domingo, 28 de abril de 2013

PEOR QUE ANTES


CHANCHONADA  67º

PEOR  QUE  ANTES





            O Consello de Ministros do pasado venrés foi toda unha decepción, definitivamente deste goberno xa non esperamos nada; xa está máis que claro que este goberno non ten ideas nin solucións para encamiñar ó país nun rumbo que o leve lonxe da crisis; xa comenzan a recoñecer que o vindeiro ano será peor, con máis paro,... Apenas fai 8 meses que o Sr. Montoro xa decía que este ano sería o último ano de crisis,... pero nada. Xa está claro que este goberno carece de obxectivos, a súa única expectativa é non perder máis votos, pero non sabe como afronta-los problemas do País. Non merecemos un goberno nin políticos tan cobardes.

            Era no mes de Xaneiro do 2.011; o Sr. Mariano Rajoy aparecia nunha foto na portada de moitos xornais, estaba diante dunha oficiña de emprego, nela había unha longa cola de parados,... o titular da noticia era: “cuando gobierne bajará el paro”. Hoxe, ano e medio despois, a realidade demostra que non sabe como ataxa-los problemas, como ataca-lo paro,... hoxe incluso xa admite que cando finalice o mandato do seu goberno teremos máis paro, que cando colleu o goberno. Tódolos nosos políticos dan a sensación de ter claudicado e rendido frente a crisis.




            ¿Donde están aqueles tempos?, cando os altos cargos do PP dician de si mesmos que eran os “expertos en crear empleo”. ¡Non teñen vergonza ningunha! Non paran de subirnos impostos, cada ano máis, de recortar gastos necesarios, pero os gastos superfluos das Administracións non se tocan, ós mangantes e delicuentes que teñen dentro dos partidos non se tocan,... Hoxe nós non dudamos que estamos gobernados por auténticos ineptos, que levan anos vivindo no país das lambetadas, mentrás condenan ó resto a vivir na miseria, nós a comer basura e eles a comer “chuches”.

            Despois de olla-lo telexornal da noite, está craro que este goberno está “acojonado”, paralizado polo medo i é incapaz de tomar iniciativas; o único dato que teñen certo é que apoiándose na súa maioría absoluta ainda poderán seguir cobrando os seus soldos ata Novembro do 2.015. As previsións apuntan a unha taxa de paro en Novembro do 2.015 do 25,8%, que fica moi lonxe do 21,5% que tiñamos en Novembro do 2.011. Xa hai unha xeración que non ten dúbida que Zapatero foi un mal gobernante, pero esta mesma xeración e algúns maís tamén pensan que Rajoy é igual de malo ou peor. Non pode ser que todo un ministro de Facenda (Sr. Cristóbal Montoro) faga unha aparición ante a prensa e diga: “esta es la realidad,... No podemos hacer más”.

            Si que poden facer algo maís, conxugar na primeira persoa do singular, o presente de indicativo do verbo DIMITIR. Para os nosos políticos o paro non é máis que unha cifra estadística; ¿qué saben eles de estar no paro?, ¿saben eles o que é estar anos sen un traballo?, ¿saben o que é estar anos sen ingresos?, ¿saben o que é vivir das axudas de familiares, amigos, entidades de beneficiencia,...?. Señores estamos chegando a un punto moi delicado, pois quen non ten nada, nada ten que perder, e por unha chispa pode prenderse unha revolta social. ¿Non enten isto?. Señores do PP, PSOE, CiU, BNG, IU,... poñanse as “pilas” e traballen xuntos para soluciona-los problemas; pois se salta a chispa e prende o incendio, son vostedes os que van queimarse nas fogueiras, neses intres de ira e cólera o pobo non mirará carnets.

Mirador do Monte Ancos, a 28  de Abril do 2.013.

Francisco  Jones Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y transporte de crudo de la TEXACO  JONES OIL (CorpusChristi; Texas, USA).






1 comentario:

  1. Dimitir. Esta é unha palabra que non existe no seu vocabulario.
    Son unhos impresentables pero non saen do asento nin a tiros, hai que votalos a patadas, e que non cobren un euro mais, sacarlles todos os privilexios que eles mesmos se puxeron, que devolvan o diñeiro que cobraron xa que non fixeron nado por ganalo e a cárcel con aqueles que cometeron delitos, (malversación, tráfico de influencias, etc.)
    Si non se dá un escarmento seguiran estas sanguijuelas a seguir chupando a sangre do pobo.

    ResponderEliminar