CHANCHONADA 155º
Navallada na terra.
A maioría dos galegos de menos de 40 anos non
coñecen esta expresión: “navallada na
terra”. En principio nós támpouco, pero un amable lector de Tomiño
suministrounos bastante material e referencias sobre este tema.
Eran os mediados do anos 70 do século XX; neses
intres estase iniciando a construcción da autoestrada do Atlántico, que debía
conectar as cidades de Ferrol e Tui, para logo nocestarse coa autoestrada de
Portugal. Ó pouco de iniciarse as obras xa agromou un “movemento social”
(apadriñado polo nacente BNG) que se opoñia a esta obra pública, a que tildaban
en similitude como se fose unha “navallada na terra”. Alegaban que era unha
obra innecesaria, que ía a romper social a moitos núcleos de poboación, que ía
a deixar illadas a varias comarcas costeiras, que ía a desmembrar socialmente a
Galicia,... Non lograron a paralización das obras, pero si as ralentizaron
moito, de tal xeito que se remataron a finaís do 90.
Hoxe, ollando os resultados, ollamos que aquelas
premonicións apocalípticas non aconteceron; máis ben aconteceu todo o contrario.
A autoestrada está a actuar como unha columna vertebral que artella e concentra
as forzas máis dinámicas do pais. Así, as comarcas que están na zona de
influencia da autoestrada e viaís complementarios concentran ó 70% da poboación
de Galicia, é onde están as zonas máis industrializadas, as zonas máis puxantes
comercialmente, están os concellos e comarcas que gañan poboación, ou como
mínimo a manteñen,....
A conclusión é que era, i é unha infraestructura
moi necesaria para Galicia; ogalla houbese chegado antes, ou polo menos non
tivese tódolos impedimentos que tivo. Por
desgracia, todos aqueles que se opuxeron, hoxe non suben ó púlpito da voz
pública para recoñece-lo erro cometido, recoñece-los custes que tivo que
paga-lo pais por estes atrasos,...e pedir perdón. Isto poidera
acontecer nun pais normal e normalizado; pero Galicia ainda non ten chegado a
ese nivel de capacitación intelectual dos membros dos grupos políticos
dirixentes, moitos dos cales ainda viven no seu “parnaso particular”, onde se vive
unha realidade allea e distinta ó do pobo. Para eles sempre é o pobo quen erra,
quen se equivoca e así unha e outra vez,... pois estas intelectualidades están
libres desa disfunción humana que é equiocarse.
Pois ben, isto da “navallada na terra” leva +10
anos repetíndose a moito menor escala aquí na comarca do Baixo Miño; falamos
dese “movemento social” que se opón á construcción do Vial que conectará A
Guarda e Tui. Sospeitosamente usan os memos ou moi similares argumentos a
aqueles que usaron os promotores do movemento anterior que se opuxo á
autoestrada do Atántico.
Levan anos paralizando e boicoteando estas obras;
sempre din que esta infraestructura non é necesaria. Nós discrepamos desta
opinión, pois a actual estrada Tui - A Guarda xa ten +120 anos de existencia; é
evidente que antes todo o tráfico era de tracción animal, os nosos antepasados
viaxaban en dilixencias e carromatos,... logo nos anos 20 comenzan a aparecer
vehículos de tracción a motor, aparecen os primeiros autobuses para pasaxeiros,...
Dende os anos 60 ata hoxe o tránsito de vehículos leva crecido dun xeito
constante, ata facer que esta estrada a certas horas se atope perto da
saturación. Polo tanto é evidente que
esta estrada non está capacitada nin adaptada para o tránsito de vehiculos que
soporta, pois non foi diseñada, nin planificada para isto; pero a pesar
de todo cumple ben, polo cal é unha obra que demostra que foi construida máis
aló do que esperaban os seus constructores.
Debemos
lembrar que esta estrada non ten outra alternativa, a non ser certos tramos que
podemos facer por Portugal, entre Vilanova de Cerveira e Valença do Minho. A distancia entre A
Guarda e Tui é de 27 km,
a mediados do 80 isto facíase en 25 minutos(velocidad media de 66 km/h); hoxe tardamos
como media para cubri-la mesma distancia sobre 40 minutos(velocidad media de 40 km/h). Polo tanto a
distancia non aumentou, pero si que o tempo que tardamos, polo tanto a
velocidade é máis baixa,... todo isto é consecuencia da gran cantidade de
vehículos que transitan.
Imos a facer outra comparación. A distancia entre
o aeroporto Saa Carneiro (Porto) ó remate da A28 en Gondarem (Vilanova de
Cerveira) é de 96 km
e tardamos normalmente 50 minutos (velocidad media de 115 km/h). Dende Gondarem
(Vilanova de Cerveira) ata A Guarda hai 20 km e necesitamos sobre 25 minutos para
cubrir esta distancia (velocidad media de 48 km/h).
Claro que hai outros conductores que fan isto en
menor tempo, ou sexa a velocidades máis altas,... que son os mesmos que periódicamente
reciben unha notación de Tráfico, para comunicarlle unha multa, retirada de
puntos do carnet de conducir,... Outro problema que temos nesta estrada de Tui
– A Guarda son os constinuos controis de tráfico mediante cinemometro (radar de
tráfico),...e a cantidade de “premios” que reparten, de tal xeito que hoxe
deben ser poucos os conductores que non fosen agraciados cunha multa por exceso
de velocidade.
Na nosa humilde opinión, o vial entre A Guarda e
Tui é moi necesario; por culpa dunha minoria xa leva +10 anos de retraso,
retraso que seguira en aumento pola crisis económica e a falta de medios
monetarios para seguir coas obras. Se a opción de progreso e de futuro desa
minoria incosnciente é voltar a cabalgar a lomos dun burro, dunha mula, dun cabalo,
viaxar en dilixencia, ou nun carromato,... pois que non conten con nós; pero
pode acontecer que algunha autoridade local no uso da súa cobardia habitual
rematen por facer caso a estes esquizofrénicos, para perxudicar á inmenxa
maioría dos miñotos.
Por sorte a autoestrada do Atántico xa está
rematada, conectada coa autoestrada de Portugal,... e hoxe é toda unha gran
comodidade vixar ata Lisboa, Aveiro, Portimao,... non queremos volver a aqueles
anos dos atascos en Tui, dos atascos en Maia, das colas en Esposende,... ¡¡que
viaxen eles en burro!!
Mirador do Monte Ancos, a 29 de Outubro do 2.013.
Félix Verdugo
Inocente. Maestro y restaurador de armas antiguas; con
taller en Cadalso. (Cáceres; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario