CHANCHONADA 62º
Telefónica
e os políticos españois
O outro día nun famoso e prestixioso xornal editado en Madrid, había un interesante
artículo sobre a relación da multinacional española Telfónica cós políticos de
alto rango de diferentes gobernos; estes persoeiros tras deixa-la vida política
activa non van para a oficiña do INEM a face-la tarxeta do paro, a todos lles
aparece un bó posto de traballo en Telfónica, con salario moi por riba dun
operario técnico de alta cualificación, ou sexa moi ben pagados, por non facer
nada.
Na lista de empregados (ou
que foron) temos ó Sr. Luis Solana
(ex político socialista), Sr. Eduardo Zaplana (ex político do PP), Sr. Javier
Paz (ex secretario de las Juventudes Socialistas), Sr. Narcís Serra (ex
vicepresidente en varios gobernos socialistas), Sr. Rodrigo Rato (ex
vicepresidente de varios gobernos do PP),... pero tamén temos a outros
que o seu gran mérito profesional é estar casado con certa Señora de relevancia
pública: Sr. Iván Rosa (esposo de
Soraya Sáenz de Santamaría, vicepresidenta do actual goberno do PP), ou o
“famoso” Sr. Iñaqui Urdangarín.
A lista era moito máis
extensa, exemplos coma estes había un montón. Pero resulta moi curiosa esta
estreita relación entre a Telefónica e os ex altos cargos políticos. ¿Qué
méritos profesionais teñen para ser fichados por esta empresa?; ¿benefician
estes “fichaxes” á imaxe pública desta empresa?, ¿non estará e empresa a pagar “servicios” acreditados anteriormente
vía BOE?. Nós deixamos ahí esas cuestións, pero temos moi claro que có
noso diñeiro non alimentamos a “incompetentes”, dende fai anos que deixamos de
ser clientes da Telefónica.
Queridos lectores, despois de 8 anos de redacción o novo
Plan de Ordenación Urbana da Guarda xa está en máns dos nosos concelleiros,...
De momento nós ainda non tivemos acceso ó mesmo. Pero tivemos a ben
preguntarlle a opinión sobre ese documento a varios profesionais do sector da
construcción e arquitectura. Non imos a entrar en reseñas e comentarios
técnicos e legalistas, pero si no resumo que nos fixo un amigo profesional.
Todos lembramos a famosa
serie dos 80, “O equipo A”; no final de cada capítulo saía a imaxe de “Hannibal
Smith” prendendo un cigarro puro e decido a súa famosa frase: “Me gusta que los planes salgan bien”.
Pois, o documento que acaban de entregar non é un plan, trátase
dunha chapuza, para arranxar varios problemas a conta de perxudicar a moitos
máis veciños; non hai ordenación nin planificación do crecemento
da Vila guardesa, isto deixase nás mans dos promotores e grandes constructores.
Seguiremos tratando de recoller máis información; pero lamentablemente non
sabemos como contactar con “Hannibal Smith”, para que puxese en acción un dos
seus plans, para desface-la desfeita que se aveciña, sobre todo a moitos
veciños e propietarios de Salcidos e Camposancos. Para finalizar certo
profesional do sector da construcción, dixo que este Plan foi iniciado no 2.005 baixo unhas premisas que eran certas
naquel intre de forte expansión do sector inmobiliario e da construcción, pero
hoxe a realidade é totalmente distinta; quen manda é a realidade, polo cal este
é inviable.
Nota: Os membros da redacción deste
mirador estamos moi agradecidos a varios centos de lectores dos últimos días,
entendemos que o tema do San Xerome Emiliani a todos nos implica. Non o imos a
deixar de lado, seguiremos recollendo información e atentos á situación do
mesmo. Grazas de corazón a todos este centos de lectores.
Mirador do Monte Ancos, a 18 de Abril
do 2.013
Umberto Vino Nuevo. Maestro
destilador y enologo de Cajón de Ginebra Grande (Chubut, Patagonia; Argentina)
jejejejejejejejeje
ResponderEliminar