CHANCHONADA 59º
O recibo da auga
O outro día có tema da auga, os membros deste
mirador queríamos ser camposinos, pero non por facer máis grande a parroquia da
Visitación de Camposancos; o que queremos é paga-lo mesmo prezo pola auga que
os nosos veciños de Camposancos; non ten sentido, nin
xustificación algunha que os veciños da Guarda e Salcidos paguemos un +28% polo
mesmo servicio de suministro municipal.
Hoxe toca clase de aritmética, polo tanto hai que
facer contas, traballar cós números e facer unhas sinxelas operacións
matemáticas,... queremos que os nosos amigos lectores poidan facer eles mesmos
os calculos matemáticos para verifica-la certeza do recibo da auga. Este é un tema que a maioría dos nosos
concelleiros non saben calcular (temos a certeza positiva que as Sras
Monteserrat Magallanes e Beatriz Estévez saben face-los cálculos); pero aquí
imos dar unha clase gratuita para todos aqueles que queiran aprender.
O recibo da auga componse de tres apartados, imos
a denominalos: A, B e C.
A) Trata do consumo da auga,
medido en metros cúbicos (1 metro
cúbico = 1.000 litros), en base á lectura que fan do
noso contador; pero non pagamos polos metros cúbicos consumidos, senon pola
cantidade superior do tramo no que está dividida a tarifa. Cantidade de auga
consumidad (Z), valor superior do tramo de consumo (Y); do cal obtemos a
seguinte fórmula:
[Y x 0,90€]x 1,10
= cantidade A
O prezo do metro cúbico é de 0,90€, sobre o que
hai que engadir un IVA do 10%, por iso na fórmula multiplicamos todo por 1,10.
O inxusto deste sistema de tarificación por tramos, é que
todos pagamos por unha cantidade de auga que non consumimos; é
como ir á gasolinera por 15€ de combustible e pagar 20€.
B) Aquí temos o canon de saneamento,
que é unha cantidade fixa que ten un valor de 0,89€; pero esta cantidade ten un
IVA do 21%; polo cal obtemos a seguinte fórmula:
[0,89€
x 1,21] = 1,21€ = cantidade B
O inxusto deste sistema do canon de saneamento é que
todos pagamos a mesma cantidade de auga, independentemente da auga que
consumimos; o máis lóxico que este canón estivese en función
directa da auga consumida; así deste xeito beneficiase a quen máis consume e
derrocha.
C) Isto é un novo imposto inventado pola
Xunta de Galicia (Decreto 13/2.012, publicado no DOG do 22 de Xuño do 2.012);
que obriga ós concellos galegos a cobrarllo como un recargo sobre os veciños e
logo ingresalo nas contas da Xunta. Moi ocupados debían esta-los membros do
goberno municipal para non explicar este novo imposto ós veciños. Este tributo
está formado por unha parte fixa e outra varible en función do número dos
residentes da vivenda:
Parte fixa= 1,50€ ou 4,50€ Parte variable = 1,50€ ata 14,58€
A suma das dúas compoñentes = cantidade
C
O inxusto canon da Xunta é que resulta ser un imposto
encuberto, e por non facer nada; pero ó final supón, unha suba do prezo final que pagamos que
ronda unha media do +15%. Ós cidadáns recortannos os servizos, baixan
os salarios, pero os impostos suben como foguetes.
O prezo final que pagamos = A + B + C
Antes
de tirarlles das orellas ós nosos gobernantes do Concello, os membros deste
Mirador recomendamos ós nosos lectores e veciños que se acheguen ó Concello ou
ás oficiñas de tributación municipal (mellor a esta pois as empregadas son
competentes e moito máis atentas que as funcionarias do Concello), e ali pregunten polas bonificacións que ten o imposto da Xunta:
vivendas con +3 residentes, familias numerosas, familias en situación de
exclusión social. Os trámites son sinxelos e non se tardan +5
minutos en facer catro xestións e enche-lo formulario.
Señores
concelleiros de babor, estribor, proa e popa,... ¡¡Non é xusto
cobrar por unha auga que non consumimos!!, pero isto xa ven de
fai anos, debe ser que tanto o PP, PSOE e BNG están de acordo. ¡¡Non é xusto que os veciños de Salcidos e da Guarda
paguemos un +28% que os veciños de Camposancos!!, pero isto xa
ven de fai anos,.... ¡¡Non é xusto que quen menos
consume pague o mesmo que quen derrocha auga no canon de saneamento!!,
pero isto xa ven de fai anos,...
En
conclusión, o actual sistema de
tarificación do suministro de auga municipal do Concello da Guarda está
planificado para perxudicar a quen menos consume: viendas de viuvas e
xubilados, vivendas de parellas, pequenos comerciantes,... Gostarianos oir
voces que traballan por unha reforma deste sistema, pero moi especialmente a da
Sra. García Braga, pois este sistema perxudica ó pequeno comercio local,... ¿ou
non lle preocupan os comerciantes da Guarda? Moitas veces pensamos que os cidadáns falamos un idioma distinto ó
dos políticos.
Mirador do Monte Ancos, a 11 de Abril do 2.013.
Johannes Freitag
Feierabend (“Juan Viernes Tiempo libre”).
Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla
(Baja Austria; Austria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario