CHANCHONADA 166º
Gastos de Persoal Municipal 1º.
A Victor Kráyev fai uns 10 anos regalaronlle unha gaita galega (regalo dun mestre artesán de San Petersburgo), pero este moscovita, profesor de música non sabía moi ben que tocar con ela,... sabía interpretar música de orixen gaélico, de Escocia e Irlanda,... pero aquela gaita galega lle era descoñecida, lle era descoñecida esa cultura celta que hai no noroeste da península Ibérica. Pero a base de esforzos, logrou coñece-la música de Galicia e Asturias i en 2.005 fundou o primer grupo de gaiteiros rusos, cós seus amigos Andrei Bairámov e Vladislav Cherepovski, xuntos forman “Los Gaiteros de Moscú”.
Pois ben, dentro
duns días terá lugar un esperado e moi desexado concerto onde “Los Gaiteros de
Moscú” serán os anfitrións de “Milladoiro”, o mellor grupo de música
tradicional galega. Vai ser algo especial, pois “Los Gaiteiros de Moscú” nun
estiveron en Galicia, eles interpretan a nosa música galega, xa se fan gaitas
galegas en Rusia,... Non sería de estrañar que en poucos anos, o exército ruso
incorporase unha banda de gaiteiros ó seus famosos coros.
Hoxe imos falar, do que gastan os nosos concellos
en pagar ó persoal municipal, eses empregados moitas veces vilipendiados, sobre
todo en tempos de crisis,... nós non imos a defendelos, pero por desgracia hai
exemplos de algúns que non se gañan o salario. Aquí imonos centrar en varios
artigos para facer un estudio esconómico; imos a ir devagar para clarificar
todo.
Cantidades monetarias en gastos de persoal
municipal:
A Guarda: Ano Cantidade
2.008 3.092.073€
2.009 2.638.445€
2.010 2.646.048€
2.011 2.563.890€
2.012 2.277.541€
Nestes 5 anos a partida de persoal reducíuse en 814.532€; facendo
unha reducción dun 26,34%.
Oia: Ano Cantidade
2.008 458.265€
2.009 509.956€
2.010 493.767€
2.011 540.430€
2.012 422.371€
Nestes 5 anos a partida de persoal reducíuse en 35.894€; facendo
unha reducción dun 7,83%. Por desgracia Oia é
un deses concellos onde no ano electoral incrementase esta partida, para
contratar temporalmente a máis veciños,... buscando o seu efecto electoral
(¡¿Compra de votos?!)
O Rosal: Ano Cantidade
2.008 1.431.471€
2.009 2.003.995€
2.010 1.4306.788€
2.011 1.327.480€
2.012 1.267.963€
Nestes 5 anos a partida de persoal reducíuse en 163.508€; facendo
unha reducción dun 11,42%. No Rosal nótase
moito o efecto que tivo o Plan E, en xenerar emprego temporal.
Tomiño: Ano Cantidade
2.008 2.240.501€
2.009 2.870.591€
2.010 2.307.665€
2.011 2.134.733€
2.012 2.074.292€
Nestes 5 anos a partida de persoal reducíuse en 166.209€; facendo
unha reducción dun 7,41%. Sabemos que durante o
ano 2.012 a
deuda municipa tivo un forte incremento en +1.500.000€, pero ese incremento non
se debe ós gastos de persoal.
Tui: Ano Cantidade
2.008 3.504.042€
2.009 3.587.047€
2.010 3.508.943€
2.011 4.235.072€
2.012 3.166.493€
Nestes 5 anos a partida de persoal reducíuse en 337.549€; facendo
unha reducción dun 9,63%. Lamentablemente, ó
igual que Oia, aquí tamén se xoga cóa política de persoal en ano electoral,
para crear postos de traballo efímeros,... buscando ter un rendimento electoral
para quen goberna.
Nas nosas conclusión obtemos as seguinte:
1º) A Guarda foi o concello que fixo o
esforzo máis intenso en reduci-lo gasto de persoal, tanto en cantidade
monetaria, como en porcentaxe. Está moi ben que o Sr. José Manuel Freitas
critique a política de reducción salarial do goberno central sobre os empleados
públicos,... só que esquece dicir que nesta materia él xa é un alumna
aventaxado.
2º) Non nos gusta nada, ese xogar coa
politica de persoal en época electoral que fan os concellos de Oia de Tui;
xerar empregos temporais buscando obter un rendimento electoral,... Isto é unha
das vellas formas do caciquismo,... Por sorte hai outros lugares no Baixo Miño,
onde o tempo dos caciques xa finaron e pasaron.
3º) Dende
fai uns anos, comenzamos a escoita-la mensaxe que os veciños da Guardan pagan
servicios ós veciños dos concellos veciños. Pero, un gasto de persoal tan grande, podería ser unha sinal que esa
afirmación podería conter algo de razón.
4º) Para
ser Tomiño, un concello con un 33% de poboación máis que A Guarda, con un
territorio máis extenso,... o seu gasto de persoal é inexplicablemente pequeno,...
Temos a dúbida, de se non práctica un
“política de gorroneo”sobre servicios de concellos veciños.
Mirador do Monte Ancos, a 20 de Novembro do 2.013.
Bernardo Rico Tesoro. Director
ejecutivo de Bancorico en la ciudad de Dólar (Granada; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario