CHANCHONADA 219º
Financiación do Estado.
Como dicen os nosos irmáns méxicanos, este ano
2.014 é ano pre-electoral, a este
factor en México denomínase como o “Año del Hidalgo”; período no que os
gobernantes municipais adicanse a gastar e gastar, con tal de ter obras para
inaugurar durante os meses previos á cita electoral do 2.015. Non imos a falar
das obras que están en curso, lamentablemente moi poucas. Imos a falar dos
diñeiros que receben os nosos concellos do Estado, en función do expresado no
artigo 142º da Constitución, xa sexa pola participación nos Tributos do Estado, Compesación por
beneficios fiscais, Fondo Complementario
de financiación e outras transferencias
que receben da Administración do Estado.
Os datos que temos están actualizados ó ano 2.012;
están expresados na cantidade total percibida, así como tamén expresados o
ratio por habitante (cantidade total percibida / número de habitantes).
A Guarda:
2.008 1.777.154,05€ 170,81€/hab
2.009 1.753.288,57€ 168,18€/hab
2.010 1.509.075,57€ 144,11€/hab
2.011 1.511.794,42€ 144,20€/hab
2.012 2.092.177,45€ 200,15€/hab
Nestes anos de crisis, A Guarda é o único concello
do Baixo Miño onde se incrementa a participación nos tributos do Estado; sobre
todo polo forte incremento do ano 2.012, gracias ás obras do Castelo de Sta.
Cruz; logrando así un incremento do
+17,6%, referido a todo o período.
Oia:
2.008 546.433,13€ 171,19€/hab
2.009 522.936,32€ 162,05€/hab
2.010 419.201,04€ 131,12€/hab
2.011 423.395,28€ 149,75€/hab
2.012 441.004,03€ 142,21€/hab
Nestes anos de crisis, a percepción de fondos do
Estado leva seguido un camiño descendente; logrando
así un perda do -16,93%, referido a todo o período.
O Rosal:
2.008 1.185.058,21€ 183,39€/hab
2.009 1.143.600,21€ 174,06€/hab
2.010 931.043,40€ 141,17€/hab
2.011 1.006.872,63€ 152,26€/hab
2.012 1.027.734,76€ 156,33€/hab
Nestes anos de crisis, O Rosal tamén leva recebido
unha financiación decrecente; logrando
así unha mingua do -14,75%, referido a todo o período.
Tomiño:
2.008 3.340.744,94€ 257,34€/hab
2.009 2.976.884,51€ 223,57€/hab
2.010 2.479.551,27€ 183,78€/hab
2.011 2.609.303,91€ 191,80€/hab
2.012 2.240.013,52€ 163,65€/hab
Nestes anos de crisis, Tomiño tamén segue un
camiño de menos financiación, que xunto ós baixos impostos, e gastos crecentes,
da como resultado que teña unha das maiores deudas municipais; logrando así retrocesoo do -36,41%,
referido a todo o período.
Tui:
2.008 3.297.887,14€ 194,31€/hab
2.009 3.212.517,42€ 186,10€/hab
2.010 2.491.366,48€ 143,99€/hab
2.011 2.650.240,92€ 153,76€/hab
2.012 2.801.087,70€ 162,57€/hab
Nestes anos de crisis, Tui tamén segue un camiño
descendente; logrando así unha mingua
do -16,33%, referido a todo o período.
Como vemos tódolos concellos receben menos
financiación do Estado, especialmente duro é o caso de
Tomiño que recebe un 36,41% menos. Outra cousa é A Guarda, que
incrementa a súa financiación, pero é gracias ás obras do Castelo de Sta. Cruz.
Agora imos a facer un cálculo, para o caso dun concello unificado, aquí imos a
considerar a suma das financiacións percibidas, e ó lado imos a situa-lo
incremento mínimo que sinala a Lei para este casos.
Foz do Miño: Sumatorio +Incremento
2.008 3.508.645,39€ 174,31€/hab 3.859.509,93€ 191,74€/hab
2.009 3.419.825,10€ 169,90€/hab 3.761.807,61€ 186,89€/hab
2.010 2.859.320,01€ 142,05€/hab 3.145.252,01€ 156,26€/hab
2.011 2.942.062,33€ 146,17€/hab 3.236.268,56€ 160,78€/hab
2.012 3.560.916,24€ 176,91€/hab 3.917.007,86€ 194,60€/hab
Nestes anos de crisis, supoñendo un concello
unficado, a financiación do Estado houbese tido un incrmento de +1.49%; pero se
engadimos as ventaxas que sinalan a Lei, a situación melloraría logrando así un incremento do +11,64%,
referido a todo o período.
Mirador do Monte Ancos, a 10 de Marzo do 2.014.
Gabriel Arcángel de Dios. Profesor universitario de Derecho
Internacional en la
Universidad de ACME (Acme; West Virginia; USA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario