmo período de anos pasados:
                               2.011       2.012       2.013
A  Guarda:            +39         +49         +6
Oia:                         +21         +15         +9
O Rosal:                +29         +64         +14
Tomiño:                 +70         +34         -23
Tui:                         +112       +107       -23

Como vedes, o nivel de destrucción de emprego estáse a ralentizar; sendo moi destacable os pasos de Tomiño e Tui. Pero ainda teremos que esperar para que está pauta se confirme.

Post Data: Gracias querido lector pola información aportada, estamos traballando no tema; tes razón sobre a cuestión plantexada; xa estamos recollendo probas.


Mirador do Monte Ancos, a 13  de Decembro do 2.013.

Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).


No hay comentarios:

Publicar un comentario