miércoles, 4 de diciembre de 2013

1º Aniversario



CHANCHONADA  173º

1º Aniversario.





Fai un ano, por estas datas comenzaba o noso camiñar; tiñamos moitas ilusións, era todo un reto tentar escribir un artigo cada dous días, había entre nós algún excéptico que dudaba desta meta; pero conforme fai pasando o tempo: tiñamos máis material, había que seleccionar información, xa había unha rutina de traballo,... fomos agregando novos cooperantes por diferentes canles de comunicacións electrónicas.... e así completamos o ano con 172 artigos, +18.200 entradas de lectura. Debemos dar gracias a tódolos lectores, pois as nosas estimacións máis positivas estaban en 5.000 entradas ó face-lo primer ano, e foron superada moi amplamente.

Gracias, Obrigado, Thanks, Merci, Dziekuje, спасибо (spasiba), Dank,..... Gracias pola sorpresa, que os temas locais de A Guarda, Rosal, Tomiño, Oia e Tui,... interesen tamén en USA, Gran Bretaña, México, Rusia, Ucrania, Alemania, Holanda, Venezuela, Argentina, Vietnam, Portugal, Serbia, Suiza, Perú, Bélgica, Filipinas, Italia, Japón, Dinamarca, Polonia, China, Bulgaria, Chile, Kazajastán, Colombia, Bielorrusia, Corea do Sur, Croacia, Bolivia, El Salvador, Canada, Cuba y Rep. Dominicana. É sorprendente que os 6 primeiros paises acumulen o 10% das lecturas de cada semana, i que entre todos sumen +25% das lecturas.

Como xa dixemos, diversas ferramentas da informática son imprescindibles para nós. Ainda que temos gobernantes que non se enteran desta realidade. Isto o imos a demostrar cun exemplo.

Fai unhas semanas, chamounos un compañeiro-amigo que traballa para “Google España”, para que probasemos a aplicación “Google Maps” e fixeramos un percorrido pola Guarda, con esta ferramenta informática podes viaxar polas rúas da Guarda, e ollar ós nosos veciños na súa vida diaria: como os bombeiros que están traballando no edificio da Estación Maritima do Pasaxe, que posan para o coche de “Google”. Pero o noso amigo recomendounos a seguinte “camiñata”.

Estamos na estrada do Castro, no cruce que leva ó “Apartahotel Marouco”, pero en vez de coller en dirección a este establecemento hosteleiro, collemos o camiño que está no outro lado da estrada. Imos subindo por un camiño estreito, ós poucos metros no cruce xiramos á dereita, o camiño segue ascendendo e no lado esquerdo atopamos un coche branco estacionado, enfocamos ó coche: ¡¡coche de vías e obras do Concello da Guarda!!, que está estacionado diante da residencia particular do Sr. Miguel Español (1º Tenente de Alcalde); xirando en dirección contraria ó coche.

A secuencia fotográfica está feita a mediados de Xuño do 2.013, sobre as 16.00 horas. Polo tanto fóra de horario laboral, este gobernante leváse para a súa casa un ben de propiedade pública; cando o normal é que o vehículo estivera guardado dentro dun recinto municipal. Logo o Sr. Miguel Español dirá que somos espías, que lle temos tirria,... Que va Sr. Miguel Español,... é que hoxe hai certos medios técnicos que atrapan ós mentirosos a unha velocidade asombrosa, logo fan circula-la información tan axiña,... que fai imposible borra-la mentira. Pero o mentiroso pensa que por decir dúas chorradas nun Pleno, xa está o tema resolto; ó Pleno van 10 persoas e as ferramentas de Google a usan varios miles de guardeses tódolos días.

Pero non imos a deixar esta zona do “Apartahotel Marouco”; pois o pasado día 30 de Novembro realizabase a obra de asfaltado do camiño que vai a esta instalacións hosteleira. Ata aquí todo normal. Pero ó día seguinte, a este establecemento hosteleiro acuden a cear as nosas autoridades do PSOE guardés, con as súas donas,.... ¿Qué casualidade, faise a obra e ó día seguinte cena de alto dignatarios?, ¿foi unha cena privada, ou estaban convidados polo empresario hosteleiro?.... Non o sabemos.

Isto é traballo dos señores da oposición,... que polo visto cada vez traballan menos e hibernán máis,... Se houbese un Premio Nobel á vagancia, certos concelleiros da Guarda optarían ó mesmo sen problema, e cunha alta probabilidade de acadalo.

Finalmente, non nos gustán que os bens públicos sexan usados para usos privados.

¡Féliz Cumpleaños!, ¡Parabens no aniversario!, Happy Birthday!,  Joyeux anniversaire!; z okazji urodzin!; С Днем Рождения! (S Dnem Rozhdeniya!)

Mirador do Monte Ancos, a 04 de Decembro do 2.013.

Francisco Lorín Colorado.  Inspector subrogado de Hacienda, Delegación Territorial de Los Infiernos (Murcia; España)





No hay comentarios:

Publicar un comentario