CHANCHONADA 144º
Semear cizania.
A cizania é un planta moi similar ó trigo, de feito popularmente tamén se chama “falso trigo”; pero esta planta normalmente ten un fungo párasito que acumula tóxinas no gran da planta parasitada, o que fai que a fariña da cizania chegue a ser tóxica. Na tradición hispana, semear cizania é un sinónimo de semear discordia e crear enemistades. Nós imos a tratar de separa-los grans de trigo da cizania, para evita-los efectos tóxicos destes na sociedade.
O 1 de Setembro para os rusos, ucranianos,... é o Día do Coñecemento ("День знаний" Dyéñ znániy); é o primer día lectivo das escolas, un día especial para os alumnos, para profesores, para os país,... sempre lembro o intrincando peinado das miñas irmáns, os fermosos adornos de encaixe branco nos seus cabelos,... Pero un 1º de Setembro de 2.004; 1.200 persoas que acuden ó inicio do ano escolar na escola de Beslán son tomados como reféns por uns terroristas; cando rematou o secostro quedaron mortas 334 persoas, das mesmas 186 eran nenos. Isto foi un acto de terror moi selvaxe contra poboación civil.
Nós non creemos nos “salva-patrias”, nin eses que queren impoñe-los seus idearios por medio do uso de métodos violentos,... pero támpouco acreditamos naqueles que sempre están prestos a cubri-los, a darlles amparo ideolóxico e un marco de excusas políticas para encubrir estas selvaxadas. Pero a determinadas “mentes iluminadas” hai que quitarlles a careta, para que todo o mundo vexa que hai detrás dese rostro publicitario, que fala con fermosas palabras, cheas de bós sentimentos,... pero logo lonxe da xente común do pobo, cando falan en núcleos máis privados escumean odio pola boca, cada verba está chea de rabia, queren vinganza,...
Imos a expoñer frases dunha conversa entre o Sr. Xan Lois Lomba e os seus amigos, que participan ná área de debate do “Facebook” do protagonista mencionado. O debate ía en solidaridade cuns mozos sentenciados por terrorismo, e tratando de equencer ou xustifica-lo atentado con bomba no Rosal en Marzo deste anos 2.013. O Sr. Xan Lois Lomba, títular do “Facebook”, buscaba crear un “espiritú” de solidaridade e comprensión para con os actores do atentado, e minimizar este como un acto de vandalismo. Os comentarios que hai en cursiva nos parenteses, son do Mirador i están engadidos a posterior.
Oscar Alonso
Alvarez: ¿Quieres que me solidarice con unos individuos que cogieron con tres
bombas en el coche?. Mira hace años estuve en la puerta de la discoteca
“Clangor” en Santiago ... No digo más...
(Clangor
era unha famoso discoteca de Santiago de Compostela, moi famosa na vida
nocturna desa cidade na década do 80, moi concurrida por estudiantes
universitarios; sufríu un atentado na madrugado do 11 de Outubro do 1.990; para
os terroritas foi un “erro técnico”, morreu unha estudiante de Vigo e houbo 100
feridos.).
Julio Do
Rosal: Os explosivos nunca teran a razón nun sistema
demócrata, por moito que este teña via de aguas, que nos fai unha convivencia dificil.
A min tampouco me fixo gracias o pepinazo (que foi un gran trallazo,dou fé) que
nos puxeron este ano no Rosal a 30 metros da miña vivenda.
Julio Do
Rosal: Hai unha linea imaxinaria mui delicada para catalogalo
de vandolismo ou terrorismo, non e unha broma e sabemos como empezan e como
poden evolucionar.
Xan Lois
Lomba Alonso: Eu sempre pensei que os "terroristas"
reivindicaban os seus actos e presumían da súa organización, neste caso ningún
d@s acusad@s o fai. Dicir que na
Galiza existe (así parece asegurar o xuíz) un grupo terrorista é unha chorrada,
que abre as portas a aplicación dunha lei moi restrictiva cos dereitos dos
cidadáns.
(Querido Sr. Xan Lois Lomba; polo noso traballo no mundo do Dereito,
debemos lembrarlle que un dos dereitos dos detidos é non declarar na súa
contra, nin recoñece-lo acto delictivo cometido,... En certos actos delictivos
hai unha parte agresora e outra que é victima, o Dereito trata de protexe-la
victima; coa súa argumentación, como o violador nega e non reivindica a
violación, pois non hai tal acto de violencia sexual,... pero esquece vostede
de xeito intencionado ás victimas desa agresión; ¿por qué?, ¿por qué as
victimas son españolistas?, ¿ser nacionalista galego é unha cuasa de atenuante
da responsabilidade criminal?).
Venancio
Miniño: vamos, que o pepinazo do Rosal foi un acto
vandálico!!!!. Envías mensaxes para agregar xente para poder distribuir a túa
bazofia de mensaxe, e despois non che gusta que te respondan....
Julio Do
Rosal: Acordome perfectamente do estoupido e os danos que
provocou, e é evidente que xa vai mais aló dunha gamberrada.
Miguel
Gonzalez Lomba: coincido co Julio 100%.
Xan Lois
Lomba Alonso: Sei diferenciar entre un vandálico e un acto dunha
organización terrorista. E hoxe Venancio pódoche chamar CANTANTE e DEMAGOGO
porque non che vin dicir nada cando o local do BNG na Guarda foi queimado por
dúas veces.
(Querido Sr. Xan Lois Lomba; nós non temos coñecementos de tales actos contra a sede local do BNG na Guarda, pero sí de varios ataques á sede do PP da mesma localidade. Para nós non son actos de vandalismo, son actos de terrorismo, pois o fin é amedrentar a unha serie de persoas que representan públicamente un ideario político que forma parte da sociedade, sexa o ideario do BNG, ou o do PP).
Xan Lois
Lomba Alonso: E non
dixemos que houbese un grupo terrorista españolista pola vila.
Tampouco foi noticia nos diferentes medios de comunicación dos que tanto te
gusta alardear. Simplemente o tomamos como un acto vandálico, como moitos que
hai polo país, pero que non saen nos medios, estimado amigo. O cal non quere dicir que non existan.
(Querido Sr. Xan Lois Lomba; nós non temos coñecementos de tales actos contra a sede local do BNG na Guarda. Aquí fas unha afirmación de “ tira-la pedra i esconde-la man”; creemos que eses actos que aquí denuncias non foron denunciados ante a Policía, Guardia Civil, Xulgado,... ¿porqué son autoridades españolistas?. ¿Estás dicindo que na Vila da Guarda hai membros dun grupo terrorista españolista?, ¿quén son?, ¿cántos?, ¿dende cándo?,... ¿Non estarás creando un enemigo imaxinario para tratar de xustifica-las accións de outros?).
Venancio
Miniño: pero vamos a ver Xan....o estupido falo ti, coño...disme que queiman dúas veces o local do
BNG e calificas o tema como vandalismo....jajajajaja.....a túa ansia de
ir de guay non ten límites....pero bueno; eu nunca defendería nin apoiaría a
quen presuntamente fixo iso. Se a xustiza mostra que non foronb os acusados
pois perfecto, pero mentras tanto que den contas..
Felix Cave
Astropajo: O dos artefactos, e ataques e
demais, son animaladas feitas por cadeliños de determinadas organizacions mais
ou menos afins...
Venancio Miniño: Se a bomba lla puxeran os da Falange na sede do BNG, seguro que Xan non era tan "protector" da democracia como con estes outros... Que os encerren, e se pode ser, unha boa tempada, pero a estes ou a quen coloque bombas, sexa donde sexa ( mesmo na sede do BNG).
Venancio Miniño: españolista, encabronados co BNG...algo haberá, pero é obvio que non é cousa de catro que se levantaron con mal pe e dixeron..."veña, vamos, vamos a queimarlle o local (por dúas veces, joder) ós do BNG...ala, a lo loco...en plan vándalo....é que hai que joderse.
(Querido Sr. Venancio Miniño; nós lembramos a certo señor durante anos imaxe electoral do BNG, que sempre trataba de “cipayos” os membros da Guardia Civil, que eran represores do pobo galego,... Pero un día en Muxía, o pobo rebelouse contra ese señor que sempre peinaba melena cana ó vento, querían darlle unha somanta,... e varios membros da Guardia Civil tiveron que protexelo das iras do pobo, esperar axudas de máis membros da benemérita para escoltalo ata un lugar seguro lonxe de Muxía;... Por sorte ó Sr. Xosé Manuel non lle aconteceu nada, varios membros da Guardia Civil resultaron féridos,... A estas alturas da vida Sr. Venancio Miniño vostede xa debería saber que hai señores que usan dúas varas de medir, unha grande e extensa para eles e os seus amigos, e logo outra máis curta para os seus adversarios).
Xan Lois
Lomba Alonso: Non acredito na violencia como sistema de consecución de obxectivos
"de ningunha clase".
(Querido Sr. Xan Lois Lomba; vostede está dicindo medias verdades, claro que non acredita na violencia física, pero tamén hai outra violencia oral,... esa que usa palabras moi altisonantes que menosprecian ó rival político, que sempre deixa cair que é un suposto delincuente, que é un enemigo do pobo,... Por desgracia o discurso do BNG está cheo desta violencia dialéctica).
Venancio Miniño: Se xa nos vamos coñecendo todos home, ti es mui educado pero insultas como calquera outro. Ti non acreditas na violencia pero buscaslles os pes que sea ó gato para xustificar, defender, ou zafar a quen puido utilizar esa violencia, solo porque son da túa mesma liña ideolóxica....que si, moi coherente todo...
Venancio Miniño: Vos estades amparando e dándolle cobertura a alguén que está sendo acusado agora de terrorismo...por iso vos coñeceran...eu desprezo esa actitude...que a xustiza os xuzgue...o mellor é todo unha montaxe...pois vale, amén...
Ánxela Guarda: Acaso conhecedes a estas
persoas para tachalas do pior como facedes? son galegos/as bos/as e
xenerosos/as que loitan polo seu pobo, e non precisamente con bombas, senón a base
de activismo, de solidariedade... é moi sinxelo falar cando se está manipulad@
polos medios, mais a realidade é outra. Agardo que algún dia se faga xustiza
neste país e tenhades que comer as vosas palabras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario