CHANCHONADA 145º
O
vello boxeador.
Onte, 7 de Outubro foi o aniversario do asesinato de Anna Politkoskaya; una xornalista que nunca quiso calar ante os abusos do Poder; por un “extraña coincidencia” Anna foi asesinada o día do cumpreanos do Presidente Putin. Desgraciadamente aínda hai políticos que creen que a libertade de prensa significa a libertade de comprar ós xornalistas, ós medios de xornalismo,... pero o que é máis grave, a inmensa maioría dos xornalistas aceptan gustosos ser mercaduría que se compra e se vende.
O pasado xoves disfrutamos moito da ironía crítica dun residente da rúa Rosalía de Castro na Guarda, que expresaba a súa crítica na páxina de “infogauda”. Imos a relatar en tono de humor, o que presenciou este veciño.
É un día normal e laboral, con presteza baixas ó portal da casa para acudir ó traballo diario; pero alí ante a porta principal da vivenda, en plena rúa atopas depositado un elemento alleo ó mobiliario urbano, é un elemento extraño, de presencia amenzante, de presencia sospeitosa para a vista e para a pituitaria,... Algún veciño desconsiderado, con un alto déficit de urbanismo e educación deixou alí aquel presente en plena rúa. O noso veciño, como bó cidadán fai unha chamada á Policía Local, que ainda está a medias de despertar a hora tan mañaneira,... e lle expón con moita claridade o elemento sospeitoso que está deitado na rúa.
O membro da Policía Local, facendo gala da súa elevada preparación profesional, e dunha capacidade intelectual moi elevada, non duda en poñer en marcha todo un operativo de seguridade para garanti-la seguridade do vecindario a esa hora mañaneira, xa que é unha zona céntrica, moi transitada por nenos e rapaces que acuden a centros escolares, por persoas que acuden ó centro médico,... Chamada de urxencia e mobilización dunha dotación de bombeiros.
O camión de bombeiros circulando a alta velocidade, sireas soando, lueces de emerxencia,... en poucos segundos xa están presentes no lugar para facer fronte con valentía á amenaza delatada polo cidadán,... Os bombeiros sorprendense polo elemento sospeitoso, o noso veciño tamén se sorprende pola movilización de medios realizados para atender tal urxencia. Pero ambos como son sensatos, chegan a conclusión que o máis efectivo e práctico para solventar esta urxencia é reclama-la presencia dun operario de limpeza que por ali comenza a súa xornada laboral, para recolle-lo monte de merda depositado por un cánido domestico e limpar un pouco o lugar.
Nin os bombeiros, nin os veciños que ollaron este dispositivo entenderon o porque de tanta parafernalia de medios, para limpar unha simple cagada de cánida que había na rúa. Do mesmo xeito, que outros veciños a media mañán deste Luns non entendían que os bombeiros fosen movilizados para limpa-los restos urinarios que se depositan os Sábados pola noite en certa rúa estreita que finaliza ó lado dunha tenda de instrumentos musicaís.
Parece que o novo corpo de bombeiros que está recen nado, semella que é o novo xoguete do cabo da Policía Local, do Sr. Miguel Español,... semellan ser como nenos pequenos cós regalos e xoguetes do día de Reis. Pero sobre a presencia destes dous “altos mandos” hai unha cousa que se nos escapa do entendimento: se a seguridade e tráfico son responsabilidades do Sr. Paulino, ¿porqué non asume a responsabilidade sobre os bombeiros?.
Levamos un tempo dándolle voltas a isto, só acertamos a dicir que o Sr. Paulino xa leva referido en diferentes lugares, e ante diferentes auditorios, a súa vontade de deixa-la actividade da política local, o cal pode acontecer de aquí ó final da lexislatura, nun intre indeterminado e suxeito á súa vontade,... pero en ningún caso pensa formar parte da candidatura do PSOE para as vindeiras eleccións locais do 2.015. Xa está canso de ser usado como o pararraios do PSOE, de receber tódalas críticas, descalizaficacións,... i en moitos casos dun xeito inmerecido, por ser asuntos que non están dentro da súa competencia,...
Entendemos algunhas das queixas do Sr. Paulino; ser concelleiro na Guarda non é doado, pois hai unha xeración de guardeses que están prestos a mete-los dedos nos ollos dos concelleiros, especialmente en público,... logo está o ambiente tabernario e insolidario que hai entre os propios concelleiros da Corporación,... ¡¡se non hai respeto entre eles!!, ¿por qué van a respetalos veciños?. Compartimos a queixa do Sr. Paulino de ter servido e ser usado durante moito tempo como un “pararraios”, para ser ese elemento onde dirixir e descarga-la rabia dos veciños, as críticas dos membros da oposición,... Pero comprenda Sr. Paulino que todo Alcalde necesita un concelleiro que asuma ese rol, pois as medallas e fotos dos gratos momentos están reservadas para o Alcalde e o seu “delfín”.
A paciencia é unha gran virtude, pero tamén ten un límite e remata por esgotarse,... e todos pasamos por fases similares que rematan por “queimarnos”, e para repornos de tal desgaste necesitamos un descanso. Ante esta situación, o noso querido Alcalde necesita un novo concelleiro presto a asumir este rol, e quen mellor que o Sr. Miguel Español,... así cumprirá unha ingrata labor, pero moi necesaria, recibi-los golpes para non molesta-lo Alcalde, nin ó seu “delfín” que asumirá a futura herdanza.
O posto este de “pararraios” requere dunha persoa disposta a sumir golpes, e estar moi curtido nesta tarefa. É algo similar a eses vellos boxeadores, que xa están medio sonados, que saben que nunca chegarán a disputar grandes combates, nunca serán estrelas do boxeo, o seu tempo xa pasou, xa están na resta final da vida profesional,... despois dunha carreira mediocre sempre á sombra dunha estrela, rematan traballando como “sparring” para os novos boxeadores, para que simulen combates, aprendan novos golpes, a zafarse,... Dende logo é un traballo ingrato e mal pagado. Sr. Miguel Español ingrata labor a que lle espera nos vindeiros meses.
Mirador do Monte Ancos, a 08 de Outubro do 2.013.
Luciano Respeta Nada. Director adjunto del
periódico “Foxnews” de Valdezorras (Sevilla; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario