CHANCHONADA 142º
Sen trigo nos muiños do Folón.
Nestes meses levamos recibidas varias queixas de
un funcionario municipal de El Rosal, pois había unha gran discrepancia entre
as nosas contas que publicamos e as súas; pero despois de varios correos
atopámonos coa sorpresa que estábamos falando de concellos distintos i moi
distantes. Mentrás nós falábamos do concello do Rosal, sito na Galicia, en
España,... este funcionario municipal tan celoso do seu traballo e amante do
seu pobo, resultou ser de: El Rosal, departamento de
Cundinamarca, en Colombia.
Agora que xa temos desfeito o erro, e as cousas xa
están claras; os membros deste Mirador do Monte Ancos lanzamos ás autoridades
que forman a corporación municipal do Rosal (Galicia) a seguinte iniciativa: estudien e contacten coas autoridades
municipais de EL Rosal (Colombia) para tentar facer un irmanamento.
Según levamos aprendido é unha localidade ben fermosa, e que ten moitos
encantos, entre eles as súas aguas balnearias.
Rematada a presentación da iniciativa, de ter
resolto o erro; imos a entrar en materia, a materia e comprobar se o trigo que
se predicou durante a campaña electoral chegou ós muiños para converterse en fariña.
Quixeramos trata-los mesmos temas: iniciativas a favor do emprego e loita
contra o paro; iniciativas para dinamiza-lo comercio e economía local e
finalmente revisión da política fiscal municipal. Dado que nos programas
electorais que temos do Rosal son moi escasos e curtos,... teremos que agrupar
todo.
PP:
A
nivel laboral a iniciativa máis importante é impulsa-lo parque industrial; non
hai máis medidas nos outros sectores. Sr. Jesús Mª Fernández Portela, dende
logo é moi pouco o que ofreceu o PP nas pasadas eleccións.
Lamentablemente
o tema do parque industrial xa leva moitos anos nos programas electorais e
ainda non saíu de ahi,... moito nos tememos que ainda falten moitos anos para
que sexa realidade. Por outra banda xa temos demostrado que o nivel de presión
fiscal no Rosal xa está ó mesmo nivel que na Guarda. A nota solo pode ser un suspenso.
PSOE:
A
nivel laboral a iniciativa máis importante é impulsa-lo parque industrial;
potencia-los sectores agrícolas. Sr. Giráldez
Giráldez,
dende logo é moi pouco o que ofreceu o PSOE nas pasadas eleccións.
Lamentablemente
o tema do parque industrial xa leva moitos anos nos programas electorais e
ainda non saíu de ahi,... moito nos tememos que ainda falten moitos anos para
que sexa realidade. Nótase que vostede é un enxeñeiro agrícola, pero esquece
que o sector agrícola xenera moi poucos postos de traballo. As iniciativas
presentadas xustifican que a nota solo pode ser un suspenso.
BNG:
Creación
dun viveiro de empresas do sector agrícola, cun plan de desenvolvemento local
(unha das medidas económicas do BNG dos anos 80); tamén propoñen o parque
industrial; un plan de promoción do turismo e do comercio local e programar
unha escola obradoiro.
Lamentablemente
o tema do parque industrial xa leva moitos anos nos programas electorais e
ainda non saíu de ahi,... moito nos tememos que ainda falten moitos anos para
que sexa realidade. Nótase que vostede é un funcionario e coñece pouco o
funcionamento da economía privada; pero revise vellas ideas que están desfasadas
como as escolas taller, obradoiros,... forón un lugar onde mal gastar miles e
miles de € para nada. As iniciativas presentadas de momento están centradas en
denunciar irregularidades na contratación laboral que fai o Concello; pola súa
labor de control e fiscalización a nota debe ser un aprobado; pero condicionado a mellorar.
Xa temos realizada a labor de constrastación entre
as propostas da época electoral e o realizado; o realizado é moi, moi escaso. Dado que na Guarda e no Rosal hai unha unanimidade de
tódalas forzas políticas para face-lo parque industrial; ¿por qué non se fai?,
¿necestitánse tantos anos para estudialo?,... ¿qué é máis importante os seus partidos ou os veciños rosaleiros e
guardeses?. O noso consello é que resolvan primeiro esta última
pregunta, para logo contesta-la primeira.
Gracias
Sr. Alberte Alonso pola súa transparencia e labor de fiscalización, información
ós veciños,... Pero o seu estado civil non interesa, iso é unha cuestión privada súa.
Logo ahi outra cousa que non entendemos, por un lado o BNG do Rosal, de Oia, de
Tui están de seguido fiscalizando a labor do grupo de goberno municipal de cada
concello, e sempre prestos a face-lo público ós veciños,... ¿Por qué o Sr. Xan
Lois Lomba non fai o mesmo?, aquí hai unha incoherencia interna dentro do
funcionamento do BNG.
Finalmente, imos a solidarizarnos có Sr. Jesús Mª
Fernández Portela (Alcalde de O Rosal), que desfrutando dunha viaxe a Paris foi
victima dun carteirista.
Mirador do Monte Ancos, a 01 de Outubro do 2.013.
Juan Luís Toro
Bravo. Director del Balneario “El Hidrocálido”, en Vereda de Aguascalientes (El
Rosal; Departamento de Cundinamarca; Colombia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario