CHANCHONADA 57º
Un alcalde tramposo.
No noso bar-parroquia; dende fai varios anos,
tódolos venres un grupo de amigos xúntase a xoga-la súa partida de subastado.
Máis ou menos as regras de xogo son moi similares na Guarda, no Rosal, en
Tomiño, en Oia,... ¿qué pasaría se
durante a partida alguen sen previo aviso troca as regras para o seu
beneficio?; pois que todos diríamos que é un tramposo, e cós tramposos
ninguen quere xogar. Pero este non é o caso do grupo amigos-parroquianos do
noso bar, son persoas traballadoras, tranquilas, leaís, respetables, de palabra
e para nada tramposos.
Para
tramposo o Sr. Alcalde da Guarda; hoxe vimos no xornal que suspendía o pleno
ordinario que debería ser feito onte venres; para a suspensión do pleno alega
como causa: solidarizarse cós veciños afectados polas preferentes. Todo isto
soa moi ben e moi chulo,... para as persoas sen coñecementos legais, que bó é o
Sr. Alcalde da Guarda. Pero nós temos certos coñecementos legais, para nós é todo un tramposo, por
non dicir algo maís forte. Todos escoitamos algunha vez o seguinte aforismo de
dereito: “o descoñcemento da Lei non exime de cumpli-la”.
A vida
municipal ten como base legal para o seu funcionamento a Lei 7/1.985 (Lei de Bases do Réximen
Local), coñecida como LRBL, e tódolos concellos deben axusta-lo seu
funcionamento a esta norma. Imos a explicar tres cousiñas para que todos
entedamos as “trampas” do Sr. Alcalde da Guarda:
1º) O
artigo 46º, 1 da LBRL dí: “Os órganos colexiados das Entidades Locais funcionan
en réximen de sesións ordinarias, de periodicidade pre-establecida e
extraordinarias,...”. O artigo 46º, 2 A da LBRL di: “As sesións ordinarias terán lugar cada 2 meses,
nos concellos de poboación entre 5.001 a 20.000 habitantes”. O artigo
46º, 2 B dí: “As sesións ordinarias serán convocadas con ó menos 2 días hábil
de antelación”.
2º) O
artigo 21º, 1 C
dí: “correspondelle ó Alcalde
convocar e presidi-las sesións do Pleno”.
Polo tanto como o concello da Guarda ten 10.454
habitantes, de acordo dó artigo 46º. 2 A da LBRL debe face-los seus plenos
ordinarios cada 2 meses. A sesión
ordinaria do Concello debería haber acontecido nos últimos días de Marzo,
comprendemos que estes días por ser coincidentes coa Semana Santa, pois a
citada sesión fose retrasada para a semana seguinte; pero isto non o compartimos, pois xa non se axusta a legalidade.
Pero logo que a data prevista volte a ser retrasada, alegando unha suposta
solidaridade con certos veciños,... ¡isto é aberrante!. Aquí hai unha violación dun precepto legal, a obriga do Sr. Alcalde
era convoca-lo Pleno do Concello dentro do prazo legal que a Lei sinala;
non pode alegar ignorancia do precepto legal, primeiro porque xa ten unha longa
vida como concelleiro e Alcalde dentro da Corporación (+25 anos),... Polo
tanto, o Sr. Alcalde está cometendo unha ilegalidade a sabendas,
ou sexa con intención de facela.
Dentro desta exposición hai outra vía paralela; a Secretaria do Concello ten como unha
das principais funcións velar pola legalidade das decisións que toman os
órganos do Concello. Queremos pensar que a citada funcionaria cumpre
coas súas obrigas, e antes que o Sr. Alcalde tomase esta decisión de ir
retrasando a convocatoria do Pleno, fóra do plazo legalmente sinalado, a
Secretaria do Concello lle advertise da ilegalidade da decisión que ía tomar.
Pero tamén é moi posible, que a titular da Secretaria do Concello fixese
omisión desta advertencia, nin emitise informe xurídico en sentido contrario á
decisión do Sr. Alcalde,... ou sexa que fixo omisión das súas funcións. Se
houbo advertencia previa, a titular da Secretaria actuou correctamente, se fixo omisión, entón tamén está
cometendo unha ilegalidade.
Nós queremos que o Sr. Alcalde e tódolos
concelleiros preocúpense polos problemas dos veciños, é loable a intención de
solidarizarse cós veciños afectados polas preferentes. A actuación correcta sería convoca-lo Pleno e no inicio do mesmo, o
Sr. Alcalde debería ler un comunicado de solidaridade cós veciños afectados
(comunicado previamente consensuado cóa maioría dos concelleiros), e
logo seguir cós asuntos do Pleno. Pois todos sabemos que as sesións do Pleno do
Concello son públicas (artigo 70º, 1 da LBRL). Claro que alguen do público por
exaltación, nervios, por actitudes violentas,... pode interrumpi-lo normal
funcionamento do Pleno, para elo o Sr. Alcalde ten a facultade legal de
expulsar ós que faltan ó respeto do Pleno (artigo 80º, 1 do ROF, Real Decreto
2.568/1.986), para algo están alí varios membros da Policía Local.
Todo o aquí exposto, coa súa base legal é o que
ten feito a Corporación Municipal de Oia, sufrindo as presións dos afectados,
suspendendo a posterior o Pleno,... pero está é a forma correcta de
proceder,... O Sr. Alejandro, alcalde de Oia o fixo ben;
mentras que o Sr. José Manuel Freitas como alcalde da Guarda o fai mal.
Claro que coa excusa de retrasa-lo Pleno da
Corporación para solidarizarse cós veciños,... esta é a intención superficial
da súa proposta, a verdadeira
intención que está soterrada é retrasar e eludi-lo control e fiscalización que
o Pleno debe facer sobre a actuación do Alcalde e do seu equipo. Pero
todo esta actitude é moi bonita de vender cara á galería, eludi-lo control do
Pleno como intención non manifestda, pero seguindo por este camiño está rozando
unha figura de ilicito penal, ou sexa un delito, que é a figura da prevaricación.
3º) Prevaricación, artigo 404º do Código Penal:
“A autoridade ou funcionario público
que, coñecendo a inxustiza, dicte unha resolución arbitraria nun asunto
administrativo,...”. A acción castigada consiste en dictar unha
resolución inxusta ou arbitraria; a inxustiza pode vir tanto polo non respeto
de normas legais (que sería o caso explicado neste texto) como de
procedementos. A resolución administrativa pode ser expresa, ou tácita; o
importante e que teña forza executiva,
é evidente que a non convocatoria ten forza executiva. Só se admite a
culpabilidade por forma dolosa, feita con intención; esta figura tamén admite a
coautoría, a cooperación necesaria e tamén a complicidade.
Estaría ben, que
os concelleiros da oposición no vindeiro Pleno, levasen unha moción de
“reprobación” da actitude do Alcalde. “Reprobación” ven do verbo latino
reprobare que significa non aprobar;
polo tanto reprobar é dicir que algo non acadou a nota satisfactoria buscada. O
bó e satisfactorio era facer unha nota conxunta de apoio e solidaridade cós
veciños afectados polas preferentes, o non satisfactorio (que se reproba) e a
decisión do alcalde de non convoca-lo Pleno ordinario, ó cal estaba obligado
por Lei (artigo 46º, 2 A di: “As sesións ordinarias terán
lugar cada 2 meses, nos concellos de poboación entre 5.001 a 20.000 habitantes”).
¿Quedou
entendido por qué para nós o Alcalde da Guarda é un tramposo?; nós non imos de ronda
polos bares “chimpando” albariño e falando por falar.
Mirador do Monte Ancos, a 6 de Abril do 2.013.
Gabriel Arcángel de Dios. Profesor universitario de
Derecho Internacional en la
Universidad de ACME (Acme; West Virginia; USA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario