CHANCHONADA
224º
¡Non ó 46!.
Victorias pírricas, son victorias militares que se consiguen a un coste moi alto, tanto que están a punto de ser unha derrota, ou a longo prazo non supoñen gañancia ningunha.
Ucrania, terra dual desde fai centos de anos;
terra que olla a occidente e tamén a oriente, terra na que desexamos o cálido
sur durante os fríos días de inverno que traen as neves do norte. Somos como
tódolos paises de Europa unha suma de moitas cousas que se van producindo ó
longo de moitos séculos de historia.
Somos ortodoxos, có corazón repartido entre os
Patriarcas de Kiev i o de Moscú; pero tamén somos católicos de ritual oriental
(a diferencia do ritual católico romano, os nosos sacerdotes poden contraer
matrimonio i ter familia), só que o ritual eclesiástico é moi similar ó
ortodoxo. Despois de todo a Decisión de Santa Olga e do seu fillo o Príncipe Vladimir
de Kiev de toma-la fé cristiana ortodoxa, en certo xeito é o punto de partida
de Ucrania como nación; pero indirectamente tamén será o nacemento de Rusia.
Somos como dous irmáns; un grande e abusón, outro
máis pequeno que desexa afirmarse individualmente, pero a sombra do irmán maior
é demasíado longa. Xa non somos aqueles cosacos da Zaporizhia que aseguraban a
fronteira suroccidental do Imperio Ruso na zona de “Novorrosiya” (A Nova
Rusia).
Posiblemente, gracias ó lema de onde se fala ruso, onde hai rusofalantes
iso é Rusia; Ucrania rematará por perder +40% do seu territorio:
Crimea, Kherson, as terras do Don, Jarkov... e incluso Odessa. Quedaremos
reducidos ás terras de Poltava e Chernigov cara ó oeste,... pero serán máis
homoxeneas. Pero, todo isto me lembra moito, i me
asquea o parecido que aconteceu durante a segunda mentade dos anos 30 do século
XX, cando un Adolf Hitler reclamaba para Alemania todos aqueles territorios
onde había alemáns falantes: Austria, Sudetes checos, zonas de
Polonia,.... foron entregandolle eses territorios, pero todo rematou nunha
guerra mundial. ¿Xa non lembrades isto?
O
argumento de onde hai unha poboación que fala a lingua XX, pertence ó Estado
XX,... é simplemente unha falacia; non é máis que unha excusa de expansión territorial
a conta dun veciño. Por exemplo, só algo menos do 10% dos hispanofalantes do
mundo son españois; ¿Vai reclamar España como territorio propio os territorios
onde viven o 90% dos outros hispanofalantes?; vamos a reclama-la anexión de 1/3
dos USA, de México, Colombia, Venezuela, Argentina,.... Sexamos serios, hoxe son
paises irmáns e os tempos do Imperio Español son historia, que rematou fai 200
anos. Os idiomas son unha cousa, a cultura outra e o sentimento nacional outra
distinta.
Hai xente que ainda quere recupera-la grandeza do
Imperio Ruso, a falla dun Zar, voltaremos a ter un Zar (presidencialista),
despois de todo xa recuperamos a bandeira zarista, xa voltamos ó escudo zarista,...
unha cousa é recuperar certos elementos históricos e outra e impoñer iso a
outros;... de seguir así, non extrañaría nada que dentro de pouco fose coronado
o Sr. Vladimir Putin como novo Zar constitucional de tódalas Rusias. O que hoxe
acontece xa se ollaba vir; primeiro
foi esmagar a oposición da Bielorusia (Rusia branca), para mante-la dictadura,
e ter a este pais irmán calado e seguindo os ditados do irmán maior. Logo
tocoulle a semi-desmembración de
Moldavia,... Fai poucos anos aconteceu algo similar na Georgia,... só quedabas ti Ucrania por sofrir esta desmembración. Por
desgracia isto ainda son os efectos perversos das políticas de limpezas étnicas
de Stalin e as consecuencias de “trasladar” poboacións rusas a esas zonas.
Querida Rusia, gañarás os terreos de Ucrania; non
o dudamos, non teñen potencia militar para defenderse, nin o territorio é
defendible. Querida Rusia verás como outra xeración de pais e
avós de Polonia, Finlandia, Hungría, Letonia, Lituania, Rumanía, Chequia,
Alemáns, Estonia, Moldavia,... enseñarán i marcarán nos seus fillos i netos o
odio eterno a Rusia: ¡¡Rusia non é un pais para fiarse!! ¡¡Os
rusos son todos mentirosos!! Lamentablemente neste gran continente que é
Europa, ti Rusia eres moi grande, pero non tes amigos; eres como ese rapaz
abusón no recreo, rouba ó bocadillo a todos, rouba o balón,... pero non eres
querido, non eres admirado, nin respetado,... todos te temen i todos te odian.
¿Quen sabe?, algún día a marea da historia trocará
de dirección, e aqueles pobos asíaticos ós que someteste baixo o Imperio Ruso,
voltarán a reclama-las súas terras, virán en horda dende o leste dos Urais como
xa fixeran os seus antepasados no século XIII,... Non chames ós
irmáns que tes ó oeste do Don, non te escoitarán, ó oeste do Don non tes amigos,...
porque Rusia non sabe o que é a amizade sinceira. No aceptas que o teu irmán
quera vivi-la súa vida, afirma-la súa identidade e diexar de ser o eterno
“pequeno ruso”; non somos rusos, no somos pequenos,... somos ucranianos, para o
bó y para o malo, unha nación que ten que aprender moitas cousas.
Non temos tanques, nin misiles,... pero si que podemos deixar de consumir
productos rusos, é moi fácil indentificalos, son todos aqueles que comenzan
polo número 46 no código
de barras. Cando millóns de consumidores toman a decisión de
facer “folga de consumo” sobre determinados productos,... rematan por perder
empresas e a imaxe do país de orixe, ademáis é unha decisión que os outros
gobernos non poden parar, por ser unha decisión que toman libremente os consumidores.
Na España non é doado topar productos rusos, pois non forman parte da cultura
ibérica.
Lembra Rusia, as victorias pírricas a longo prazo
son derrotas seguras.
Mirador do Monte Ancos, a 20 de Marzo do 2.014.
Félix Verdugo
Inocente. Maestro y restaurador de armas
antiguas; con taller en Cadalso. (Cáceres; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario