CHANCHONADA 66º
PROMESAS DO
2.011
Xa levamos case que dous anos de lexislatura municipal; imos a recolle-las
frases máis interesantes que os hoxe concelleiros, ou alcaldes tiñan a ben
dicir aló polo mes de Maio do 2.011; pero imos
a centrarnos nas que temos como referencia sobre as custións económicas,
fiscais, laborais, comercio, industria,... nos nosos concellos.
Para comenzar imos a face-lo con suavidade, premio á inocencia e candidez,... o escollido nesta
categoría é o noso ben apreciado: Sr. J. Miguel Giráldez Martínez, concelleiro
do BNG en Oia: -“Oia ten que teer
esperanza no futuro”; é un gran desexo que nós tamén queremos,... pero
a realidade é moi terca e hoxe sabes que este fermoso desexo está cada día máis
lonxe. “Oia ten mar e monte, un mosteiro único en Europa, os curros, as pozas,
unha riqueza paisaxística impresionante,...” Non temos
dúbidas querido Miguel que tes alma de poeta, pero todo
isto por sí só non xenera emprego, nin postos de traballo,... ¡Hai que ser máis
prácticos!, tes que demostrar que unha licenciatura universitaria en xestión
empresarial da para máis que facer fermosos sonetos. “algo se ten que estar facendo mal dende o goberno municipal, para
estar na situación de atraso que temos con respecto ós concellos veciños”.
De acordo con esta conclusión, pero Oia leva facendo as cousas mal dende fai
moitos anos,... Equivocarse é de humanos, manterse nos erros é de tontos e
rectificar os erros é de persoas sabias. Pero Miguel, lee o que está a seguir,
e xa entenderás parte dos problemas de Oia.
Logo temos o premio á mente en
blanco, esas persoas que realmente non teñen unha idea, nin proxecto
sobre a materia enquisada; premio compartido pola Sra Fátima Iglesias e
Alejandro Rodríguez (membros do PP da Guarda e Oia). Boa parte do traballo no
concello é administra-los diñeiros dos veciños, facer inversións para
mellora-la vida e oportunidades,... Tomando un exemplo moi mariñeiro, que todos
entenderemos: cando un non sabe a
donde ten que ir, entón non sabe que rumbo ten que marcar e ningún vento lle é
favorable; e o único que
sabe facer e ir a remolque dos demais.
Temos un premio á “moviola” (repetición
da repetición); este é un premio moi compartido, todos os seguintes
señores coinciden na proposta, ó igual que xa coincidirán na mesma proposta no
ano 2.007 e 2.003. A proposta repetida nestes 8 anos
é: ¡¡facer un poligono industrial na Guarda-Rosal!!”. A este
premio acceden os señores Luís Giráldez (PSOE do Rosal), Jesús María Fernández
(PP do Rosal), Alberte Alonso (BNG do Rosal), José Manuel Dominguez Freitas
(PSOE da Guarda), Beatriz Estévez (Converxencia Galega da Guarda) e Xan Lois
Lomba (BNG da Guarda). Señores se todos vostedes coinciden nesta necesidade
(que nós tamén coincidimos), ¿¿por qué non traballan duro para leva-la
adiante??
Temos un premio patrocinado por
ACIGU, para aqueles concelleiros que se inspiran nas fermosas frases
que a Sra. Carmen García Braga nos delita no Faro de Vigo; frases como: “planes
de apoyo al pequeño comercio local”, “planes de dinamización del comercio
local”,.... Este premio é compartido polos señores Alberte Alonso e Xan Lois
Lomba (BNG do Rosal e A Guarda). Para ser un partido radical de esquerdas, con
bases marxistas-leninistas están moi inspirados pola patronal do comercio local.
¿Qué coincidencia máis extraña?
Logo temos un premio á innovación;
con isto imos premia-la iniciativa nova, a que aparece por vez primeira nas
promesas electoraís dos nosos concelleiros, polo tanto hai imaxinación e moi
seguro que nos vindeiros folletos de promesas electoriais do ano 2.015
aparecerá recollida por todos. A premiada e a Sra. Beatriz Estévez
(Converxencia Galega da Guarda), a
inovación proposta é un plan de aforro nos custes enerxéticos municiapis;
é a primeira vez que atopamos esta proposta, pero coñecendo o material
intelectual dos nosos políticos necesitarán estudiala durante moitos meses.
Temos un premio ó mellor titular
ou frase valeira de contido; non foi dificil colle-lo gañador, o
verdadeiramente dificil foi escoller unha frase, dada a cantidade de frases
fermosas pero valeiras de contido que nos regalou no mes de Maio do 2.011 no
Faro de Vigo: “hai que prepararse
para cuando acabe la crisis”, prepararse para que, ¿para emigrar?,
¿para retornar da emigración?,... “é
fundamental levar a cabo políticas que fomenten o emprego”,... pero
logo o agraciado con este premio leva trocado de prioridades,... O premiado é o
Sr. José Manuel Dominguez Freitas (PSOE da Guarda), ten como prioridades tantas
cousas que realmente non se centra en níngunha; cando lle presentaron unha
proposta de facer un Plan de Emprego local no 30 de Novembro do 2.012, o tema
xa non era prioritario e deixouno estar sobre a mesa para estudiar.
Acabamos có premio á metedura de pata; entendemos que os nosos políticos
en plena campaña falan, falan,... e poden cometer erros,... Era o Martes 10 de Maio de 2.011, lugar a
escola da Poza en Camposancos, o BNG da Guarda facía un dos seus
mitíns,... e o cabeza de lista por esta formación nos prometía os seguinte: “Para o BNG é prioritario que o Concello
colabore coa Conselleria de Vivenda para que o Poligono Industrial da Guarda sexa unha realidade no 2.009”. ¡¡¿¿??!! Ficamos coa boca aberta e alelados; se estamos
no ano 2.011, e ainda non se comenzaron as obras, ¿cómo vai estar feito o
poligono xa dende fai dous anos?, ¿ou está feito e nós sen enterarnos?,... ¿ou
por un desliz quere dicir que o BNG promete que o poligono estará feito no ano
2.019?,... Xan Lois un consello as promesas fanse para que sexan realidade nun
futuro, pero non para ser cumpridas no pasado, pois o pasado non se pode trocar.
Mirador do Monte Ancos, a 26 de Abril
do 2.013
Fernando Idea
Cuadrada. Profesor universitario de Teoría Política en la Universidad de Arroyo
del Cabrón (Zamora; España)
Estimados señores (Chanchones) coincido con ustedes e que se debería de premiar a todos estos políticos, haber si por lo menos les suben los colores. Creo que ni ellos mismos muchas veces creen ni se enteran de lo que dicen, tal es su costumbre de hablar por hablar que solo quieren que sea bonito aunque no venga a caso. Lo peor de todo es que nosotros los votantes tampoco escuchamos, votamos por inercia, (una gran mayoría), así nos va. Pero ante todo creo que todo el mundo merece una segunda oportunidad para poder corregir lo mal hecho. Sin embargo nadie se desdice ni rectifica. No nos merecemos esta clase política que solo escucha a sus amigos y no hacen nada que no les dé intereses políticos u económicos. El político debe ser vocacional, y no buscar lo económico, pues lo primero que dicen es que no van a ocupar el cargo ganando menos o igual que lo hacían en su puesto de trabajo anterior, por eso se suben el sueldo nada mas ocupar el cargo. Señores nadie les pide u obliga a que se presenten, al contrario, algunos le pediríamos todo lo contrario, váyanse para sus respectivos y antiguos trabajos, que mejor nos iría a todos. También quiero decir que debe haber en todos los partidos gente honesta y legal, lo que pasa es que esos no llegan a los cargos, precisamente por eso, y también estoy convencido de al contrario del dicho, NO TODOS SON IGUALES, por nuestro bien esperemos que sea así y algún día podamos ser gobernados por esos políticos honestos y honrados, que aunque tengas sus errores (como todo ser humano) no tengan problema de reconocerlo y corregirlos. Y a los demás CAÑA, CAÑA, CAÑA.
ResponderEliminarGracias y hasta la próxima.
Fdo: El de la movilidad exterior