CHANCHONADA 63º
Oportunidades perdidas
Era o ano 1.994, eran as Festas do Alivio e o Sr. José Luis Fernández Lorenzo (Alcalde de Tomiño) inauguraba con gran parafernalia a “ESCOLA de BOMBEIROS”; unha obra que tivera un custe de 200.000€ procedentes de fondos europeos. Pero que nunca funcionou como “ESCOLA de BOMBEIROS”; pois pouco despois o Concello de Tomiño acorda cederlla á Concesellería de Agricultura, para que a use como sede operativa dos guardabosques do Baixo Miño. Con esa cesión o Concello non fixo un uso real dunha inversión feita con fondos europeos,... Isto é normal nos nosos concellos galegos, facer obras con fondos europeos que logo rematan sen uso, ou adicadas a outras cousas distintas,... o importante e face-la obra, inaugurala antes das eleccións, sair en moitas fotos, publicitala na campaña electoral e logo pasado o tempo, o pobo esqueceu todo, e ninguen lembra nada.
17 anos despois, unha Asociación a favor da unificación municipal, propoón a varios concellos do Baixo Miño facer un consorcio conxunto entre eles, para crear un grupo de bombeiros estable que preste os seus servicios ós concellos de Oia, A Guarda, Rosal e Tomiño. Xa sabemos o atentos que están os nosos gobernantes ás necesidades dos nosos veciños; pois a citada iniciativa dorme nos caixóns dos despachos dos nosos alcaldes (onde acaban tódalas cousas que van estudiar, que é a forma que teñen de dicir que non van a facer nada). Polo que nós sabemos o único realmente interesado foi o Sr. Alcalde de Oia, para os demais é moito máis importante a foto no Faro de Vigo que poñer un bó servizo ós veciños.
O outro día un concelleiro de Oia con toda amabilidade, fixonos entrega dun documento da Xunta de Galicia: “Mapa de emerxencias de Galicia – Grupos de emerxencias supramunicipais 2.013”. Neste citado documento, a Xunta de Galicia pon como base operativa dun destes grupos de emerxencias supramunicipais (GES) ó Concello da Guarda, para que o citado GES preste os seus servizos ós concellos de Oia, Rosal e Tomiño.
Polo tanto a Xunta de Galicia, neste documento oficial, dálle a razón á citada Asociación veciñal, deixando en evidencia a nulidade de Sres. Alcaldes que temos. A cousa que nos vemos é moi clara, temos uns gobernantes nos nosos concellos que non teñen visión de futuro, non son capaces de tomar iniciativas de cooperación entre os nosos concellos para prestar servizos ós nosos veciños. Coa proposta da Xunta, que recolle moitas das propostas da Asociación Veciñal, os miñotos teriamos:
1º) Un servizo de emerxencias e bombeiros operativos ás 24 horas, durante os 365 días do ano.
2º) O servizo de emerxencias e bombeiros cubrirá ós concellos da Guarda, Oia, Rosal e Tomiño.
3º) Distribución racional do recursos materiais e humáns.
4º) Estructura profesionalizada.
5º) Compartir gastos, servizos, medios materiais, personal, medios técnicos,...
De momento, temos un escaso e precario servizo de emerxencias que atenden ós nosos concellos; pero con medios técnicos e materiais moi escasos; as necesidades de persoal están moi por debaixo do mínimo operativo,... Pero sobre todo, os custes recaen en exclusiva sobre o Concello da Guarda, mentras os outros gobernantes poñen en práctica a política do “gorrón”. Atendan a este consello Sres. Alcaldes: “incluso o mellor anfitrión remata por aborrecer a un gorrón”. ¿Qué houbese pasado se aquela “ESCOLA de BOMBEIROS” houbese funcionado como tal?; probablemente dende fai anos xa teríamos un servizo mancomunado de bombeiros, moitos mozos de Galicia acudirían a Tomiño a formarse como bombeiros, outros acudirían a facer cursos especializados,... Pero nada de nada, aquí os nosos gobernantes saben como estraga-las oportunidades de futuro e progreso para as nosas localidades, pois a única preocupación que teñen e cobrar a fin de mes o bó salario que se auto-asignan a si mesmos.
Mirador do Monte Ancos, a 20 de Abril
do 2.013
Jean Jacques Partie Jolie (“Xan Iago Festa Bonita”. Promotor
de conciertos, residente en la
Villa de Gorron
(provincia de Mayenne, Región del País del Loira; Francia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario