CHANCHONADA 152º
Sen rumbo en Tomiño.
O PP de
Tomiño leva anos desnortado, cousa que ficou en evidencia durante as semanas previas
á campaña municipal do 2.011, cós trocos constantes de cabeza de lista,... Agora
tocalles a Sr. Paula Romeu tratar de evita-lo derrumbe interno que sufre esta
forza política. Boa parte do electorado “escapou” para o BNG, outros como mínimo
non queren saber do PP, os aliados de Centristas de Tomiño deixan a alizan có
PP, pois o rumbo de ambos non son coincidentes,... Semella que o PP de Tomiño é un barco varado na ribeira, que está en
proceso de desguace,... algúns por operarios internos e outros por
operarios externos,... ¡¡Tes un traballo moi duro por diante Paula Romeu!!
Pero para evitar isto hai que centrarse en Tomiño,
nas súas parroquias e nos seus veciños,... menos viaxar por ahí a eventos
pseudo-electorais do PP para autopromocionarse,... Sr. Paula Romeu está vostede
no seu dereito lexitimo a promocionar dentro do escalafón do PP, per sexa sinceira
cós veciños desta aspiración,... pois boa parte dos boletíns informativos do PP
de Tomiño, son follas laudatorias de vostede. En conclusión Sr. Paula Romeu
vostede marcalle un rumbo a Tomiño, pero logo leva vostede outro distinto,...
Logo temos a nosa Sr. Sandra Gónzalez (Alcaldesa
de Tomiño), ¡¡que tempos aqueles
cando estaba na oposición e reclamaba os plenos mensuais!! A mesma
postura dos seus compañeiros do BNG nos concellos veciños cando están na
oposición. Só que agora a Sr. Sandra Gónzalez (Alcaldesa de Tomiño) é quen
goberna, pero o exercicio práctico non é concordante có predicado cando estaba
na oposición. ¿Esqueceu vostede a petición dos plenos mensuais?. Logo certos
plenos extraordinarios para temas importantes, vostede os convoca có mínimo
plazo legal previsto e a horas moi intempestivas,... o fin non é trata-lo tema,
o fin e que non acuda a oposición.
Querida Sr. Sandra Gónzalez (Alcaldesa de Tomiño)
que tempos aqueles, cando estaba na oposición e reclama respeto para os
concelleiros que forman parte da mesma;... agora comportase igual que os seus
predecesores. ¿Cal é a diferencia entre o PP e o BNG?. O pasado martes 15 de Outubro, sentimos noxo, asco e medo, ó
escoita-las declaracións de certo individuo “autodenominado
representate da Plataforma de afectados polas preferentes”; con amenazas ben claras de agresións físicas contra o Sr.
Alcalde do Rosal, amenazas veladas sobre unha posible bomba nos baixos do coche
deste Alcalde,... todo isto acontecía sen que voste, e ningún
concelleiro do BNG mandase calar a este individuo, nin saínse na defensa dun
compañeiro que é Alcalde como vostede,... Semella que aquela imaxe dun BNG non
radical, centrado no nacionalismo galego, en premisas prácticas,... vai
quedando esquecido e aparecen as fórmulas e prácticas “herri-batasunistas” que
tivo o BNG de primeiros dos anos 80,... ¿Lembra vostede isto?
Calar e
consentir estas amenazas e todo un acto de cobardía; pero tamén poder ser un síntoma
de complacencia, o cal sería máis perigoso; pois a mensaxe que se transmite
é que certos cargos políticos do BNG están dispostos a asumi-la eliminación física
dos seus contrincantes políticos. Isto debería ser coñecido polos veciños de
Tomiño; pero moi especialmente polo Sr. Alcalde do Rosal; pois hai quen amenaza,
hai quen cala por cobardía ou simpatía,... e nós non queremos asistir a un
funeral dunha persoa que foi un profesor da nosa época escolar.
Nestes anos de goberno municipal, se hai algo que
destaca Tomiño por riba dos concellos veciños é pola elevada deuda municipal
xenerada en 2.012,... O rumbo do BNG de Tomiño é levalo concello á ruina,
singladura na que van moi avanzados. Pero moito pior é o rumbo político que
leva o BNG de Tomiño, nun rumbo de radicalización do seu mensaxe e prácticas,
que xa entran na zona de antidemocráticas.
Temos ó Sr. Santiago Vergara polo PSOE, traballo
de titáns tentar manter viva una forza política que esmorece no Baixo Miño, coa
excepción da Guarda. Agradecemos o seu esforzo e o da agrupación local de
Tomiño, de por unha avogada para asesorar gratuitamente ós veciños, polo tema
das fianzas cobradas irregularmente nos procesos de segregacións parcelarias.
Sobre os Centristas de Tomiño, despois da “asoación-cooperación”
có PP das pasadas eleccións do 2.011; semella que non foi unha decisión
acertada, nin entendida. Logo da demisión do Sr. José Carlos Vila Costa onde
instaba a mante-la independencia da formación, foi levada a termo fai poucos
meses. Para o único concelleiro quedálle un camiño duro por diante, para a
formación tamén, pois aportou moita dote no matrimonio, e agora no divorcio non
se leva nada. Tanto o Sr. Concelleiro como o Sr. Serafín Rodríguez Barreiro
teñen unha dura tarefa por diante. Lembren
que rectifica-los erros é un signo de sabiduría.
Sr. Santiago Vergara, Sra. Paula Romeu e ó Sr. Concelleiro
de Centristas non está mal o seu traballo, pero hai que prestar máis vixiancia á
deriva ideolóxico-práctica que levan os membros do BNG de Tomiño, para alertar á
poboación. Teremos que estar atentos, moi atentos ó que acontece en Tomiño.
Mirador do Monte Ancos, a 22 de Outubro do 2.013.
Juan Luís Toro
Bravo. Director del Balneario “El Hidrocálido”, en Vereda de Aguascalientes (El
Rosal; Departamento de Cundinamarca; Colombia)
En 15/10/13 asistí a el pleno del concello de TOMIÑO, en el cual se debatieron diversos temas vamos lo típico de cualquier concello en un pleno normal, digo yo, hasta aquí todo bien, el tema es cuando llega la ultima moción que por casualidad la defiende el pp y está relacionada con el terrorismo; aquí es cuando se arma la gorda un individuo, conocido por la alcaldesa “al que vamos a llamar fulano” empieza a increpar a la portavoz del pp diciendo: “que hasta aquí hemos llegado que el pleno se acabo porque lo digo yo, que aquí los terroristas sois vosotros” a lo cual la alcaldesa, así como cansada de repetirse una y otra vez apenas sin ganas le recrimina diciendo textualmente “ fulano no te preocupes que no se le va a probar la moción deja que la expongan total por nuestra parte no se va aprobar los demás verán lo que deben hacer.”
ResponderEliminarEl tema es que después de un buen rato de insultos, de tira y aflojas, de amenazas…etc en aquel salón de plenos no apareció la policía local, guardia civil ni ningún agente del orden público o alguien que se le pareciese y todo esto ocurrió con el beneplácito del equipo de gobierno del BNG que por casualidad estaban haciendo APOLOGUA DEL TERRORISMO al menos a mi pobre entender.