CHANCHONADA 179º
Mal empezamos.
¿Sábedes
que aconteceu entre os días 4 ó 15 de Outubro de 1.582?. A resposta é
absolutamente nada; realmente eses días forón borrados do calendario, para pasar do antigo
calendario Juliano, a comenxar a facer uso do calendario Gregoriano. O noso
Julio Cesar aló polo ano 46 antes de Cristo, instaura en Roma o calendario
solar ó que lle deu nome; pero por un pequeno erro de cálculo, este calendario
tiña uns 11 minutos e 14 segundos de duración inferior á realidade.
Nos primeiros anos, este erro pasaba
desapercibido, pero no século XVI xa se levaban 10 días de adianto con respecto
ó ciclo solar. De ahí o dito popular que por Santa Luzía xa crecen os días;
pois náqueles días o solsticio de inverno acontecía no día de Santa Luzía. Pois
ben, así en 1.582 o papa Gregorio XIII decide correxi-lo erro, i ordena
suprimir 10 días de Outubro para seguir dentro do ciclo solar. Polo tanto nese
ano, houbo un pequeno “salto ó futuro”; así temos a anecdota que Teresa de
Jesus morreu o 4 de Outubro e foi enterrada ó día seguinte que foi 15 de
Outubro.
Outro erro, é a data na que finaron Cervantes e
Shadespeare; ambos morreron o 23 de Abril de 1.616, pero non era o mesmo día;
pois Cervantes morreu no cómputo do calendario Gregoriano e Shakespeare dentro
do cómputo juliano (realmente era o 3 de Maio). Moitos países seguiren có calendario
Juliano moitos anos máis, hasta que finalmente adoptaron o Gregoriano: Gran Bretaña no ano 1.752 (pasando do 2
de Setembro ó 14 de Setembro), Rusia en 1.940 de xeito definitivo,... Hoxe o calendario Gregoriano, é o usado
como data de referencia internacional para todos os países,... ainda
que logo, en uso interno, outros países fagan uso de calendarios propios, sobre
todo en cuestións relixiosas, como por exemplo a Iglesia Ortodoxa.
O pasado Martes 10 de Decembro do 2.013 foi
aprobada a Lei 19/2.013; a “Lei de Transparencia, acceso á información pública
e bo goberno”. Pero mal comenzamos con ela, pois entrará en vigor dentro de 1
ano,... e as Comunidades e Concellos dispoñen de 2 anos ara adaptarse,... Como
vemos os nosos políticos nunca teñen presa en face-las cousas,... ¡¡Menos mal
que eles non tiveron qe toma-la decisión de trocalo calendario!!, pois tardaría
anos en facer iso.
Mal comenzamos; normalmente as Leis deben entrar
en vigor ós 20 días da súa publicación oficial; en casos excepcionais este
período temporal amplíase a 2 meses, 3 meses,... como moito 6 meses. Pero nun
anos. ¿Qué acontece?, é que os nosos políticos necesitan tempo para ocultar
papeis, borrar rastros informáticos,... Realmente o que fai esta Lei é agrupar
parte de matería laexislativa que estaba moi dispersa por varias Leis e
agrupalas; pero sobre todopor fin España conta cunha normativa que xa existía
en moitos paises da UE.
Pero imos a ver algunhas cousiñas; para que todos
as sepamos, pero moi especialmente os nosos gobernantes locais:
Artículo 2º; 1 A (ámbito de aplicación):
“A Administración Xeral do Estado, as
Administracións das Comunidades Autónomas, Ceuta, Melilla e a entidades que
integran a Administración Local.”
Artículo 8º; 1 A (información económica, presupostaria i
estadística):
“Todo os contratos, indicación do obxecto,
duración, importe da licitación,.... Publicaránse
datos estadísticos sobre o porxentaxe en volumen orzamentario dos contratos
adxudicados en cada procedemento previsto na lexislación.”
Artículo 8º; 1 F (soldos dos políticos):
“Retribucións percibidas
anualmente polos altos cargos e máximos responsables das entidades incluidas na aplicación deste
título”.
Artículo 12º (Dereito de acceso á información
pública):
“Tódalas persoas teñen dereito a
acceder á información pública, nos termos previsto no artigo 105º B da
Constitución Española, desenrrolados por esta Lei”.”
Polo tanto, xa estamos no bon camiño, a
información dos Concellos é pública, e non como pretendes os Sres. Miguel
Español, Xan Lois Lomba e sobre todo o Sr. Alcalde da Guarda. No arítog 13º
sinalanse unha seríe de límites a este acceso: seguridade Nacional, Defensa,
Relacións exteriores, Seguridade Pública,... pero para nada fala dos “Secretos
Municipais”,... ¡¡Menudos sinvergonzas son algúns!!
Claro que a Lei pintaba ben, pero logo comenzan a
meterlle trabas, no procedemento,... e ó final máis que unha Lei de
Transparencia, o que temos é unha Lei de menos Traslucidade (Menos Opacidade).
Señores lexisladores, hai que desterrar para sempre o
SILENCIO ADMINISTRATIVO NEGATIVO,... ese que día que
cando a Administración non contesta, enténdese desestimada a petición ou
reclamación do cidadán.
O
problema, é que teremos que esperar 2 anos para poder esixi-la aplicación desta
Lei nos nosos Concellos, ou sexa que teremos que actuar nas novas Corporacións
que entren despois das eleccións de Maio do 2.015.
Mirador do Monte Ancos, a 17 de Decembro do 2.013.
Segundo Primo de lo Reyes. “Marqués
del Usted no sabe Quien soy Yo” (Manteca; San Joaquín; California; USA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario