viernes, 14 de marzo de 2014

Paro en Febreiro 2.014



CHANCHONADA  221º

Paro en Febreiro 2.014.





Datos do desemprego de Febreiro do 2.014; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, temos una pequena baixada no desemprego no Baixo Miño de -55 parados, o paro baixa en tódolos concellos, máis da metade dos novos empregos xeneranse na Guarda..

A Guarda  en Febreiro de 2.014  = 1.051 parados  (Homes 524 e Mulleres 527)
Menores de 25 = 67 (Homes 35 e Mulleres 32)
Entre 25 e 44 = 546 (Homes 257 e Mulleres 289) (51,95% do total de desempregados)
Maiores de 45 =  438 (Homes 232 e Mulleres 206)
Agricultura = 150
Industria = 133
Construcción = 117
Servicios = 587  (55,85% do total de desempregados)
Sin emprego =  64        

Na Guarda o paro baixa en 30 persoas, hai creación de emprego en ambos sexos e tódolos grupos de idades, excepto en homes maiores de 45 anos; a agricultura e pesca ten 8 novos empregos, construcción con 5 empregos, servicios ten 20 novos empregos, sen emprego anterior hai 5 novos empregos, na industria hai +8 desempregados. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun 2,77%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un 1,59%, baixa en 17  parados. O paro na Guarda neste intre está cerca dos seus máximos históricos.

 O  Rosal  en Febreiro de 2.014  = 776 parados  (Homes 380 e Mulleres 396)
Menores de 25 = 53 (Homes 28 e Mulleres 25)
Entre 25 e 44 = 369 (Homes 188 e Mulleres 181) (47,55% do total de desempregados)
Maiores de 45 =  354 (Homes 164 e Mulleres 190)

Agricultura = 105
Industria = 125
Construcción = 134
Servicios = 368 (47,42% do total de desempregados)
Sin emprego =  44

No Rosal o paro baixa en 8 persoas, baixa en tódolos grupos de idades i sexos, excepto na poboación feminina maior de 45 anos; na agricultura i pesca hai 6 empregos, os servicios crean 7 empregos, a industria ten 3 desempregados, construcción e sen emprego anterior teñen 1 desempregado cada un. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -1,02%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -4,90%, con -40 parados. Realmente é casi un bó dato o de O Rosal, unha baixada no paro sempre é unha boa nova.


Oia    en Febreiro de 2.014  = 366 parados  (Homes 190 e Mulleres 176)
                Menores de 25 = 24 (Homes 12 e Mulleres 12)
                Entre 25 e 44 = 205 (Homes 101 e Mulleres 104)  (56,01% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  137 (Homes 77 e Mulleres 60)

                Agricultura = 54
                Industria = 36
                Construcción = 52
                Servicios = 189  (51,64% do total de desempregados)
                Sin emprego =  31

En Oia o paro baixa en 2 persoas, baixa o paro na poboación masculina menor de 44 anos e na feminina maior de 45 anos, mentras que a poboación feminina menor de 44 anos sube o paro; os servicios crean 5 empregos, hai un semprego no grupo de sen emprego anterior, pero a agricultura e a industria xeneran 2 desempregados cada unha delas, na costrucción non hai trocos. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -0,54%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -5,43%, con -21 parados. Hai que recoñecer que Oia movese dun xeito distinto ós seus concellos veciños, pero destaca e moito por ter menor paro feminino, pero dende Decembro do 2.013 o mercado laboral prácticamente está parado.

 Tomiño    en Febreiro de 2.014  = 1.834 parados  (Homes 908 e Mulleres 926)
                Menores de 25 = 157 (Homes 81 e Mulleres 76)
                Entre 25 e 44 = 871 (Homes 408 e Mulleres 463)  (47,49% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  806 (Homes 419 e Mulleres 387)

                Agricultura = 220
                Industria = 265
                Construcción = 322
                Servicios = 894  (48,75% do total de desempregados)
                Sin emprego =  133
               
En Tomiño o paro baixa en 12 persoas, sube o desemprego nas mulleres con 11 paradas novas, todas maiores de 25 anos, creánse 23 postos de traballo na poboación masculina; na industria hai 3 empregos, na construcción 4 empregos, servicios 5 empregos, na agricultura hai 2 desempregados, igual cantidade de desempregados no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -0,65%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -50 parados, un -2,65%. Tomiño é un dos concellos o novo paro feminino é alto; diremos que a baixa é boa, pero ó igual que Oia mostra un mercado laboral inactivo.

Tui    en Febreiro de 2.014  = 2. 320 parados  (Homes 1.038 e Mulleres 1.282)
                Menores de 25 = 185 (Homes 107 e Mulleres 78)
                Entre 25 e 44 = 1.194 (Homes 506 e Mulleres 688)  (51,47% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  941 (Homes 425 e Mulleres 516)

                Agricultura = 96
                Industria = 390
                Construcción = 319
                Servicios = 1.246 (53,71% do total de desempregados)
                Sin emprego =  269
               
En Tui o paro baixa en 3 persoas. Hai 15 novos empregos na poboación masculina menor de 44 anos, pero hai 12 novas desempregas en tódos os grupos de idade e 2 desempregados novos en homes maiores de 45 anos; na agricultura hai 6 novos empregos, na industria 2 empregos, na construcción 1 emprego, e nos servicios 3 empregos; sube en 9 parados o grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un 0,12%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en 30 parados, un -1,27%. Tamén está a presentar un certo crecemento acelerado nos últimos meses; pero debería prestar atención á poboación feminina.


1º)  O paro na Guarda ainda está cerca dos máximos históricos.
2º)  No Baixo Miño, temos actividade no mercado laboral da Guarda e Rosal; os outros tres concellos o seu mercado laboral está moi inactivo.
3º)  A pesar das boas baixadas da Guarda e Rosal que na industria non se xenerá emprego, e hai moitos empregos nos servicios,...¿?, con comercios pechando, e formado maioritariamente por autonómos, agora xa é máis visible o efecto migratorio.
4º)  Respecto ó paro por sexos; na Guarda e Rosal hai un equilibrio entre ambos grupos de poboación; Tomiño i especialmente Oia é onde o paro feminino é menor. Tui presenta o extremo oposto, onde o paro feminino é maior, e onde por desgracia segue medrando dun xeito descontrolado.
5º)  Neste mes de Febreiro, podemos dicir que a baixada do paro é unha boa nova; pero moi posiblemente sexa por factores alleas á nosa comarca. Agora que xa temos datos máis depurados, xa se ollan resultados dos efectos migratorios dos meses anteriores.

Mirador do Monte Ancos, a 14  de Marzo do 2.014.
Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario