martes, 4 de marzo de 2014

Taxas de paro do 2.013



CHANCHONADA  216º

Taxas de paro do 2.013.





Normalmente, con periodiciade mensual neste Mirador facemos unha entrega de como evoluciona o paro nos concellos do Baixo Miño, pero hoxe imos ir un paso máis longo o expresalo en taxas de desemprego (porcentaxe de poboación en desemprego en relación coa poboación en idade de traballar), e comparar todo isto con concellos e comarcas lindeiras.

Baixo Miño:
A Guarda 29%      O Rosal  39%        Oia  41%                Tomiño  44%        Tui  32%

Louriña:
Porriño  18%         Mos  21%             Salceda de Caselas  39%

Val  Miñor:
Nigrán  34%          Gondomar  35%                   Baiona  38%

O Condado:
Ponteareas  41%  Salveterra de Miño  42%    Covelo  48%         Mondariz  50%     As Neves  50%

Morrazo:
Vilaboa  31%        Marín  35%           Bueu  35%            Cangas  40%        Moaña  40%
Area de Vigo:
Vigo  22%             Redondela  30%   Soutomaior  46%                 Pazos de Borbén  59%        Fornelos de Montes  65%

Area de Pontevedra:
Pontevedra 19%  Poio 27%               Barro 35%             Moraña  35%        Campo Lameiro 45%           Cotobade 47%

A Paradanta:
A Cañiza  40%      Crecente  43%      Arbo  45%

Semella que aqueles concellos cunha estructura urbanística e poboacional máis urbana é onde teñen taxas de desemprego máis baixas; pola contra os concellos con estructuras máis rurais é onde as taxas de paro son máis altas. Os primeiros son lugares de maior dinamismo social, hai unha poboación con maior nivel de estudios; en troques os segundos a poboación é menos dinámica, perden poboación e manteñen estructuras de funcionamento interno máis “obsoletas” (chamadelle se queredes caciquismo).

A posición ou situación xeográfica non é moi importante; pois os concellos da comarca do Deza (Lalín, Vila de Cruces, Rodeiro, Dozón, Silleda) que están no interior, son unha zona montañosa e non moi ben comunicada teñen taxas de desemprego moi baixas, con medias do 20%. Son concellos moi agrarios, pero tamén teñen unnha importante industria agro-alimentaria e forestal que transforma os productos do seu medio natural. Polo tanto vese a importancia das infraestructuras para ubicar industrias.

A conclusión do punto anterior non é unha tonteria; aqueles concellos urbanos que teñen importantes parques industriais son tamén onde a taxa de paro é moito máis baixa: Vigo, Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Pontevedra, Poio, Redondela,... Polo tanto voltamos a recalca-la necesidade e importancia de contar con parques industriais.

Falando da nosa comarca do Baixo Miño, vemos que os dous concellos máis urbanos é onde hai a taxa de desemprego máis baixas; no polo oposto están aqueles que teñen estructuras máis rurais. O que sorprende é que A Guarda sen ter apenas industria, sen ter infraestructuras para ubicalas,... teña unha taxa tan baixa; isto poderíase comprender có “dinamismo laboral guardés”, con isto queremos dicir que moitos dos guardeses traballan en Vigo, Porriño ou están embarcados en barcos de outros portos; entón evidentemente non traballan en industrias que non existen no seu concello.

A nosa conclusión final e principal, resaltamos a necesidade imperiosa de ter o máis axiña posible o tan cacarexado, prometido i estudiado Poligono Industrial A Guarda- Rosal. Infraestructura que beneficiará a todos, máis especialmente a xentes do Rosal por ter unha taxa de desemprego moi superior á guardesa; pero tamén vai beneficiar ós veciños dos outros concellos miñotos. Nos lamentamos a miopía política dos gobernantes de Tomiño por conformarse có mini-poligono industrial que quere construir a Xunta,.... ¿por qué non se pon a Alcaldesa e os seus uns minisalarios?,... Visto o que conseguen para Tomiño 1€/mensual incluso é moito.


Mirador do Monte Ancos, a 4  de Marzo do 2.014.
Delmiro  Paz  Sacrosanta.  Director de Producción, de la fábrica de ataudes, “El Descanso Divino” (Ciudad de Cementerio, Departamento de Curicó; Chile)





No hay comentarios:

Publicar un comentario