jueves, 27 de marzo de 2014

Arriba e abaixo



CHANCHONADA  228º

Arriba e abaixo.





Hoxe imos a presentar un traballo sobre os de arriba i os de abaixo; ou sexa imos a facer uns cálculos sobre o custe que teñen as nosas Corporacións (cargos electos), nunha cuantía total, en ratio sobre os habitantes de cada concello i nun ratio sobre que porcentaxe supón este gasto sobre o total do custe do persoal municipal. Tamén están os datos sobre o custe total do persoal municipal, facendo unha comparación sobre que porcentaxe supón este gasto sobre o total do orzamento de gasto corriente de cada concello. Os datos están referidos a 2.012.


A Guarda:

Coste total Corporación:  153.659,10€
Coste Corporación por habitante:  14,70€
% coste de Corporación do gasto do persoal:  6,75%.
Gasto total persoal:  2.277.541€
Coste persoal por habitante:  217,88€
% coste persoal do gasto ordinario do orzamento:  40,63%.


Oia:

Coste total Corporación:  61.585,86€
Coste Corporación por habitante:  19,86€
% coste de Corporación do gasto do persoal:  14,58%.
Gasto total persoal:  422.371€
Coste persoal por habitante:  136,20€
% coste persoal do gasto ordinario do orzamento:  30,24%.

O  Rosal:

Coste total Corporación:  68.895,52€
Coste Corporación por habitante:  10,48€
% coste de Corporación do gasto do persoal:  5,43%.
Gasto total persoal:  1.267.963€
Coste persoal por habitante:  192,88€
% coste persoal do gasto ordinario do orzamento:  44,73%.

Tomiño:

Coste total Corporación:  144.386,38€
Coste Corporación por habitante:  10,51€
% coste de Corporación do gasto do persoal:  6,96%.
Gasto total persoal:  2.074.292€
Coste persoal por habitante:  150,99€
% coste persoal do gasto ordinario do orzamento:  40,25%.

Tui:

Coste total Corporación:  144.904,30€
Coste Corporación por habitante:  8,41€
% coste de Corporación do gasto do persoal:  4,57%.
Gasto total persoal:  3.166.493€
Coste persoal por habitante:  183,78€
% coste persoal do gasto ordinario do orzamento:  43,27%.

Antes de finalizar, tamén faremos un cálculo similar para un suposto concello unificado (A Guarda, Oia e Rosal); neste caso o gasto da Corporación colleremos o da Guarda, pois este suposto concello tería 17 cargos electos (número actual de concelleiros da Guarda i supoñemos un coste igual ou similar). Os custes de persoal serán a suma total dos actuais concellos; o valor total dos orzamentos variaría e o deixamos como incognita. O custe das Corporacións de Oia e Rosal, neste caso serían o aforro resultante.

Foz do  Miño:

Coste total Corporación:  153.659,10€
Coste Corporación por habitante:  7,63€
% coste de Corporación do gasto do persoal:  3,87%.
Gasto total persoal:  3.967.875€
Coste persoal por habitante:  197,13€
% coste persoal do gasto ordinario do orzamento:  ???.
Aforro neste apartado:  +130.481,38€ por ano

Estas son as nosas conclusións:

1º)  Destaca o alto custe en ratio de  €/habitante que ten a Corporación municipal do Concello de Oia; é o valor maís alto dos concellos miñotos, tamén o alto procentaxe que consume do seu orzamento municipal. Polo tanto, para o noso entender é una Corporación que sae cara ós seus veciños oienses.

2º)  Destacan os altos porcentaxes que supón o gasto de persoal sobre o total do orzamento ordinario dos Concellos de Tui e do Rosal. Na situación contraria está Oia, unha porcentaxe moi baixa i un ratio de  €/habitante moi baixo; semella que a opinión de certos veciños de Oia ten visos de ser real: “O Concello de Oia non é capaz de dar servicios ós seus veciños”; os datos númericos apuntan nesa dirección, por iso, posiblemente os concellos da Guarda e Rosal teñen ratios máis altos,... ¿para prestar servicios ós veciños oienses?.

3º)  Cando comenzamos a recoller datos para o “Mirador”, nas actas plenarias da Guarda de Xullo do 2.011 sorprendeunos as fortes críticas do voceiro do BNG contra os custes da Corporación guardesa, poñendo coma exemplo o que fai o BNG de Tomiño. Repasando estes datos que están maís actualizados vemos que as cantidades son similares, o porcentaxe sobre o custe total do persoal é moi similar, o porcentaxe do gasto de persoal sobre o orzamento ordinario tamén é moi similar,... Dudamos moito dos coñecementos matemáticos do voceiro do BNG da Guarda.

4º)  Cando analizamos o suposto dun concello unificado; vemos que o custe da hipotética Corporación municipal ten o ratio de custe en  €/habitante máis baixo, tamén o porcentaxe sobre o orzamento é o máis baixo de todos. A conclusión matemática é moi sinxela e nitida: “a maior dimensión de poboación o custe da Corporación municipal é menor. O ratio do custe en  €/habitante do persoal municipal sería similar ó da Guarda, Tui e Rosal,... polo tanto isto non perxudica a este veciños (guardeses e rosaleiros), pero sobre todo beneficia ós oienses. Ó final desta lexislatura municipal (2.011 a 2.015), a situación actual supón un sobre custe de 521.925,52€; por desgracia nestes apartados os políticos non se atreven a facer recortes; ¿porqué?

Isto son datos matemáticos e comparacións; vostedes poden ter outras conclusións. Así máis ou menos xa sabemos que nos custan os de arriba (os nosos cargos electos, que forman as nosas Corporacións municipais), en comparación cós empregados municipais (os de abaixo) dos nosos concellos.


Mirador do Monte Ancos, a 28 de Marzo do 2.014.
Johannes  Kuhn Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”).  Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania)






No hay comentarios:

Publicar un comentario