domingo, 10 de noviembre de 2013

Presión Fiscal Municipal


CHANCHONADA  161º

Presión Fiscal  Municipal.



Cando chegas a vivir a un país distinto; necesitas un período de adaptación que normalmente dura varios meses; ahi unha primeira fase de desconcerto e cabreo por todas esas cousas que son distintas con respecto ó pais de orixen,... pero logo có tempo a adaptación sorte efecto e fase de cabreo e desconcerto desaparece.

Para os novos residentes en España que vimos do outro lado do Atlántico ou das terras que están ó leste do Vístula ou da desembocadura do Danubio; unha das cousas “chocantes” son o número de contenedores de lixo e o seu colorido: verde (materia orgánica), amarelo (plástico e envases), azul (papel e cartón), verde (envases de vidro), laranxa (aceites e graxas domésticas), gris (lixo non clasificable),.... Polo tanto, necesitamos vivir un período de adaptación a este proceso de selección, separación do lixo doméstico.

Entendemos que todo isto ten un custe, que son necesarias unhas instalacións e infraestructuras, onde os contenedores son unha pequena parte, imprescindible, e moi posiblemente a única que coñecen os cidadáns. O que non entendemos é que por culpa de malas xestións administrativas e malas decisións políticas, teñan que repercutirse todos estes erros sobre as moi minguadas economías domésticas. A nosa opinión é que plantexar unha subida para o 2.014, dun +34% do recibo do lixo, é toda unha salvaxada.

Hoxe imos a falar da Presión Fiscal Municipal, evidentemente imos a facer un contas moi simples, de tódolos impostos que de carácter municipal que cobran os nosos concellos, o total desas cantidades as dividimos entre os números de habitantes de cada concello; así o que temos é o ratio de presión fiscal municipal por habitante. Este ratio de presión fiscal municipal por habitante, é moi útil para poder ollar dun xeito moi comparativo, que cantidade en impostos paga cada residente en ese concello.

A Guarda:             2.008       2.009         2.010        2.011     2.012    (incremento %)     
                               302€        295€           277€         290€      307€     +1,65%

Oia:                        2.008       2.009         2.010        2.011     2.012    (incremento %)     
                               166€        172€           178€         214€      209€     +25,90%

O  Rosal:                2.008      2.009         2.010        2.011     2.012    (incremento %)     
                               200€        244€           205€         196€      224€     +12,00%

Tomiño:                 2.008       2.009         2.010        2.011     2.012    (incremento %)     
                               160€        210€           230€         224€      218€     +36,25%

Tui:                        2.008       2.009         2.010        2.011     2.012    (incremento %)     
                               276€        268€           328€         269€      323€     +17,00%

Conclusións:
                1º)  Destacan os fortes incrementos de presión fiscal municipal de Tomiño e Oia feitos nestes últimos anos; logo nunha posición intermedia están Tui e O Rosal, onde os incrementos tamén son importantes.
                2º)  O anterior é consecuencia que ambos concellos xa partían dunha presión fiscal municipal moi baixa, para ir actualizandolla o único camiño que queda é facela crecer a un ritmo de crecemento superior ó dos ingresos dos cidadáns.

                3º)  A pauta descrita anteriormente de facer crece-la presión fiscal municipal, vai seguir nos vindeiros anos; pois nos casos de Oia, O Rosal e Tomiño ainda están moi por baixo da media provincial.

                4º)  O nosos gobernantes, xogan a dar tres pasos adiante na presión fiscal municipal e logo un pasiño atrás. Normalmente no ano anterior e no ano de eleccións locais baixan suavemente a presión fiscal, para logo nos dous ou tres anos seguintes volver a face-la crecer. Este xogo fiscal-electoral é moi evidente no Rosal, Tomiño e Tui.

            5º)  A política impostitiva non debe ser un xogo electoral, nin estar ó capricho do alcalde de turno; pois é un tema que afecta a todos en xeral. Lembramos que fai uns anos, os veciños do Rosal presumían da escasa presión fiscal municipal que tiñan,...hoxe xa non presumen tanto; pero o problema está que cada día na Guarda hai un malestar a esta elevada presión fiscal municipal, e que parte da caulpa é que os veciños da Guarda pagan servicios ós veciños dos outros concellos. Isto pode ser perigoso a medio e longo prazo; así que señores gobernantes deixense de facer chorradas cós impostos.

                6º)  A última conclusión, naqueles concellos onde hai maioría absoluta é onde máis medra a presión fiscal municipal; de tal xeito que os gobernos do PP e BNG non se diferencian nisto. O único concello onde non hai maioría absoluta é onde menos medra a presión fiscal municipal.


Mirador do Monte Ancos, a 10  de Novembro do 2.013.

Elpidio  Dineral  Albanco.  Director comercial de la zona Oeste y miembro del Consejo de Administración del Banco Jones (Escondido; San Diego; California; USA)




No hay comentarios:

Publicar un comentario