miércoles, 8 de octubre de 2014

Ollando o moucho

CHANCHONADA 319º
Ollando o moucho.



Dende fai varias semanas, poucos días despois do inicio do curso escolar; despois de recolle-las nenas na escola, unha sempre me decía que no tellado de certo edificio (que está no centro) hai un moucho (buho) pousado sobre unha antena. Un está atento ó tráfico, pero pensa que non pode ser certo, pois esta ave é básicamente de comportamentos nocturnos; pensaba que a nena ollaba unha foto dun escaparate, ou era una canción escolar,... Teño que recoñecer que estaba no certo; no tellado dun céntrico edificio da Guarda, hai pousado un moucho, pero non é un moucho real; é unha figura que simula a este animal, semella un elemento decorativo dunha chimenea, ou está como elemento disuasorio para que outras aves non aniñen nese tellado.

¿Qué céntrico edificio de A Guarda ten no seu tellado como elemento “decorativo” un moneco dun moucho?. Xa o desvelaremos en poucos días.

“Ollar como un moucho” é unha expresión moi galega, sobre todo do rural; para referirse a esas persoas que están moito tempo caladas, ollan todo con moita atención, e logo actúan en silencio.

Dende este mes de Setembro, o Sr. Louzán presidente da Deputación de Pontevedra xa leva realizado 4, ou máis, visitas silenciosas á comarca do Baixo Miño, todas elas de carácter privado-político, para trata-lo temas das futuras listas electorais do PP, para as vindeiras eleccións municipais do vindeiro mes de Maio do 2.015.


Dende logo as cousas non pintan ben para o PP no Baixo Miño; en Tomiño hai moito desánimo e poucos voluntarios ante unha previsible derrota. Na Guarda acontece algo similar, semella que non hai voluntarios para estar á fronte doutra previsible derrota. En Oia, despois do intento de situar como cabeza de lista á filla do actual Sr. Alcalde,... e o amago de revolta do PP oiense, parece que todos dan un paso atrás, para que continúe o Sr. Alejandro (actual Alcalde),... ¿para que se entreteña as mañáns trocando o aceite dos coches municipais?

O pasado venrés 3 de Outubro, gran asamblea do BNG da Guarda aberta ó público,... asistimos sobre 30 persoas, das cales sobre 25 ou 26 eran da “órbita BNG-CIG”; por decilo de outro xeito, sobre o 85% dos asistentes eran da casa. Foi unha asemblea aburrida, falta de contido, sen ideas,... ata que checgou o Sr. Francisco Álvarez (“Koki”), coñecido poeta guardés, residente dende fai anos en New York, dende 1.984.

O Sr. “Koki” foi quen animou a aburrida asamblea aberta; alegando que se o BNG se abre a sociedade, ós compoñentes de esquerda da mesma,... terá que escoitar moitas cousas e contidos contra os cales leva anos o BNG chimpando pestes sobre os mesmos, sobre esas persoas. Pero sobre todo deberá de ofrecerlle ós veciños da Guarda contidos e proxectos de futuro, moito máis aló dos típicos tópicos do BNG: bandeira galega coa estrela vermella, mono-linguismo,... e nada máis.

A nosa conclusión; foi unha confrontación entre quen leva 30 anos ollando mundo, vivindo realidades máis dinámicas, con menos dogmatismo e ideas moi craras,... noutro lado, o mesmo ollar para o noso embigo, e o proxecto carece de contido. Semellaba, que de cara ás vindeiras eleccións locais de Maio do 2.015, dende o BNG da Guarda non hai ideas, proxecto, persoas,... e o que buscaban era “reclutar” estes tres elementos carenciais.

Antes de rematar este artigo; queremos facer unha pequena reverencia ante o Sr. Francisco Álvarez “Koki”; célebre escritor guardés, residente en New York, colaborador da “Academia Norteamericana de la Lengua Española”,... Sabemos que A Guarda é unha cidade galega moi pequena, pero sempre da importantes froitos no continente américano.



Mirador do Monte Ancos, a 7 de Outubro do 2.014.
Luciano Respeta Nada. Director adjunto del periódico “Foxnews” de Valdezorras (Sevilla; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario