Loteria
familiar.
Nas
últimas oposicións de emprego público do Concello de Vigo, feitas
no 2.012, correspondente á oferta de emprego público do 2.008;
teñen deparado algunhas sorpresas, realmente esperadas: 13 postos
resultan ocupados por familiares directos de dirixentes do PSOE e UGT
de Vigo, que son empregados do Concello de Vigo.
Nós
decimos que isto é enchufismo, outros dirán que é o
resultado de todo un proceso legal, e que os aspirantes estaban moi
ben preparados e obtiveron as mellores notas nos procesos selectivos,
con altas calificacións,... Esta argumentación é completamente
valida, pero esquecen decir que parte do tribunal seleccionador que
calificaban os examenes eran sindicalistas e ó mesmo tempo
familiares directos dos seleccionados.
Para
empezar, a cuestión de relación familiar, xa é unha causa de
abstención, para non formar parte do tribunal de selección; para
mante-la independencia do órgano de selección; como non existíu
abstención, todo o proceso está viciado, e podería ser impugnado
por un tribunal de xustiza. ¿Quén controla que certos membros
do órgano de selección non realicen filtracións ós seus
familiares das preguntas que forman parte do examen?. O
proceso xa estaba trucado dende o inicio. Así o Sr. Domingo Barros
(UGT de Vigo) valorou a vinculación entre delegados sindicais do
Concello, membros do tribunal de selección, cós aprobados que son
familiares dos mesmos, como ¡¡unha casualidade!!
¡¡Que
non somos tontos!!, realmente non é unha casualidade, realmente é
unha causalidade, pois existe unha estreita relación entre a causa
(relación de parentesco) e o resultado final: obter un postos de
traballo no Concello de Vigo.
A
seguir imos a expoñer unha pequena relación deste causalidade,
entre as persoas que obtiveron un postos de traballo no Concello de
Vigo, e o membros do tribunal de selección. Tamén imos a expoñer
as seguintes relacións: afiliado
do PSOE de Vigo; afiliado á
UGT de Vigo.
1º)
Sr. César Casas González (PSOE +
UGT) : irmá como oficial
conserxe.
2º)
Sr. Manuel Bueno Heredia (PSOE +
UGT): fillo como subalterno
municipal; sobriña como
auxiliar administrativo, outro fillo
como empregado municipal dende o 2.007.
3º)
Sr. Pergentino Martínez Pampillón
: un fillo como empregado de
oficios varios.
4º)
Sra. Concepción Rodríguez
Rodríguez : un sobriño
como policía local de Vigo; xa traballan no Concello de Vigo,
o marido e 3 cuñados.
5º)
Sr. José Carlos Montemuiños
Santos : filla como auxiliar
administrativa.
6º)
Sr. Francisco José García Soto
: un fillo como empregado de
oficios varios e unha sobriña
como auxiliar administrativa.
7º)
Sr. Carlos Pérez Rodríguez
: a súa parella como subalterna
municipal.
8º)
Sr. Alfonso Conde Rodríguez
: fillo como empregados de oficios
varios.
¡¡¿¿A
isto lle chaman casualidade??!! Pouco a pouco, estes membros do
PSOE e UGT van facendo do Concello de Vigo a súa axencia particular
de contratación de familiares.
Dende
fai unhas semanas temos ollado a certos cargos da UGT do Concello de
Vigo, visitando a casa do Concello de A Guarda; non son visitas para
saudar a coñecidos, nin támpouco casuais,... Contan os nosos
servicios de información, que ante a previsible marcha do Sr. José
Manuel Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda), estase intentanto
deixar ben apousentada a unha familiar de certos cargos da UGT, para
que teña a súa praza de funcionaria municipal, e así goce
dun “oasis” de tranquilidade laboral para os vindeiros 30 anos.
En
principio non temos nada en contra da actividade sindical,... pero,
non gustamos nada deses
sindicalistas que só ollan para os dereitos laborais dos seus
familiares e achegados. Non sentimos ningunha
tranquilidade, por eses altos cargos administrativos da UGT, con
antepasados familiares na Guarda, cando sabemos que os mesmos vestían
camisa azul, con xunta e frechas bordadas en vermello e cantaban
sobre “que volverá a reir la primavera”,... Se antes mandaban,
agora queren seguir mandando, esta visto que a cor da camisa é o de
menos.
Estes
son os sindicalistas que temos; un exemplo disto é o recen nomeado
presidente do cómite de empresa de IKF Europa; o noso amado
líder sindical rosaleiro-guardés líder sindical de CC.OO;
en IKF A Guarda (fábrica coñecida como “As Cachadas”). O noso
amado líder sindical é moi recoñecido pola súa gran actividade
sindical como xogador de padel e tenis, no Club de Tenis Codesal,...
mentras os seus compañeiros de empresa ollan como desaparecen os
seus dereitos laborais.
Que
podemos esperar, cando os nosos líderes sindicais venden os nosos
dereitos laborais, a cambio de manter e aumentar os seus privilexios
familiares. A eles sempre lles toca os premios da
loteria sindical, e nos pagamos as papeletas que nunca teñen premio.
Querido Sr. Pedro sánchez, lider do PSOE, ten moito lixo que limpar
dentro do seu partido,... despois da limpeza xo pode dar clases de
ética e moralidade política.
¿Qué
céntrico edificio de A Guarda ten no seu tellado como elemento
“decorativo” un moneco dun moucho?. Pregunta que faciamos
na “chanchonada 319º”; pois ben na rúa Manuel Álvarez, ó
comenzo da mesma, no edificio onde está a tenda de mobles “Hermanos
Salcidos” no seu tellado é onde está este elemento con forma de
moucho; é moi visible dende o outro lado da rúa.
Mirador do Monte Ancos, a 15
de Outubro do 2.014.
Amador
Felicidade Eterna.
Director de Comunicación de la revista de eventos sociales y
religiosos, “La Santa Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa;
Portugal).
No tellado da farmacia Barbi tamen teñen un
ResponderEliminar