CHANCHONADA 149º
O “Efecto vendimia”.Imos a explicar ós nosos lectores, o que nos denominamos “Efecto vendimia”; nas series estadísticas que temos, comprobamos que dende fai ano sempre se repite a seguinte pauta dentro do noso mercado laboral:
A) Durante o mes de Setembro, o paro cae dun xeito importante, especialmente intensa é a creación de emprego na Guarda e Rosal; menos intensa é en Tomiño e Tui; este efecto funciona dun xeito errático en Oia, hai anos de creación de emprego, pero nestes últimos anos non existe.
B) A Maioría do emprego xerado é na agricultura; polo tanto débese á vendimia que reclama persoas para recolle-la uva; pero son empregos de curta duración, non se esixe cualificación profesional.
C) Despois en Outubro hai unha forte caida do emprego, hai un subida moi forte do paro, que excede en bastante o número de empregos creados pola vendimia.
D) A maioría do paro é xerado pola agricultura e polo sector servicios; acumulando como media máis do 80% do paro xerado.
A Guarda Paro en Setembro Paro en Outubro
Ano 2.005 -14 +54
Ano 2.006 -19 +68
Ano 2.007 -29 +79
Ano 2.008 -18 +95
Ano 2.009 -87 +115
Ano 2.010 -30 +88
Ano 2.011 +16 +80
Ano 2.012 -61 +132
Ano 2.013 -70 ????
O ano 2.011 foi o ano no que a pauta matemática do “Efecto vendimia” non funcionou.
O Rosal Paro en Setembro Paro en Outubro
Ano 2.005 +7 +61
Ano 2.006 -51 +26
Ano 2.007 -20 +32
Ano 2.008 +3 +80
Ano 2.009 -21 +40
Ano 2.010 -64 +56
Ano 2.011 -11 +74
Ano 2.012 -88 +91
Ano 2.013 -64 ????
Os anos 2.005 e 2.008 a pauta matemática do “Efecto vendimia” non funcionou.
Oia Paro en Setembro Paro en Outubro
Ano 2.005 -2 +30
Ano 2.006 -9 +23
Ano 2.007 -7 +12
Ano 2.008 +6 +21
Ano 2.009 -8 +31
Ano 2.010 +21 +38
Ano 2.011 +12 +29
Ano 2.012 +13 +19
Ano 2.013 -64 ????
A pauta matemática do “Efecto vendimia” en Oia funcionaou durante os anos de bonanza económica; pero dende o inicio da crisis ata hoxe a pauta non funciona; neste senso Oia funciona dun xeito distinto ós demais concellos miñotos.
Tomiño Paro en Setembro Paro en Outubro
Ano 2.005 +1 +53
Ano 2.006 0 +15
Ano 2.007 -1 -8
Ano 2.008 -4 +132
Ano 2.009 -32 +86
Ano 2.010 -2 +53
Ano 2.011 +43 +83
Ano 2.012 -71 +100
Ano 2.013 -87 ????
A pauta matemática do “Efecto vendimia” en Tomiño funciona nestes anos de crisis, excepto no ano 2.011.
Tui Paro en Setembro Paro en Outubro
Ano 2.005 +12 +38
Ano 2.006 -1 -6
Ano 2.007 -20 +74
Ano 2.008 -20 +83
Ano 2.009 -9 +105
Ano 2.010 -14 +81
Ano 2.011 +28 +63
Ano 2.012 -53 +93
Ano 2.013 -53 ????
A pauta matemática do “Efecto vendimia” en Tamén funciona.
Básicamente esta pauta matemática funciona en caseque todos, coa excepción de Oia, que nos últimos anos desenganchousa da pauta. O ano 2.011 foi realmente malo para o emprego, nin a colleita da vendimia foi capaz de xerar emprego. Outra cousa distinta é a calidade dos empregos xerados. Pero o que realmente é gravoso é a forte subida do paro que sempre acontece durante o mes de Outubro; este mes xenera moita destrucción de emprego, se os Concellos toman a iniciativa de implementar medidas contra o paro, a fase máis convinte é o período entre Outubro a Abril; pois entre estes meses están as fases máis alxidas.
Mirador do Monte Ancos, a 16 de Outubro do 2.013.
Miguel
Mato Mucho. Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso
Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario