lunes, 4 de noviembre de 2013

Loita libre municipal


CHANCHONADA  158º

Loita libre municipal.



Lembro que de pequeno o meu irmán e os seus amigos eran moi afeccionados a un programa sabatino de “Pressing Catch”; seguro que algúns lembrades aquel programa de loita libre simulada, cós comentarios surrealistas dos presentadores,... Cando facíamos as guerras de almofadas, o meu irmán era moi dado a face-lo salto simulando que golpeaba có codo no ventre do contrario (algunhas veces o golpe era real). Ben os anos pasan inexorablemente para todos, hoxe sabemos que aquilo só era unha ficción, pero que non existían como tal aqueles golpes.

Pero na vida real administrativa interna dos nosos concellos si que existe unha especie de “Pressing Catch”; pero este ten pouco de ficción e moito de real; hai unha gerra soterrada continua entre as partes, pero que ó cidadán da rúa lle pasa desparcibida i lle é totalmente descoñecida; pero para aqueles que temos unha relación directa e paralela coa Administración Local si que a coñecemos, e as veces nos aproveitamos desas loitas para conseguir avances en determinadas xestións, ou reduci-lo avance de outras.

Imos a expoñe-los principaís combatentes deste espectáculo de loita libre: “Pressing Catch Municipal”.

1º)  Secretario contra Asesor. O Asesor (persoa masculina ou feminina) sempre é alguén de moita próximidade e confianza do titular da Alcaldía; vai procurar que tódolos asuntos onde o Alcalde ten comprometida a súa palabra (especialmente con aqueles que xenerosamente contribuiron económicamente na campaña electoral) teñan prioridade administrativa, e tódolos trámites sexan feitos por vía de urxencia. Normalmente sempre topa coa oposición do Secretario, quen se nega a entrega-lo mando que marca os tempos administrativos.

2º)  Secretario contra Interventor.  Esta é a loita máis típica e usual dentro da Administración Local; poderíamos decir que algo similar ó partido R. Madrid contra FC Barcelona. O problema é cando a cousa se desmadra entre estes dous funcionarios de habilitación nacional; pois normalmente que remata por perder sempre é o Concello. Mentras estes dous loitadores pelean, algúns interesadamente apoiarán ó Secretario, para ver axilizado a tramitación dun expediente, ou ó Interventor para que se axilice o trámite para cobrar unhas facturas,... Raro, pero moi raros son os casos onde Secretario e Interventor fan frente común contra as inxerencias dos políticos de turno; pero hai un enemigo que ambos non gostan: O Asesor.

3º)  Alcalde contra Secretario, ou Interventor. Combate moi desigual; na inmensa maioría das ocasións sempre gaña o Alcalde; polo tanto para saber que funcionario de habilitación nacional é quen manda no Concello, só é necesario saber quen deles se leva moi ben có Alcalde. No mundo da Administración Local, si esta fose unha Iglesia, o Secretario e Interventor serían obispos,... pero o alcalde sería o Papa. O problema non é que na maioría dos cambates gañe o Alcalde, senón nas formas de administra-la victoria, e hai moitos Alcaldes que gostan de humilla-lo seu rival ante os demáis membros da Corporación e sobre todo ante os outros funcionarios.

                Pero este combate hai que estudiar con coidado certas versións particulares:

A)     Alcalde contra Secretaria, ou Interventora.  O combate non é tan duro; normalmente sempre hai unha especie de pacto de non facer chega-la sangre ó rio,... Pois é de moi mala educación humillar a unha dama en público. Ainda que hai una victoria, de cara á galería dos subordinados (funcionarios municipais) vendese un empate técnico.
B)      Alcaldesa contra Secretaria, ou Interventora. Cando as damas loitan polo poder, as batallas son más sanguinarias,... Pois ademáis dos conceptos administrativos, económicos, de xestións,... entran outros máis e importantes na mentalidade feminina.
C)      Alcaldesa contra Secretario, ou Interventor. Victoria para a dama; pero dependendo da amabilidade e galanteria do funcionario, poderá anotarse discretamente algún tanto e non ser humillado ante os subordinados.

4º)  Concelleiro delegado contra Secretario, ou Interventor. Depende do nivel de mando no escalfón político que hai debaixo do Alcalde; o máis poderoso sempre será o “Delfín – Herdeiro”, pois é coidado e mimado polo Alcalde como futuro Alcaldable. Este tipo de concelleiro coñece a materia e cornea; polo tanto hai que ter coidado con él. Pero os concelleiros de rango inferior, non teñen tanto poder i moitas veces están para servir como parachoques do Alcalde; ante estes últimos hai que actuar con presteza e golpear sen consideración.

5º)  Concelleiro delegado de Festas contra Secretario, ou Interventor. Realmente é un concelleiro que non é Delfín, normalmente é dos máis baixos en escalafón y sempre deben actuar como parachoques, pois os festexos nunca serán a gosto de tódolos veciños. Victoria fácil para o Interventor sobre todo, pois con eles sempre hai que lidiar con cartos,... pero non hai que humillalos, pois sempre son unha fonte de información fiable da trastenda política, para saber que se coce por alí.

6º)  Secretario ou Interventor contra Técnico da Xunta ou Deputación. Ambos son funcionarios da Administración, pero estes últimos teñen un sentido de superioridade por pertencer a unha Administración de rango superior. Sempre están a tocalos c...ones pedindo papeis e máis papeis para verifica-las subvencións, incluso papeis que non piden as Leis e Reglamentos,... O consello profesional é mantelos sempre contentos, pois o importante é non perde-los cartos das subvencións. Ademáis poden ser un eficaz aliado para os cambates dos puntos 1º, 2º e 3º; moitas das victorias dos funcionarios de habilitación nacional son gracias a eles.


Queremos felicitar a un amigo guardés residente en Tui, para que él i a súa dona disfruten da súa nova filla; ¡Felicidades Cintia e benvida a este mundo!

Ós amigos rusos, féliz Día da Unión do Pobo.

Mirador do Monte Ancos, a 4  de Novembro do 2.013.

Umberto  Vino Nuevo.  Maestro destilador y enologo de Cajón de Ginebra Grande (Chubut, Patagonia; Argentina)



No hay comentarios:

Publicar un comentario