CHANCHONADA 157º
Dor de gota.
Semella que esta semana o Sr. Alcalde da Guarda
tivese un ataque de gota; esa enfermidade que é consecuencia da acumulación de
sales de urato (sales derivadas do ácedo úrico), que tenden a acumularse nas
articulacións, e moi especialmente no dedo gordo do pé (articulación
metatarsofalángica do hallux). Non sabemos si o Sr. Alcalde da Guarda ten un
“pé exipcio” onde o dedo hallux ou dedo gordo é o máis grande do pé, ou si ten
un “pé grego” onde o dedo contiguo ó hallux é o de maior tamaño. Pero o caso é
que a noticia sobre certa vixiancia que fai o Ministerio de Facenda sobre as
contas de Concello, sentoulle moi mal, como se a un enfermo de gota alguen lle
pisa o pé (especialmente o dedo hallux).
Tan ardua foi a defensa das contas da súa xestión
que chegou a facer afirmacións esaxeradas, chegando a dicir que as contas do
Concello xa non teñen deudas e cousas similares. Imos a explicarlle ós nosos
queridos lectores un concepto básico, a Deuda Total municipal
está formada polos seguintes tres conceptos contables:
A) Deuda Viva; que son as cantidades que se lle deben ás
entidades de crédito.
B)
Deudas coas
Administracións, son as cantidades que se lle deben a outras Administracións públicas.
C)
Deudas cós proveedores; son as facturas sen
pagar ós proveedores.
Normalmente,
cando os nosos alcaldes falan sobre a deuda municipal, fan referencia ó
concepto de Deuda Viva; por algunha extraña razón que non comprendemos,
esquecen falar das deudas coas Administracións e sobre todo das deudas cós
proveedores,... este último dato case que é segredo municipal, e tende a ser
tapado por todos. Imos tentar facer un pequeno esquema, onde imos a ver en cada
concello a deuda viva en cantidade monetaria e o ratio equivalente en habitante
(cantidades que lle correspondería a cada habitante do concello).
A Guarda: Ratio habitante Deuda viva
2.008 154,84€ 1.611.000€
2.009 129,21€ 1.347.000€
2.010 116,21€ 1.217.000€
2.011 111,31€ 1.167.000€
2.012 96,05€ 1.004.000€
Vemos que hai un proceso continuo de reduci-la
deuda coas entidades bancarias; seguindo estás pautas en 8 anos estarían
saldadas as deudas cóas entidades bancarias.
Oia: Ratio habitante Deuda viva
2.008 42,61€ 136.000€
2.009 39,36€ 127.000€
2.010 36,28€ 116.000€
2.011 33,03€ 105.000€
2.012 78,88€ 244.600€
Vemos que hai un proceso continuo de reduci-la
deuda coas entidades bancarias ata o ano 2.011; logo no ano 2.012 xeneránse novas deudas a un nivel que supón un
crecemento de case un 80%; ¿por qué e para qué?.
O Rosal: Ratio habitante Deuda viva
2.008 1,86€ 12.000€
2.009 0€ 0€
2.010 0€ 0€
2.011 26,61€ 176.000€
2.012 18,41€ 121.000€
Vemos que hai un período de deudas moi pequenas ou
nulas; pero a partir do 2.011 xeneránse unhas cantidades importantes,
xustamente cando o Alcalde do Rosal
vende en público que o Concello do Rosal non ten deudas,... realmente as
liquidacións das contas amosan todo o contrario. Hai que recoñecer que
o Sr. Alcalde do Rosal é un maestro en vender aquilo que non existe.
Tomiño: Ratio habitante Deuda viva
2.008 13,79€ 179.000€
2.009 9,84€ 131.000€
2.010 8,00€ 108.000€
2.011 3,09€ 42.000€
2.012 119,16€ 1.637.000€
Vemos que hai un proceso continuo de reduci-la
deuda coas entidades bancarias, case que se acada un nivel de deuda cero; pero
de súpeto no ano 2.012 a
deudas cóas entidades bancarias disparanse, pois xenerase un nova deuda de
1.595.000€. Hoxe Tomiño é o concello
do Baixo Miño coa deuda máis alta cós bancos,... ¿Por qué?
Tui: Ratio habitante Deuda viva
2.008 57,62€ 978.000€
2.009 54,92€ 948.000€
2.010 43,63€ 755.000€
2.011 30,40€ 524.000€
2.012 17,06€ 294.000€
Vemos que hai un proceso continuo de reduci-la
deuda coas entidades bancarias; seguindo estás pautas en 2 anos estarían
saldadas as deudas cóas entidades bancarias.
Baixo Miño: Deuda viva
2.008 2.916.000€
2.009 2.553.000€
2.010 2.196.000€
2.011 2.014.000€
2.012 3.300.600€
Vemos que na comarca do Baixo Miño ata o ano 2.011
estáse a reduci-la deuda viva; pero logo
no 2.012 crece un 64%, en gran parte pola xeneración de deuda cós bancos que
fai o Concello de Tomiño.
No ano
2.008, o 55% da deuda viva total da comarca lle corresponde ó Concello da
Guarda, ou sexa ata ese momento o Concello da Guarda era o máis endebedado cós
bancos.
No ano 2.012, a deuda viva total na comarca crece un
+64%, hoxe a deuda cós bancos que ten
o Concello de Tomiño representa o 49,6% do total comarcal, polo tanto é o concello que ten as
maiores deudas cós bancos. Isto resulta algo inconcluente, sabendo que
o goberno municipal de Tomiño é ostentado polo BNG, forza política que ten un
discurso anti-bancario, contra as entidades de crédito,... pero logo acuden a
estas a pedirlle crédito; isto é unha desas inchorencias a que xa nos ten
acostumados a Sra. Alcadesa de Tomiño: predicar unha cousa é logo facer outra
distinta.
Imos rematar có noso paciente gotoso; imoslle a
facer un novo cadro onde se compara o ratio da deduda viva, có ratio da deuda
total (tomada esta dos documentos da “Conta Xeral Municipal” dos últimos anos).
A Guarda: Ratio Deuda Viva Ratio
Deuda Total % Deuda Viva
2.011 111,31€ 122,79€ 90,65%
2.012 96,05€ 175,80€ 54,64%
Vemos que no ano 2.011 case que todo era deuda
viva (deudas cós bancos); pero no ano 2.012 as deudas coas Administracións e
con proveedores creceron moito. De feito o
ratio da Deuda total creceu no ano 2.012 en +53,01€, ou sexa aumentou un 43%;
polo tanto as deudas do Concello da Guarda aumentaron.
Facendo unha operación aritmética moi simple: (Ratio
de Deuda Total) x (nº de habitantes) = Deuda total
(175,80€) x
(10.454 habitantes) = 1.837.813,20€
Se
a cantidade de Deuda Total, lle restamos a Deuda viva, o que temos son as
deudas con outras Administracións e deudas con proveedores:
(1.837.813,20€)
- (1.004.000€) = 833.813,20€
Como
ve Sr. José Manuel Freitas (Alcalde da Guarda) é moi sinxelo e simple facer
contas, lamentablemente estas non son coincidentes dó que vostede predica na
prensa.
Mirador do Monte Ancos, a 2 de Novembro do 2.013.
Johannes Freitag
Feierabend (“Juan Viernes Tiempo libre”).
Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla
(Baja Austria; Austria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario