CHANCHONADA 58º
Paro en Marzo 2.013.
Datos do desemprego de Marzo do 2.013;
o estudio que facemos nos catro concellos, pecha o mes de marzo cun saldo +35
desempregados, case que un tercio son de Tomiño.
A Guarda
en Febreiro de 2.013 = 1.074 parados
(Homes 527 e Mulleres 547)
Menores
de 25 = 71 (Homes 28 e Mulleres 43)
Entre
25 e 44 = 588 (Homes 284 e Mulleres 304) (54,75% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 415 (Homes 215 e Mulleres 200)
Agricultura
= 155
Industria
= 148
Construcción
= 147
Servicios
= 550 (51,21% do total de desempregados)
Sin
emprego = 74
Na
Guarda o paro sube en 6 persoas, a maior aportación de parados é do grupo de +45
anos. Os sectores que aportan subidas, +5 na agricultura, +3 na construcción e
+3 no grupo de sen emprego anterior; crea 4 empregos a industria e 1 nos
servicios. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,56%,
pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +3,68%, con +38 parados.
Nós nosos datos históricos, o paro na Guarda está en máximos
históricos, no que vai de ano xa temos 12 parados máis. Coas
saídas dos mozos que emigran, fai que os grupos de idades superiores a 25 anos,
sexan o 93% do total.
O Rosal en Febreiro de
2.013 = 825
parados (Homes 420 e Mulleres 405)
Menores
de 25 = 62 (Homes 33 e Mulleres 29)
Entre
25 e 44 = 396 (Homes 204 e Mulleres 192)
(48% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 367 (Homes 183 e Mulleres 184)
Agricultura
= 113
Industria
= 136
Construcción
= 168
Servicios
= 363 (45,96% do total de desempregados)
Sin
emprego = 45
No Rosal
o paro sube en 9 persoas, a maior aportación de parados é do grupo de +45 anos.
Sube no sector en +10 agricultura e pesca, sube en +9 na industria, sube en +6
na construcción; hai unha creación de 12 empregos de nos servicios, tamén baixa o paro no sector
de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +1,1
pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +6,04%, con +47 parados.
Nestes meses de 2.013, o desemprego no Rosal xa leva subido en 20 persoas, ó igual que na Guarda tamén xa comenzan
a notarse os efectos dos mozos que emigran; pero o nivel ce crecemento
do desemprego é superior ó da Guarda.
Oia en Febreiro de 2.013 = 394 parados (Homes 219 e Mulleres 175)
Menores
de 25 = 33 (Homes 24 e Mulleres 9)
Entre
25 e 44 = 214 (Homes 117 e Mulleres 97) (54,31%
do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 147 (Homes 78 e Mulleres 69)
Agricultura
= 48
Industria
= 48
Construcción
= 75
Servicios
= 188 (48,32% do total de desempregados)
Sin
emprego = 35
En Oia o
paro sube en 7 persoas, a maior aportación de parados é do grupo de +45 anos.
Sube o paro en tódolos sectores, +1 agricultura, +4 industria, +3 construcción
e +1 servicios; só baixa en 2 persoas o grupo de sen emprego anterior. Respecto
ó mes anterior o paro sube un +1,8%, pero o diferencial dos
últimos 12 meses, o paro sube un +9,14%, con +33 parados. No
nosos datos, isto é un máximo histórico nos datos
do paro en Oia, no que vai de ano xa temos 33 veciños máis en
desemprego; os sectores económicos en Oia son incapaces de xerar emprego, isto
notase que nos últimos 12 meses o nivel de crecemento do paro, foi case que o
triple que na Guarda; en conclusión, o
paro en Oia está crecendo a un ritmo moi forte nestes últimos anos.
Tomiño en Febreiro de 2.013 = 1.897 parados (Homes 946 e Mulleres 951)
Menores
de 25 = 187 (Homes 97 e Mulleres 90)
Entre
25 e 44 = 919 (Homes 453 e Mulleres 466)
(48,44% do total de desempregados)
Maiores
de 45 = 791 (Homes 396 e Mulleres 395)
Agricultura
= 194
Industria
= 290
Construcción
= 375
Servicios
= 884 (46,6% do total de desempregados)
Sin
emprego = 154
En
Tomiño o paro sube en 13 persoas, as subidas afectan a tódolos grupos de idade.
Baixa o paro con 16 empregos na construcción; os demais sectores aportan
parados, +13 na agricultura, +4 na industria, +5 nos servicios e +7 en sen
emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +1,34%. Sen discusión algunha, Tomiño ten a peor
situación no referente ó desemprego.
Dos
catro concellos, todos presentan
subidas, seguen a ser notorias as de Tomiño; neste mes, podemos dicir que
1/3 dos parados son de Tomiño; mentras
que a menor subida é da Guarda. Comenzan a ser preocupantes os datos
dos que teñen +25 anos, sobre todo o grupo de +45 anos, pois moitos deles son
parados de longa duración (+2 anos); na Guarda xa comenzan a notarse os datos
dos mozos que emigran, non hai datos certos, pero ollando as estadísticas nós
contabilizamos dende 2.010 unhas 310 saídas de mozos; pero as estadísticas do
Mº de Traballo, non recollen este apartado. Neste intre Oia e A Guarda ten o seu desemprego en máximos históricos, e
o conxunto formado por Oia, A Guarda
e Rosal tamén teñen o dato en máximos históricos; neste intre
entre os tres concellos temos a 2.293 veciños en desemprego (+118 respecto a Marzo
do 2.012). Preocupantes, xa son os datos do
desemprego en Tomiño, lembremos que ten unha poboación similar a
da Guarda e Oia xuntos, pero rexistra un +30% de paro.
Ante
un problema podemos facer dúas cousas, non facer nada ou poñernos a traballar
para solucionalo. O 5º axioma da Lei
de Murphy di: “cando os problemas deixanse ó seu aire, sen facer nada; sempre
van de mal en peor”. Pois vai sendo hora que os gobernantes dos nosos
concellos traballen para solucionar este grave problema. En Oia e Rosal de
momento non temos coñecemento de iniciativas; hai unha iniciativa para facer un
plan de emprego en Tomiño, xa urxe poñe-la en práctica; na Guarda a concelleira
de Converxencia levou unha inicitativa similar en Novembro do 2.012,... pero
ainda está sobre a mesa en fase de estudio. Se os concelleiros da Guarda queren
estudiar, nós estamos dispostos a ofrecernos como profesores. A día de hoxe, a mellor política social e tentar
resolve-lo problema do desemprego.
.
Mirador do Monte Ancos, a 9 de Abril do 2.013.
Miguel
Mato Mucho. Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso
Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario