domingo, 2 de marzo de 2014

Descomposición política



CHANCHONADA  215º

Descomposición política.





Dende fai varios meses, vimos ollando varios procesos de “descomposición” de algúns partidos políticos. Fai un par de anos, ollamos como o BNG, o “Bloque” saltaba roto en pedazos, o que semellaba ser un bloque sólido e compacto rematada roto en varios pedazos,... uns achacan a ruptura ó excesivo control e abafante que manten a UPG a nivel interno, a un discurso caduco que xa non sintoniza electoralmente có electorado galego, á perda continua de apoios electorais e ós malos resultados,... Pero eses trozos espallados ainda están a buscar un lugar, moitos deses trozos non son máis que catro dirixentes, pero sen bases militantes e sen apoios electorais,... terán que vivir e someterse ó control da vontade popular nas seguintes votacións,... Moitos deles irán morrendo de “fame” por non acadar un lugar con algo de peso na vida política, realmente son casas comenzadas polos tellados.

Deses trozos do BNG, temos ese “experimento” que é a AGE (Anova+IU), a suma de trociños do BNG con IU; semellaba que a cousa ía ser boa; pero xa comenza a darse a descomposición neses experimento. 10 altos cargos da Anova rematan de dimitir, cando a súa proposta foi perdedora na asamblea que tivo esta organización. Moitos destes altos cargos que proveñen do BNG, só tratan de imitar ó que xa antes facían, pero atopanse coa sorpresa que as bases, non están pola labor de seguir con ese modelo: que segan mandando os de sempre, eses que levan +30 anos na vida política e sempre nos postos de mando.

Logo en España temos o proceso de lenta descomposición entre o PSC (Partido Socialista Catalán) có PSOE; ambos tratan de escenificar que non hai problemas internos,... pero tódolos días na prensa hai desencontros entre as direccións dos dous partidos. Lamentablemente o PSC ten unha esquizofrenia moi profunda, está dirixido por políticos que veñen de familias moi acomodadas da burguesia nacionalista catalana, pero iso si vivindo a contas dos votos dos “charnegos” (emigrantes galegos, extremeños, andaluces, aragoneses,...). As mentes pensantes do PSOE, saben que si rompen có PSC, as posibilidades de gañanr unhas elección en España reducense a probabilidades moi pequenas,... pois Cataluña aporta moitos diputados,... que terían que repartir có PSC,...

Lamentablemente o PSOE vai programando pequenas etapas suicidas en diferentes partes de España, similares á anterior,... ¿Cántos PSOE hai en España?, nin eles mesmos o saben. Xa fai moitos anos que viven moi alonxados da cidadanía, que os seus cargos son políticos profesionais que descoñecen as realidades que viven o resto dos cidadáns, que teñen unha militancia bastante avellada, que a xente nova non está cerca do PSOE,...

O PP tamén está dando sintomas desas descomposicións que lle afectan ós outros,... Semella que eles tamén se contaxiaron dese virus. Normalmente nas eleccións locais sempre lle saen candidaturas independentes de cargos desligados do PP,... pero nestes anos moitas delas xa están asentadas. Agora xa comenzan a sairlle elementos que rompen coa casa nai, pero montan organizacións a nivel rexional e incluso estatal.

A nosa comarca do Baixo Miño, non é unha excepción con todos estes procesos de descomposición dos partidos políticos. Dende fai varias semanas vimos ollando como o PP de Tomiño está rompendose en pedazos,... de seguir así en poucos meses será unha forza minoritaria, e deste xeito serviranlle a victoria electoral municipal ó BNG en bandexa de prata. Na Guarda non é que as cousas vaian tan mal, pero támpouco teñen mellor aspecto; pois xa está craro que a operación de quitarlle o liderazgo do PP ó xoven avogado local (Sr. José Alberto González Vicente) non resultou ser tan boa como nos prometeron, os resultados electorais non foron mellores,... e sobre todo a dinámica interna do PP na Guarda semella estar en hibernación.

Hai persoas que tentan organizar e por en marcha a Anova no Baixo Miño; son vellos dirixentes fugados do Bloque,... pero non topan pardillos que queiran traballar gratis,... e todos fanlle ver a contradicción de quer vender algo novo, usando a imaxe de vellos dirixentes con +30 anos de vida política, ¿onde está a novidade?,... pero sobre todo está a contradicción de querer ir en alianza coas reducidas mesnadas de IU, cando durante anos predicaban que eran enemigos.


Hai unha lección que deben aprender os nosos gobernantes locais: Ningún político por moi importante que sexa o seu cargo é imprescindible ou insustituible. Todos rematan por desaparecer.



Mirador do Monte Ancos, a 2  de Marzo do 2.014.
Aparicio  Reina del Vicio.  Directora de los Servicios Sociales del Ayuntamiento de Las Virtudes (Ciudad Real, Castilla – La Mancha; España).




No hay comentarios:

Publicar un comentario