lunes, 24 de marzo de 2014

Puedo prometer y prometo



CHANCHONADA  226º

Puedo prometer y prometo.






Cando o Sr. Adolfo Suárez era Presidente do Goberno, os membros deste Mirador eramos todos uns nenos, así cando o intento do golpe de estado do 23 de Febreiro do 1.981, nos tiñamos entre 4 a 9 anos; a nosa maior preocupación era a merenda, o bocadillo de nocilla, face-los deberes, ir a xogar,... cousas de nenos. Somos a primeira xeración que está criada dentro dun réximen democrático. Hoxe, nós tamén queremos facer un pequeno memorial ó 1º Presidente de Goberno da nosa Democracia; imos a recoller algunhas frases do Sr. Adolfo Suárez.

1º)  A vida sempre te da dúas opcións: a cómoda e a difícil. Cando dudes, elixe sempre a difícil; porque así sempre estarás seguro que non foi a comodidade a que elexíu por ti”.

Lamentablemente dende fai tempo, os nosos gobernantes optan por aplica-las solucións dificiles para o pobo, e para si mesmos e banqueiros aplicanse as cómodas. Neste aspecto, non predican có exemplo.

2º)  O futuro non está escrito, porque só o pobo pode escribilo.

Estamos moi de acordo con isto, nunha democracia o pobo está para moito máis que pagar impostos, tamén as grandes decisións deben ser tomadas polo pobo.

3º)  As eleccións non esolven por si mesmas os problemas; ainda que son o paso previo e necesario para a solución”.

Ben expresado, pero dende fai tempo, nos intres previos a unha cita electoral os nosos gobernantes non nos falan dos problemas, simplemente nos debuxan uns mundos fermosos e maravillosos para cando eles gobernen,... Lembramos a un ex-Presidente do Goberno que negou a crisis, unha e outra vez,... para logo falar de suave aterraxe. ¡¡Menudo Ostiazo!! Señores gobernantes, xa somos maiores, non necesitamos contos de nenos, tamén queremos saber dos problemas.

4º)  Quen acada o poder con demagoxia, termina por facerlle pagar ó país un precio moi caro”.

Algo de premonitorio tiña esta frase do 14 de Xuño de 1.977; pois aquel que chegou falando do bó talante i outras cousas similares,... Hoxe todo o país está pagando un precio moi caro por tanta incompetencia.

5º)  Brindo polo pobo español; esperando que teña uns dirixentes mellores que os que actualmente posue”.

Este é un desexo que nos sempre suscribiremos; a frase é do Mensaxe do Nadal de 1.980. Lamentablemente, nos pensamos que a cousa non sucedeu, pero ainda así e todo, nos pensamos: os españois somos merecedores de mellores gobernantes.


Seguramente todo coñecemos esas famosas frases do “Puedo prometer y prometo”,... nós non imos a falar delas. Pero si que imos a expoñer dúas cousas.

1º)  Lamentablemente España é un país dado a facer honras i honores cando os seus fillos morren; mentras viven, o sentimento cainita fai que eses recoñecementos sexan prácticamente imposibles. Onte 23 de Marzo de 2.014 morreu o Sr. Adolfo Suárez, un home que debeu ser recordado en vida, pero morreu sen lembrar quen foi el mesmo.


2º)  A necesidade de ter un “Panteón Nacional”; un lugar onde enterrar  i guardar respeto a altas persoalidades do Pais; sexan do momento presente, pero tamén do noso pasado, recuperar a persoalidades que ainda están enterradas no exilio, a outros que están en lugares esquecidos,...

Finalmente imos a rematar coa frase do seu anuncio de dimisión como Presidente de Goberno, o 29 de Xaneiro de 1.981: “Pódese prescindir dunha persoa en concreto. Pero non podemos prescindir do esforzo que todos xuntos temos de facer para construir unha España de todos e para todos”.



Mirador do Monte Ancos, a 24 de Marzo do 2.014.
Alberto Comino Grande.  Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de la Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)

No hay comentarios:

Publicar un comentario