CHANCHONADA 167º
Gastos de Persoal Municipal 2º.
“Pocho”, todos entendemos que está
palabra significa que unha planta está marchitándose, ou a nivel humano, cando
unha persoa non ten forzas para traballar (non está enfermo, pero certos
sintomas o fan estar menos operativo). Esta palabra a usamos tanto en galego,
como en castelán. Pero en certas áreas comúns de México e de USA está palabra
ten outros significados, que ainda non forman parte da RAE:
1º) Palabra de “spangilsh”, de uso tan habitual
que remata por sustituir ó seu orixinal en inglés ou español.
2º) Persoa
de orixen hispano que por diversos motivos non sabe (ou non quere)
falar español e só fala “spanglish”.
3º) Persoa
de orixen hispano (oriundo ou non dos USA), que renega totalmente do español, na transmisión ós seus
fillos,... Teñen coñecementos orais do mesmo, pero non é capaz de escribilo,
nin de leelo.
Fai
uns poucos meses, nunhas obras públicas, un dos operarios da empresa, con
nacionalidade de algúns país de centro américa, me dixo:
“Españito; me dijo el foreman que a
guatain colaramos concreto en los cálamos”. Seguramente, a inmensa
maioría dos hispanofalantes e tamén de anglofalantes non entenderon nada. A
traducción é a seguinte: “Españolito,
ha preguntado el encargado, ¿a qué hora llenamos de hormigón los pilares?”.
Pois algo así de “pocho” poderíamos decir que é
ese sistema lingüístico que teñen os políticos, que é totalmente diferente dos
cidadáns de a pé. Pois ainda que aparentemente semella que falan o mesmo idioma
que nós; ¡que va!, falan unha xerga totalmente distinta, onde o que pensan é
totalmente distinto do que din, o cal vai ser máis distinto é distante do que
realmente fan. Por iso os cidadáns non entendemos ós nosos políticos,...
Imos a seguir coas explicacións sobre as contas
das partidas de gasto de persoal; neste caso veremos o ratio por habitante e
porcentaxe da partida de persoal en relación có total do orzamento municipal;
así veremos que parte do orzamento se adica a este gasto fixo:
Cantidades monetarias en gastos de persoal
municipal:
A Guarda: Ano Ratio
/ Habitante % do Orzamento
2.008 297,20€ 49,28%
2.009 253,09€ 47,86%
2.010 252,68€ 49,41%
2.011 244,55€ 46,79%
2.012 217,88€ 40,63%
Nestes 5 anos a partida de persoal facendo unha reducción dun 26,69%, en base ó ratio de
gasto por habitante. Así mesmo o valor relativo do orzamento, pasou de ser
caseque a metade no ano 2.008 ó 40% no
ano pasado.
Oia: Ano Ratio / Habitante %
do Orzamento
2.008 143,57€ 31,11%
2.009 158,03€ 42,28%
2.010 154,45€ 34,17%
2.011 170,00€ 40,66%
2.012 136,20€ 30,24%
Nestes 5 anos a partida de persoal tivo unha reducción dun 5,13%, en base ó ratio de
gasto por habitante. Por desgracia Oia é un deses concellos onde no ano
electoral incrementase esta partida, buscando o seu efecto electoral (¡¿Compra
de votos?!). Pero os seus ratios son moi baixos, o que ven a indicar en certa
medida que apenas presta servicios ós seus veciños, os cales os receben dos
concellos veciños.
O Rosal: Ano Ratio
/ Habitante % do Orzamento
2.008 221,52€ 47,10%
2.009 305,02€ 56,28%
2.010 216,95€ 49,67%
2.011 200,74€ 46,65%
2.012 192,88€ 44,73%
Nestes 5 anos a partida de persoal fixo unha reducción dun 12,92% en base ó ratio de
gasto por habitante. No Rosal nótase moito o efecto que tivo o Plan E, en
xenerar emprego temporal; no ano 2.009 a partida de persoal
é concello onde máis valor relativo tivo dentro do orzamento municipal
(¡¡+56%!!), de tal xeito que o ratio por habitante foi o máis
alto de toda a comarca. A partir dese ano, o gasto comenzou a descender, pero a
nivel relativo do orzamento é o concello onde máis valor ten a partida de
persoal.
Tomiño: Ano Ratio / Habitante % do Orzamento
2.008 172,59€ 42,17%
2.009 215,59€ 44,47%
2.010 171,04€ 39,72%
2.011 156,92€ 37,52%
2.012 150,99€ 40,25%
Nestes 5 anos a partida de persoal fixo unha reducción dun 12,51%, en base ó ratio por
habitante. Hai que destacar, que mentras a cantidade monetaria baixa un 7,41%,
o incremento de poboación, fai descender máis o ratio que expoñemos. Pero a
pesar de todo iso, o valor relativo desta partida apenas varia dentro do
orzamento municipal. Aquí hai un desaxuse que non entendemos.
Tui: Ano Ratio / Habitante %
do Orzamento
2.008 206,46€ 45,65%
2.009 207,80€ 46,75%
2.010 202,76€ 46,87%
2.011 245,71€ 49,99%
2.012 183,78€ 43,27%
Nestes 5 anos a partida de persoal fixoo unha reducción dun 10,98%, no ratio de gasto
por habitante. Lamentablemente, ó igual que Oia, aquí tamén se xoga cóa
política de persoal en ano electoral, así na pasada cita electoral do 2.011, foi o concello onde houbo o gasto por
habitante máis alto, onde o valor relativo deste partida foi o máis
alto de toda a comarca (¡¡o
49,99%!!), chegando a gastar a metade do orzamento municipal.
Nas nosas conclusión obtemos as seguinte:
1º) A Guarda foi o concello que fixo o
esforzo máis intenso en reduci-lo gasto de persoal, tanto en cantidade de
ratio por habitante, como en porcentaxe no orzamento.
2º) Dende o
ano 2.010 hai un movemento de aproximación do ratio por habitante e porcentaxe
do orzamento entre A Garda e Rosal; ainda que nestes anos O Rosal ainda mantén
elevados valores relativos. Diferencia do ratio de gasto por habitante entre A
Guarda e Rosal: ano 2.008 (+75,68€); ano 2.012 (25€).
3º) Non nos gusta nada, ese xogar coa
politica de persoal en época electoral que fan os concellos de Oia de Tui;
xerar empregos temporais buscando obter un rendimento electoral,... Isto é unha
das vellas formas do caciquismo,... As contas demostran que Oia apenas xenera
servicios propios para os seus veciños, pero no ano electoral crea postos de
traballos efímeros,... En Tui acontece algo moi similar. Incrementos da partida de persoal no ano alectoral 2.011: Oia +10% gasto de persoal;
Tui +21% gasto de persoal.
4º) Dende
fai uns anos, comenzamos a escoita-la mensaxe que os veciños da Guardan pagan
servicios ós veciños dos concellos veciños; aquí vemos que xa hai unha
aproximación do ratio por habitante entre A Guarda e Rosal; pero Oia ainda ten
valores demasíado baixos. Pero, un ratio
por habitante tan grande na Guarda (o valor medio máis alto de toda a comarca),
podería ser unha sinal que esa afirmación podería conter algo de razón.
5º) Para
ser Tomiño, un concello con un 33% de poboación máis que A Guarda, onde os últimos anos houbo un forte
incremento de número de habitantes,... non entendemos porque ó orzamento non
segue esa pauta de crecemento dó número de habitantes, e tamén a partida de
persoal,.... ¿Qué pasa é que os novos residentes non demanda
servicios?; ¿estes novos residentes non pagan impostos en
Tomiño?,.... Semella que as contas de Tomiño teñen un algo
oculto, que non rematamos de atopar. Algúns malvados, dín que en Tomiño, máis
que novos residentes, o que realmente houbo foi o empadronamento de novos
votantes, trasegados de concellos veciños.
¿Señores
gobernates locais; tan díficil lles é explica-las contas ó público?
Mirador do Monte Ancos, a 22 de Novembro do 2.013.
Peter Lomba-Hill.
Director de Gestión Técnica del Club de Golf Ponte Vedra Inn&Club; Jacksonville
(Florida, USA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario