O
silencio dos cordeiros 2º.
Lembro que
cando era pequeno, miña irmá i eu tiñamos moita afición polas
tartas de chocolate con galletas que facía a nosa nai; mamá sempre
decía que non tocasemos a tarta, que era o postre para a merenda,...
¡¡¡que dificil é resistir unha tentación tan golosa!!!; non
facía falla ser un policía cintífico para saber quen eran os
culpables: os dedos pringados en chocolate, os bigotes de
chocolate,... e nos negando todas as evidencias que nos acusaban.
Voltamos ó
tema da recusación do aparellador do Concello de A Guarda, Sr.
Hermelindo Martínez. Dende o mesmo intre que se casou coa súa
esposa, a irmá de esta pasou a ser a súa cuñada (familiar en 2º
de afinidade), e isto non aconteceu fai uns poucos meses. Pero
resulta que a súa cuñada, tamén un técnico profesional do
urbanismo (arquitecta técnica), que leva anos exercendo na nosa
pequena cidade; xustamente a parcela administrativa que o Sr.
Hermelindo Martínez xestiona no Concello.
Polo tanto é
máis que evidente que o conflicto de intereses existe, e hai unha
posible vulneración do “Principio de Imparcialidade”
que debe existir no actuar da Administración. Resulta
que a causa para absterse ou ser recusado xa existía dende fai
varios anos, que non é un tema que
xurdíu fai uns meses. Agora coas seguintes reflexións que nos
facemos, imos a entrar en zonas de poucos claros e moitos escuros,
cheas de sombras, que levantan moitas dúbidas.
1º) O
Sr. Hermelindo Martínez como aparellador municipal estaba obrigado a
presenta-la súa abstención, por iniciativa propia, en
tódolos asuntos onde estivese interesada a súa cuñada. Pero
nunca nestes anos o fixo; ¿POR QUÉ?.
A)
Descoñecía que a citada arquitecta técnica era a súa cuñada.
Esta posibilidade non é real.
B)
Descoñecía a obriga legal de absterse. Non cabe tal posibilidade,
pois para un profesional da Administración Pública, a Lei 30/1.992
debe ser de obrigado coñecemento. Ademáis o Código Civil, no seu
artigo 6º.1 expresa que a ignorancia das Lei non excusa do seu
cumprimento.
C) Existíu
unha intención de oculta-la relación de parentesco. Polo
tanto, de ser así hai unha intención de vulnera-la legalidade; i
estaríamos ante uha forma dolosa de actuar.
2º) A
xunta de goberno municipal do Concello de A Guarda nunca exerceu a
recusación. Ante a non abstención do empregado municipal,
este órgano da Administración municipal ten o deber de exerce-la
recusación para mante-lo “Principio de Imparcialidade”.
¿POR QUÉ NON O FIXO?.
A)
Descoñecían que a citada arquitecta técnica era a cuñada do
empregado municipal. Esta posibilidade non é real, pois A Guarda é
unha pequena cidade, con a poboación moi concentrada, onde todos
somos coñecidos e as nosas relacións de parentesco tamén.
B) Os
membros da xunta de goberno municipal descoñecían a obriga legal de
recusa-lo empregado municipal. Non cabe tal posibilidade, pois para
estas autoridades da Administración municipal, a Lei 30/1.992 debe
ser de obrigado coñecemento, e ademáis contan có servicio de
asesoramento xurídico que lles presta a titular do Servicio de
Secretaria Municipal. Ademáis o Código Civil, no seu artigo 6º.1
expresa que a ignorancia das Lei non excusa do seu cumprimento.
C) Existíu
unha intención de oculta-la relación de parentesco. Polo
tanto, de ser así hai unha intención de vulnera-la legalidade; i
estaríamos ante uha forma dolosa de actuar; con posible connivencia
entre estas partes implicadas.
3º) A
oposición municipal do Concello de A Guarda nunca exerceu a
recusación. Ante a non abstención do empregado municipal, e
a pasividade manifesta da xunta de goberno municipal. A oposición
municipal ten o deber de exerce-la recusación para mante-lo
“Principio de Imparcialidade”. ¿POR
QUÉ NON O FIXO?
A)
Descoñecían que a citada arquitecta técnica era a cuñada do
empregado municipal. Esta posibilidade non é real, pois A Guarda é
unha pequena cidade, con a poboación moi concentrada, onde todos
somos coñecidos e as nosas relacións de parentesco tamén.
B) Os
membros da oposición municipal descoñecían a obriga legal de
recusa-lo empregado municipal, ante a pasividade do mesmo e da xunta
de goberno municipal. Non cabe tal posibilidade, pois para estas
autoridades da Administración municipal, a Lei 30/1.992 debe ser de
obrigado coñecemento, é unha norma xurídica que deben usar en
moitas funcións político-administrativas e ademáis contan có
servicio de asesoramento xurídico que lles presta a titular do
Servicio de Secretaria Municipal.
C) Existíu
unha intención de oculta-la relación de parentesco. Polo
tanto, de ser así hai unha intención de vulnera-la legalidade; i
estaríamos ante uha forma dolosa de actuar; con posible connivencia
entre estas partes implicadas.
Respecto ó
apartado B do punto 3º imos a explicar varias cousas. Os
membros da oposición, cando acceden á condición de edil por vez
primeira na maioría dos casos carecen de moitos coñecementos legais
e administrativos. O normal é que có tempo vaian aprendendo
as normas legais e administrativas más básicas; non existe ningunha
normativa legal que lles obrigue a pasar por un curso acelerado de
formación, nin nada similar.
A Sra.
Fátima Iglesias (PP) xa leva +7 anos como concelleira, foi deputada
no Parlamento Galego,... e debería ter certos coñecementos legais e
administrativos básicos ben claros. O Sr. Xan Lois Lomba xa leva +11
anos como concelleiro, e tamén debería ter uns bós coñecementos
legais e administrativos. O Sr. José Manuel Domínguez Freitas leva
+27 anos como concelleiro, tempo máis que suficiente para ter
atesourados coñecementos legais, administrativos, experiencia,...
Pero quen exerceu a recusación é unha concelleira novata; polo cal
demostra que en apenas 3 anos aprendeu máis que os seus compañeiros.
Temos a
dúbida, un non aprende porque carece da capacidade intelectiva para
aprender,... isto non é creible, pois incluso os máis zoquetes
aprenden. Ou non existe a
intención de aprender; de ser así, ¿por qué
imos a deixa-la nosa representación en persoas tan pouco
capacitadas?.
O
anterior sería a conclusión máis leve e suave; pero de existi-la
posibilidade de
acumular varias opcións C, entón o panorama voltase moi escuro e
tenebroso;... pois poderíamos estar ante unha situación
conspirativa para delinquir, de maneira intencionada e prolongada no
tempo.
Non gustaríamos nada ollar nun telexornal como a Praza do Reló está
chea de coches da Guardia Civil que levan detidos a case que toda a
Corporación Municipal, para que pasen unha tempada no Centro
Penitenciario de A Lama; isto sería unha vergoña que os veciños da
Guarda non merecemos.
Tanto
cordeiro mudo, tanto silencio non é bó. Por moito menos, no pasado
Pleno o Sr. Alcalde fixo unha declaración institucional, para alegar
porque non cumple unha sentencia, facerse a vítima,... e a titular
da Secretaria ficou tan contenta, porque non lle explicou que as
sentencias son de obrigado cumprimento. Tal como sinala o artigo
118º da Constitución: “É obrigado cumpri-las sentencias e demais
resolucións firmes dos Xuices e Tribunais”.
Así non lle extraña a ninguen que un concelleiro do goberno
municipal diga na páxina do seu “Facebook” que non entende
porque debe cumpri-la sentencia,... ¡¡¡¡IGNORANTE!!!!
Mirador do Monte Ancos, a 24
de Outubro do 2.014.
Emilio
Garrote Fuerte.
Subdirector de la Oficina Jurídica del “Centro Penitenciario El
Calabozo 1º” en Los Peligros (Granada; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario