CHANCHONADA 162º
Viva Fornelos.
“Reunidas todas las fuerzas vivas de Fornelos en magna asamblea,
acuerdan por unanimidad emanciparse de la tutela centralista; erigiéndose en
Estado Independiente, con derecho a regirse por Leyes propias, así como a
formar parte de la Liga
de las Naciones.
La primera Orden del
nuevo Gobierno de Fornelos es dictaminar la paralización de los cultivos en los
terrenos para la construcción de la carretera Guardia-Fornelos; lo cual es una
gran ansía y deseo de nuestro Diputado por Acevedo.
¡Viva la Paz Universal Mundial!
Fornelos a 17 de
Noviembre de 1.918.”
O anterior está escrito no semanario “La voz del
Tecla”, no seu número 397, publicado o 23 de Novembro de 1.918. Polo tanto non
é unha borma que nos inventamos; isto quere dicir que o vindeiro domingo
celebraremos o 95º aniversario da Declaración
de Independencia Nacional de Fornelos.
Supoñemos que aquela declaración institucional de
1.918 foi unha broma guasona de varios veciños de Fornelos (barrio do Concello
do Rosal), ó que se sumou algún veciño de Acevedo (barrio de Oia). No Baixo
Miño sabemos que os veciños de Fornelos son moi dados ás bromas e carnavaladas,
e posiblemente esta fose a millor de todas.
Dado que esta “Declaración de Independencia
Nacional” non foi anulada,...polo tanto Fornelos segue sendo unha nación
independente,... lamentablemente vai ser unha data que pase sen pena, nen
gloria,... pois todos os veciños de Fornelos e
rosaleiros descoñecen este dato de broma histórica. Como
elemento anecdótico está ahi, descoñecido si, pero non totalmente esquecido;
naqueles días posteriores ó final da 1ª Guerra Mundial houbo moitos actos e
festexos,... Pero como a “Declaración da Independencia Nacional de Fornelos”
non coñecemos outro similar.
Naqueles días de Novembro de 1.918, todo o Baixo
Miño vivía moi angustiado pola epidemia de gripe que xa duraba máis dun mes;
estaba causando estragos na poboación, nela morrerón personas importantes da
sociede local, pero tamén moitas familias das clases baixas,... eran días e
semanas moi luctuosos, tristes,... e as autoridades sanitarias eran incapaces
de para-los contaxios e mortes de aquela pandemia de gripe (que pasaría a
historia como a “gripe española”, aínda que tivese o seu orixen no continente
americano).
Na “chanchonada 149º” do 16 de Outubro, falamos do
“efecto vendimia”, onde facíamos unha comparación matemática entre o número de
postos de traballo creados durantes os meses de Agosto e Setembro, para logo
comparalo có crecemento do paro no mes de Outubro. Naquel intre ainda non
tiñamos os datos do paro de Outubro. O “efecto vendimia” viña a dicir que a
destrucción de emprego do mes de Outubro é máis intensa que a creación de
traballos dos meses de Agosto e Setembro.
Efecto Vendimia do ano 2.013.
A Guarda: Nº de empregos Agosto e Setembro Nº de empregos Outubro
-70 parados +116 parados
O Rosal: Nº de empregos Agosto e Setembro Nº de empregos
Outubro
-64 parados +90 parados
Oia: Nº
de empregos Agosto e Setembro Nº
de empregos Outubro
+3 parados +13 parados
Tomiño: Nº
de empregos Agosto e Setembro Nº
de empregos Outubro
-87 parados +167
parados
Tui: Nº
de empregos Agosto e Setembro Nº
de empregos Outubro
-53 parados +85 parados
Como vemos, o “Efecto vendimia” surtíu efecto na
Guarda, Rosal, Tomiño e Tui; sendo máis intenso no caso de Tomiño, pois case
dobra o número de novos desempregados, con respecto ós empregos xerados durante
Agosto e Setembro.
No Rosal destrúese o emprego xerado e un 40%
adicional; na Guarda e Tui tamén se destrúe o emprego xerado e un 60%
adicional; pero en Tomiño ademáis de
destrui-los empregos xerados, hai un adicional do 92%.
Como nota humorística final; os membros deste
Mirador do Monte Ancos, estamos considerando a posibilidade legal e xurídica de
autonomearnos como: “Gobierno
Nacional de la República Soberana
de Fornelos”; para cubri-la vacante de valeiro de poder que existe.
Mirador do Monte Ancos, a 12 de Novembro do 2.013.
Francisco Jones
Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y
transporte de crudo de la
TEXACO JONES OIL
No hay comentarios:
Publicar un comentario