Un
Vigo valeiro.
Pola
ubicación da nosa comarca do Baixo Miño dentro da área
metropolitana de Vigo; para os miñotos esta cidade é o noso punto
de referencia para temas sanitarios, hospitalarios, administrativos,
xudiciais, laborais,... Vigo é unha cidade que ronda os
300.000 residentes, habitantes moi posiblemente sexan máis;
medio en broma, medio en serio, a compañeiros de traballo que son
oriundos de pobos ourensáns, moitas veces lles decimos que Vigo é a
maior cidade da provincia de Ourense. Pois de todos é sabido que
miles de ourensáns viven en Vigo, pero oficialmente son residentes
nos seus concellos de orixen.
Todos
sabemos que Vigo é a cidade máis populosa de Galicia, e está entre
as 20 primeiras de poboación de España. ¿Qué
acontecería si en poucos anos, Vigo ficase totalmente valeira de
residentes e habitantes?.
Prenderíanse
tódalas luces de alarma no goberno da Xunta, habería unha gran
crisis política nesta Administración. Tamén prenderíanse as luces
de alarma no Goberno Central,... ¿qué acontece para que unha das
cidades máis populosas ficase totalmente despoboada?.
Non imos a
facer “xogos mentais” sobre o que podería acontecer si Vigo
ficase despoboada. Pero eses 300.000 residentes de Vigo, son
unha cantidade igual ós 300.000 españois que dende o ano 2.008
levan saido de España con destiño ó extranxeiro en busca de
oportunidades laborais que aquí non atopan.
O proceso
migratorio está acelerandose nestes últimos anos; hoxe xa é moi
fácil topar con familias miñotas que teñen a fillos, o outros
familiares, residindo no extranxeiro. Son mozos que teñen
saido nestes últimos anos; a maioría dos mesmos con estudios
universitarios, polos nosos datos sobre un 58% dos mesmos.
Non hai que ir moi lonxe, dende fai uns anos, a maioría dos
integrantes das promocións das escolas universitarias de enfermería
rematan en Gran Bretaña, Alemania, Suecia, Dinamarca,... Pero os
nosos gobernantes seguen cegos ante este tema; será porque ós seus
fillos xa teñen as saídas laborais “aseguradas” polas
influencias dos proxenitores,.. ¿¿??
Ano Nº
de españois que emigran %crecemento
2.008
34.000
2.009
36.000 +5,88%
2.010
40.000 +11,11%
2.011
55.000 +37,5%
2.012
57.000 +3,64%
2.013
79.000 +38,6%
total
301.000 españois emigrantes.
O primer
destiño en cantidade é Francia, logo os USA, Argentina, Alemania e
Gran Bretaña.
Cando
revisamos os nosos datos de emprego e paro que publicamos
mensualmente; xa tiñamos detectado certas baixadas no número de
desempregados que non correspondian cós datos de creación de
emprego; no caso de A Guarda e Rosal, neste ano 2.014 tense producido
unha forte saida de poboación xoven con destiño á emigración.
Para
nos isto é un problema moi grave; pero para os dirixentes do PP,
PSOE, BNG e outros,... é un tema que carece de importancia.
De seguir por este camiño, imos a ir perdendo poboación; teremos
menos habitantes en idade de ter fillos, teremos unha poboación máis
reducida en idade escolar,... en troques teremos máis maiores, e
moitos destes cós netos nacendo e vivindo no extranxeiro,... Estamos
entrando no camiño de converternos en pobos de vellos.
¿Quéredes
este futuro para os nosos concellos miñotos?
Mirador do Monte Ancos, a 20
de Outubro do 2.014.
Aquiles
Pinto Paredes. Director del
Museo de Arte Moderna de la Antigüedad, en Guarroman (Jaén; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario