CHANCHONADA 220º
Cota 36.
Fai varios días tivemos como convidado a un irmán,
xeólogo de profesión; como outros profesionais ten que traballar no
extranxeiro, xa leva anos traballando para unha multinacional española da obra
pública. Sempre lembramos con cariño e admiración aquelas clases de campo coa
que nos ilustraba, nos ollabamos ó seixal de Ribel, para nos só eran pedras
redondeadas que están na beira do mar, entre a vila de A Guarda e a
desembocadura do río Miño; pero él nos explicaba que eran os restos da parte
frontal dun pequeno glaciar que fai +10.000 anos descendia polo monte, e ali
remataba, pois no seu avance atopase có lugar onde a temperatura ambiente funde
o xelo.
Esta vez a lección que impartíu era sobre o factor
tempo, pero medido e considerado en termos xeolóxicos; pero en ambos medido na
escala da vida humna son grandes, ou moi inmensamente grandes. Coma exemplo
deste último explicounos como vai evolucionar a forma xeolóxica da Península
Ibérica.
Imáxinemos que a Europa occidental, Península
Ibérica e zona noroeste de África son tres pezas dun “gran mecanismo xeolóxico”;
África vai movendose cara o norte-noreste, presionando todo o sur de Europa;
Europa tamén móvese nesa dirección; o efecto disto será o constante crecemento
das montañas dos Alpes, Cárpatos, Balcáns,... A Península Ibérica irá rotando
no sentido das agullas dun reloxo,... será un movemento lento; pero dentro de
150 millóns de anos (en tempo xeolóxico moito, a nivel humano inmensamente
moito). Chegados a ese punto, Galicia estará no lugar que hoxe ocupan Vasconia
e Navarra, os Pirineos terán desaparecido, serán unha pequena cadea montañosa
nas ribeiras occidentais dun pequeno mar interior, o seu canle de unión ó
oceáno Atlántico será o lugar entre Francia i o que hoxe é a costa cantábrica;
Cataluña estará unida a África,... Chegados a este punto, a nivel de situación
xeográfica estaremos na zona que hoxe están situadas Holanda e Gran Bretaña,...
as cales estarán máis ó norte.
Seguro
que todos teremos escoitado falar do “cambio climático”,... que si os xelos
retroceden, que si o Ártico deixará de ter xelo, que os glaciares de
Groenlandia retroceden,... un dos
seus efectos será a elevación do nivel do mar. Moitos centros
xeolóxicos traballan con estas premisas, na maioría delas tratan a cota 36 (suposto e hipotético novo nivel do mar).
Cando escoitamos e leemos noticias de asociacións ecoloxistas sobre o cambio
climático, o catastrófico que será para España, Portugal,... pois as
conclusións destes estudios xeolóxicos din o contrario.
Para que todo entendamos as implicacións da cota
36. Os nosos lectores miñotos coñecen a ubicación da Praza do Reló na Guarda
(lugar onde está a Casa do Concello); pois neste futuro hipotético, esta praza
será a nova liña de costa. Básicamente A
Guarda será unha pequena península, que marcará a entrada norte dunha nova ría.
Boa parte do Rosal estará sumerxido, Fornelos será liña de costa. O Seixo (Tomiño) tamén será outra
pequena peninsula, tamén Tui, aquí esta futura ría dividese en dous, un ramal norte que inundará toda a zona
de Porriño, que será liña de costa. Tamén estarán en liña de costa
Ponteareas e As Neves.
As rías que temos en Galcia crecerán, tamén as que
hai en Asturias, Cantabria e Vasconia. Pero este fenómeno incrementárase en Portugal, que terá unha gran ría en
Viana do Castelo que chegara ata Ponte de Lima; ría do río Vouga; ría
do río Mondego; ría do río Lis; a gran
ría Lisboa-Setubal. No Golfo de Cádiz formaríanse varías grandes rías,
especialmente notoria a do Guadalquivir, tamén as de Ayamonte e a de Huelva. Ou
sexa, na Península Ibérica teríamos sistemas de bahías ampliados; a costa
suroeste de Portugal perdería moito terreno.
¿Qué pasaría noutras zonas de Europa? En Italia, o val do Po estaría
prácticamente inundado, cidades como Modena, Bolonia ou Verona serán liña de
costa. Francia no seu arco cantabro entre Loriant e Burdeos, vería como
La Rochelle
inundase, Burdeos será liña de costa, Nantes tamén será liña de costa,... e as
mareas ascenderian polo río Sena ata París. Gran Bretaña, perdería moito terreno na súa zona central este,
Londrés estará sumerxido, cidades como Leeds ou Nottingham será costa,
incluso Manchester será liña de costa. Irlanda cederá terreo na súa parte
occidental, onde se formarán un complexo de pequenas rías e illas.
Bélxica perderá sobre o 40% do seu terriorio. Holanda
desaparece do mapa. Alemanía perderá moito terreno na zona lindante có mar
do Norte, que na zona de Hamburgo formarase unha gran ría, que chegará a zonas
externas deBerlín; as costas do báltico tamén retrocederán moito. Dinamarca perderá sobre o 50% do
territorio, pasando a ser un gran complexo insular na entrada do Báltico.
A zona rusa de Kaliningrado perderá o 50% do territorio. En Polonia haberá dúas
grandes rías, a da zona da desembocadura do Vistula a o do Oder.
Na zona do mar Negro, o mar ascenderá polo Danubio
marcando gran parte da fronteira bulgaro-rumana. A península de Crimea perderá o 40% do territorio e será unha gran
illa. Entre as desembocaduras do Danubio e Dniéper formáranse varias
rías, e o mar chegará á zona de Zaporizhia (sur de Ucrania). O mar Negro ó ascender, collerá o “corredor de
Proletarsk” para provoca-la macro inundación do Caspio (un gran
lago salado que está por debaixo do actual nivel do mar), facendo que duplique
a súa actual extensión, sobre todo na zona norte; facendo que a cidade de
Volgogrado sexa liña de costa.
¿Qué tempo tardará en acontecer isto?,...¿300 ou
400 anos?, a nivel de tempo xeolóxico é rápido; pero a nivel de vida humana
ainda é moito tempo. Como vemos a
Península Ibérica non será o lugar máis afectado pola perda de territorio,
pero detrás das explicacións anteriores, haberá movementos de decenas de millóns
de persoas que buscarán un novo lugar onde asentarse (especialmente as
poboacións lindantes có mar do Norte e parte occidental do Báltico),
hai que trasladalas,... e iso vai xenerar conflictos.
Por sorte ainda temos moito tempo por diante; de
ser certas as implicacións que trae o cambio climático; os nosos gobernantes xa
deberían ir pensando en como afrontar este tema. De momento, só é problema
posibilístico ó que xogan xeólogos e sociologos. ¿Algúen falou disto?, de ser
isto moi probable, nos apostamos a que os gobernantes serán os últimos en
enterarse.
Mirador do Monte Ancos, a 12 de Marzo do 2.014.
Benita Losa
Ligera. Profesora universitaria de Geología
Aplicada en la Universidad Central
de Río Negro (Ciudad del General Roca; Río Negro; Argentina)
No hay comentarios:
Publicar un comentario