jueves, 30 de octubre de 2014

Pares escorantes

CHANCHONADA 331º
Pares escorantes.


Das clases de física, na época de bachilleres todos aprendimos o que era o “centro de gravidade” de calquera corpo. Este concepto ten aplicacións prácticas en diferentes ramas da ciencia, ou da enxeñería. Na enxeñería naval, nas condicións de estabilidade transversal de un buque, estudianse duas posición relativas, a do centro de gravidade, e a do metacentro (punto onde se exerce a flotabilidade en función da escora transversal); en funcións desas posicións relativas teremos tres situacións básicas:

A) Estabilidade: coa escora do buque, o metacentro está por riba na vertical da situación do centro de gravidade, nestes caso hai pares adrizantes.
B) Estabilidade indiferente: coa escora, fai que metacentro e centro de gravidade coincidan no mesmo lugar, non hai pares adrizantes. É o caso dun balón frotando na auga, o seu equilibrio é indiferente, por iso ó situarlle un peso en riba, xira para desfacerse do mesmo e voltar a recupera-lo equilibrio indiferente.
C) Estabilidade negativa: cunha escora tal, que o centro de gravidade astá por riba na vertical do metacentro; non hai pares adrizantes,.. o buque sigue aunmentando o ángulo de escora ata volcar.


Por isto, nos buques sempre hai que buscar mante-lo centro de gravidade no punto máis baixo posible; para elo sitúanse os pesos nos lugares máis baixos: salas de máquinas, tanques de combustibles, cargas máis pesadas, tanques de lastres,...


¿A que ven todo isto?. Pois que na vida municipal, tamén hai un “centro de gravidade” que son os funcionarios (municipais e de habiliatación nacional) e forzas escorantes: a loita dos partidos políticos da oposición e goberno; pois uns tentan escora-lo barco na súa dirección, e outras na contraria. A Lei 30/1.992 de Procedemento Administrativo, no seu artigo 3º.1 sinala o “Principio de boa fe” de actuación das partes; pero a experiencia na administración municipal demostra que este principio non se cumpre.


Por exemplo, cando un grupo político de xeito sistemático e reiterado presenta mocións fóra de prazo, usando e abusando da figura da “moción de vía de urxencia”. Cando ollamos que o tema de fondo non hai urxencia, e o realmento buscado é un efecto sorpresa para lograr un certo protagonismo teatreiro no Pleno. Aquí estase a incumplir có “Principio de boa fe”. Os nosos lectores deben saber, que antes de celebrar un Pleno, existe a reunión dunha comisión de asuntos plenarios, onde se acordan os temas para o seguinte Pleno; esta reunión ten lugar normalmente 48 horas antes do Pleno. Polo experiencia profesional, sei que a inmensa maioría destas “mocións de vía de urxencia”, non teñen tal urxencia, e o verdadeiro fin é buscar un protoganismo de certo grupo político.


Outros exemplos de par escorante, pero esta vez feito dende o goberno municipal que vulnera o “Principio de boa fe”, normalmente aquí hai un repertorio maior. Un dos máis usuales é entregar documentación ó Servicio de Secretaria, para que a poña a disposición dos grupos da oposición, claro que sen tempo material para o estudio da mesma, entregase con 24 horas de antelación ó Pleno,... Buscar tratar asuntos importantes en períodos vacacionais,...


Pola experiencia profesional, podería decir que o par escorante de goberno municipal máis grave é o referido ó “dereito de información dos membros da Corporación municipal”, amparado polo artigo 14º do ROF. O caso máis usual en caseque tódolos concellos é opoñer obstáculos ó exercicio deste dereito, ou nega-la documentación,... o que se busca é que os membros da oposición non teñan información, e isto é directamente unha total ocultación da mesma, o que se busca é dificulta-la labor de fiscalización da oposición.


No medio de todos estes pares escorantes da oposición e do goberno municipal estamos os funcionarios do concello. As veces hai que facer verdadeiros equilibrios, outros claudican e seguen o rumbo marcado polo goberno municipal. O problema, está nos políticos locais, pero tamén nunha serie de normativa legal que está mal feita e obsoleta, que na maioría dos casos nunca se respeta.


Mirador do Monte Ancos, a 30 de Outubro do 2.014.

Carlos Fuentes Secas. Profesor de Ingenieria de Minas, en la Universidad Politécnica de Fuentesaúco de Fuentidueña (Segovia; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario