domingo, 5 de octubre de 2014

Loitando contra o paro

CHANCHONADA 318º
Loitando contra o paro.



Os persoaxes de ficción Mortadelo e Filemón, comparados cós nosos gobernantes son persoas moi serias. Fai unhas semanas, houbo unha reunión técnica en Helsinki (Finlandia) para “aprender a implantar un plan comunitario de garantía xuvenil”. Onde paises como Austria ou Finlandia ía expoñe-las súas experiencias exitosas na reducción do paro xuvenil.

Un tema interesante para aprender,... lamentablemente non asistíu ningunha delegación española, e iso que temos a maior taxa de desemprego xuvenil, de toda Europa. Con isto, o que demostran os nosos gobernantes é a total falla de interes en solucionar este problema tan grave,... ¿para qué ía asistir unha delegación española?. Alemania con só 7,8% de paro xuvenil manda unha delegación,... i España cun 53,8% desprecia o tema. ¡¡¿¿??!!

Cada un que pense o que queira,... para nós é todo un despropósito e unha falla de respeto á tódolos xoves parados que hai en España.


Técnicamente definimos paro de longa duración, como a situación de desemprego superior a 12 meses continuados. Podemos falar dos millóns de persoas que en España están nesta duración, que xa teñen esgotadas as prestacións,... Pero imos a expoñer outras cousas sobre esta situación que son moi preocupantes, que silencian os nosos políticos e sindicalistas profesionais.

1º) Efectos persudicais sobre as propias persoas afectadas:

1A O tempo adicado a buscar emprego cae dun xeito drástico despois dos 12 meses.
2A A imaxen que a persoa ten de si mesma empeora,... comenza a sentirse como inutil, culpable da súa propia situación,...
3A Comenzan a xenerarse problemas sicolóxicos.
4A Desgradase como capital laboral, sendo suceptible de abusos laborais.
5A Entrase na zona de pobreza, exclusión social e marxinalidade.

2º) O elevado número de desempregados de longa duración é usado por empresarios como unha coartada para reducir salarios, empeorar condicións laborais,... E algúns sindicalistas profesionais, tamén avalan este xogo sucio e coercitivo.

Dende fai tempo, os parados de longa duración son ocultados como meros datos estadísticos, e eles representan +50% dos parados que temos,... Se seguimos por este camiño, estamos condenando a +2.700.000 persoans á miseria, a ser excluidos do mercado de traballo, a ser mendigos, a facer cola para obter unha comida nun comerdor social,... e con eles están as súas familias,... Imos a poñer na mendicidade ó 11% da poboación de España.

O Goberno, o PP, PSOE, BNG, CiU, PNV, sindicatos, empresarios,.... ¡¡¡TODOS!!! debemos de deixar de facer parvadas e facer fronte ós problemas, con valentía, par afrontar este terrible problema social que temos enriba, con medidas que faciliten a contratación deste numeroso grupo social.

O nosa sociedade non se merece este problema, pero támpouco merecemos a estes gobernantes e dirixentes que non atenden ós problemas das persoas,... e só ollan para os seus asuntos.



Mirador do Monte Ancos, a 5 de Outubro do 2.014.
Delmiro Paz Sacrosanta. Director de Producción, de la fábrica de ataudes, “El Descanso Divino” (Ciudad de Cementerio, Departamento de Curicó; Chile).




1 comentario:

  1. Ribadavila independiente Xa10 de octubre de 2014, 12:31

    Estimado Delmiro Paz Sacrosanta y demás colaboradores de su blog… llevo tiempo siguiéndoles atentamente… y su ingenuidad llena mi asombro…
    Si ustedes creen que el problema del paro, en este país lo van a resolver los políticos, a cualquier nivel, es que ustedes creen en los angelitos. Ya bastante preocupación tienen ellos en mantener sus puestos de trabajo (poltronas) como para preocuparse de los problemas de los demás.
    Una de las máximas de nuestros políticos, tanto de derecha, de centro como de izquierda, y sobre todo los de izquierda, es EL REPARTO DEL TRABAJO.
    Pues bien, hace unas semanas atrás, paseando por Goian, veo en el cielo goianes una grúa de obra. Ante tal sorpresa encamine mis pasos hacia ella. Cuando me acerque pude comprobar que era una obra nueva y no uno de esos esqueletos varados en nuestras ciudades por la crisis del ladrillo. Con suma curiosidad me puse a leer el cartel de obra… Mayor sorpresa, una obra oficial, de la Xunta. Pero mayor sorpresa fue ver quién era el aparejador de la misma. Un funcionario del Concello de O Rosal. A esto le vengo a decir que tanto los responsables de la Xunta como del Concello de Tomiño, contratan a un trabajador, que tiene contrato a jornada completa en vez, en esa demagogia del reparto del trabajo, un aparejador que este en el paro… Ver para creer

    ResponderEliminar