jueves, 14 de noviembre de 2013

Paro en Outubro 2.013


CHANCHONADA  163º

Paro en Outubro 2.013.



Datos do desemprego de Outubro do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Outubro cun saldo +471 desempregados, o paro sube en tódolos concellos. O chamado “efecto vendimia” xa rematou e voltamos á cruda realidade. 

 A Guarda  en Outubro de 2.013  = 998 parados  (Homes 479 e Mulleres 519)
            Menores de 25 = 58 (Homes 31 e Mulleres 27)
            Entre 25 e 44 = 530 (Homes 248 e Mulleres 282) (53,1% do total de desempregados)
            Maiores de 45 =  410(Homes 200 e Mulleres 210)

            Agricultura = 145
            Industria = 123
            Construcción = 113
            Servicios = 548  (54,91% do total de desempregados)
            Sin emprego =  69        

Na Guarda o paro sube en 116 persoas, o paro sube en tódolos sectores de idade, especialmente a poboación entre 25 e 44 anos, grupo ó que pertencen o 53% dos desempregados. hai +6 novos empregos na industria, único sector que xenera emprego, non hai trocos no grupo de sen emprego anterior; aumenta en +44 parados o sector da agricultura e pesca, +3 parados na construcción e +75 parados no sector servicios. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +11,62%, o diferencial dos últimos 12 meses con +130  parados; de momento mal dato inter anual. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 57 persoas; realmente non pasamos a proba matemática de Outubro, e a previsión é ir a pior ata Febreiro do 2.014.

 O  Rosal  en Outubro de 2.013  = 737 parados  (Homes 349 e Mulleres 388)
            Menores de 25 = 52 (Homes 26 e Mulleres 26)
            Entre 25 e 44 = 338 (Homes 163 e Mulleres 175) 
            Maiores de 45 =  347 (Homes 160 e Mulleres 187)  (47,08% do total de desempregados)

            Agricultura = 105
            Industria = 118
            Construcción = 125
            Servicios = 350 (47,5% do total de desempregados)
            Sin emprego =  39

No Rosal o paro sube en 90 persoas, sube en tódolos grupos de poboación, especialmente no sector de 25 a 44 anos. Na agricultura e pesca hai +37 parados, sen trocos na industria, +50 parados nos servicios e +4 parados no sector de sen emprego anterior; a excepción é o único emprego xenerado pola construcción. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +12,20%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube con +97 parados; tamén mal dato inter anual. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 75 persoas; pero debería prestarse atención ó grupo de +45 anos; realmente a previsión vai seguir indo a pior ata Febreiro do 2.014.

 Oia    en Outuro de 2.013  = 319 parados  (Homes 158 e Mulleres 161)
            Menores de 25 = 16 (Homes 9 e Mulleres 7)
            Entre 25 e 44 = 172 (Homes 82 e Mulleres 90)  (53,9% do total de desempregados)
            Maiores de 45 =  131 (Homes 67 e Mulleres 64)

            Agricultura = 37
            Industria = 33
            Construcción = 55
            Servicios = 157  (49,21% do total de desempregados)
            Sin emprego =  37

En Oia o paro sube en 13 persoas, sube en tódolos sectores da poboación feminina, xa non é aquel concello onde era inferior o paro feminino respecto ó masculino; na poboación masculina, hai +1 emprego no sector xuvenil, +5 no sector de +45 anos e 2 novos desempregados na poboación adulta. Na agricultura e pesca hai +6 parados, +13 parados nos servicios, sen trocos no grupo de sen emprego anterior; hai 4 empregos novos na industria e 2 novos empregos na construcción. Respecto ó mes anterior o paro sube un +4,07%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa en -3 parados; de momento aínda mantén un bo dato inter anual. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 58 persoas; dende fai uns meses Oia leva un ritmo máis tranquilo nas subidas do paro e nas baixadas do mesmo.

 Tomiño    en Outubro de 2.013  = 1.750 parados  (Homes 840 e Mulleres 910)
            Menores de 25 = 142 (Homes 67 e Mulleres 75)
            Entre 25 e 44 = 832 (Homes 378 e Mulleres 454)  (47,54% do total de desempregados)
            Maiores de 45 =  776 (Homes 395 e Mulleres 381)

            Agricultura = 194
            Industria = 276
            Construcción = 294
            Servicios = 853  (48,7% do total de desempregados)
            Sin emprego =  133
               
En Tomiño o paro sube en 167 persoas, tódolos sectores da poboación, tanto masculina como feminina teñen incrementos do paro, máis intensos no grupo de 25 a 44 anos. Creánse +5 empregos na construcción, non hai trocos na industria; hai +53 parados na agricultura, +107 parados nos servicios e +12 parados no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +9,54%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en 113 parados, outro que presenta un mal dato inter anual. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 109 persoas.


Tui    en Outbro de 2.013  = 2. 245 parados  (Homes 997 e Mulleres 1.248)
            Menores de 25 = 161 (Homes 87 e Mulleres 74)
            Entre 25 e 44 = 1.162 (Homes 500 e Mulleres 662)  (51,76% do total de desempregados)
            Maiores de 45 =  922 (Homes 410  e Mulleres 512)

            Agricultura = 89
            Industria = 377
            Construcción = 309
            Servicios = 1.211 (53,90% do total de desempregados)
            Sin emprego =  259
               
En Tui o paro sube en 85 persoas. O para sube en tódolos sectores de idade da poboación feminina e masculina; o grupo pior para son as mulleres de 25 a 44 anos. A agricultura aporta +17 novos parados, +1 parado na industria, +73 parados nos servicios, +1 parado no sector de sen emprego anterior; só a construcción aporta +7 novos empregos. Respecto ó mes anterior o paro sube un +3,78,40%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +180 parados, un +8,02%; é o concello có pior dato inter anual No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 71 persoas.


            Xa dixemos fai un mes que  ó “efecto vendimia”, xenera emprego estacional, de baixa cualificación profesional e de curta duración. O resultado son +471 novos parados, o cal non é un bo dato.


Na “Chanchonada 89º” do 12 de Xuño do 2.013, falábamos das liñas de tendencia, para rompe-la tendencia alcista, o paro nos nosos concellos debería ficar a finaís de Outubro deste ano: A Guarda:  870;  O Rosal: 680;  Oia: 332;  Tomiño:  1.670   Tui: 2.020. Malas noticias para todos, excepto en Oia, pois é o único que mostra signos moi esperanzadores de caídas no número de parados para o ano que ven.

Lamentablemente os nosos gobernantes locais seguen sen prestar atención a este problema, parece que non vai con eles. Presenta signos moi preocupantes en Tui, segue dando sinais malas na Guarda, Rosal e Tomiño.



Mirador do Monte Ancos, a 14  de Novembro do 2.013.

Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).


No hay comentarios:

Publicar un comentario