miércoles, 22 de octubre de 2014

O silencio dos cordeiros 1º

CHANCHONADA 327º
O silencio dos cordeiros 1º.


O xoves da semana pasada, ollabamos as seguintes noticias no “infogauda” que estaban conectadas entre si: Converxencia Galega solicitaba a recusación do aparellador municipal do Concello, no proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de Salcidos; e logo viña outra, onde decía que o Concello viña de aceptar esa recusación. Dende logo o texto da solicitude de Converxencia era moi técnico, cheo de formulismos legais, e a resposta do Concello igual; resultaban incomprensibles para a inmensa maioría dos lectores.

Pero moitos lectores despois de olla-la noticia, non rematan de entender que é iso da recusación, e outras cousas; o entendemos, non todo o mundo ten formación en dereito, e moito menos na rama que é o Dereito Administrativo. Imos a tratar de explicar isto, para que os nosos lectores o entendan.

No Dereito Administrativo, hai un principio chamado “Principio de Imparcialidade”. O desenrolo legal do mesmo busca que a Administración Pública nas súas actuacións deben de ser imparciais, só sometidas á Lei e nunca a causas de favoritismo ou enemistades. Dito “Principio de Imparcialidade”, recollese nos artigos 28º e 29º da Lei 30/1.992 (Lei de Procedemento Administrativo e Réxime Xurídico das Administracións).

Dado que na Administración Pública traballan persoas, cando estas exercen o seu traballo poden atoparse nunha das seguintes situacións, as cales comprometen o “Principio de Imparcialidade”.

Artigo 28º:
A) Ter un interese particular no asunto a tratar, ser administrador da sociedade interesada, ou ter unha cuestión litixosa pendiente con algún dos interesados.

B) Ter un parentesco sanguineo ata un 4º grado de proximidade; ou de afinidade ata o 2º grado, con calqueira dos interesados no proceso, sexan persoas físicas, administradores de sociedades, asesores, representantes legais,... así como compartir un despacho profesional, ou estar asociado con estes.

C) Ter unha amistade íntima, ou enemistade manifesta con algunhas das persoas citadas no apartado anterior.

D) Ter intervido neses proceso como un périto ou testigo.

E) Ter unha relación de servicio coa persoa física ou xurídica interesada no proceso; ou terlle prestado nos 2 últimos anos servicios profesionais de calquer tipo.


Para coñecemento de todos, familiares nosos e da nosa parella:
Familiares en 1º sanguineos e non: nosos Pais, nosos Sogros, os nosos Fillos e os seus conxuges.
Familiares en 2º sanguineos e non: os nosos Avós, Irmáns e os seus conxuges e os nosos Netos.
Familiares en 3º sanguineos: Bisavós, Tíos, Sobriños e Biznetos.
Familiares en 4º sanguineos: Primos en 1º grado (fillos dos irmáns dos nosos Pais)

Cando un empregado público está ante unhas das situacións descritas no artigo 28º, o empregado público debe comunicarlle ó seu superior esta situación para absterse. Pois a existencia desa situación fai peligra-lo “Principio de Imparcialidade”. Claro que o empregado, pode non comunicar isto ó seu superior, pero entón o superior pode recusalo i esixirlle responsabilidades. No suposto que o superior non recuse, polas causas que sexan, calquer outro interesado no procedemento, pode esixi-la recusación, en calquer intre do procedemento.

Para entendernos todos; nun procedemento administrativo; se hai unha causa legal descrita no artigo 28º da Lei 30/1.992; para mante-lo “Principio de Imparcialidade”; a forma de proceder normal é:

1º) O empregado público debe presenta-la abstención propia.
2º) Se non o fai así, cabe a recusación plantexada polo superior ou a petición dun interesado.


Agora, que xa entendemos o que é a abstención e recusación, son a mesma cousa, pero unha feita por iniciativa propia (abstención) e outra por orden dun superior (recusación); ambas implican que o empregado público apartase da tramitación do procedemento e non participa no mesmo. Voltando ó escrito de Converxencia Galega pedindo a recusación e do Concello aceptandoa, en base ó artigo 28º.2.B por parentesco de afinidade en 2º,... o parentesco ó que se refiren as partes nos seus escritos, é que o Sr. Aparellador municipal é cuñado da técnica que presenta o proxecto de ampliación do cemiterio.

Polo tanto estamos ante unha situación descrita na Lei 30/1.992; a cal pon en perigo o “Principio de Imparcialidade”; pois hai unha situación de relación familiar que pode orixinar un posible ou hipotético favoritismo, que a Lei trata de evitar. Isto non implica a paralización do procedemento administrativo de ampliación do cemiterio, como algúns pensan e comentaban,... simplemente o procedemento sigue nos seus trámites sinalados por diferentes Leis, pero baixo a responsabilidade de outro empregado público.

Ata aquí a explicación técnico legal, xurista e administrativa para que todos falemos con propiedade e coñecemento das cousas. Está é a parte visible que todos ollamos; pero no seguinte artigo, trataremos unha parte que no é perceptible para a maioría dos nosos veciños.



Mirador do Monte Ancos, a 22 de Outubro do 2.014.

Braulio Criado Mayordomo. Analista de la Guía de restaurantes “Los Michelines” (Bienservida; Albacete; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario